martes, 17 de junio de 2025

CLUB DE LECTURA (16 - 2024 / 2025): EXCURSIÓN AO PARQUE

    Como última lectura deste ano escollemos o libro Voces en el parque de Anthony Browne e fixemos como actividade final (como non podía ser doutra forma) unha excursión ao parque do noso concello.


    Alí por parellas fomos lendo este libro que se divide en catro partes correspondentes a catro voces de catro persoas que van a pasar un ratiño ao parque e despois contan a súa versión.


    A primera voz é a da nai de Carlos, que vai ao parque co seu fillo e con Victoria, a súa cadela labradora. Ela é unha señora de clase alta á que non lle gusta nada visitar o parque porque ten medo de que o seu fillo xogue cunha "mala compañía".

        Despois escoitamos a voz do pai de Mancha que vai ao parque con ela e co seu can. El é un home humilde e pobre que busca no xornal un traballo co que manter á súa familia á vez que desfruta deste ratiño no parque coa súa filla.

 
    En terceiro lugar escoitamos a voz do pequeno Carlos, un rapaz superprotexido pola súa familia que nos conta que coñece a unha rapaza chamada Mancha e o ben que o estaba pando con ela ata que a súa nai lle manda volver a casa.

   Remata o libro coa voz de Mancha, unha nena alegre e divertida aínda que a situación da súa familia non é doada co seu pai sen traballo. De volta a casa, ela cóntalle ao seu pai o ben que o pasou e como xogou con Carlos; tamén que el lle regalou unha flor antes de marchar. 

    Unha lectura moi interesante a través da que puidemos ver como algo tan sinxelo e común como un paseo polo parque pode percibirse de forma tan diferente dependendo de quen conte a súa vivencia.


      Despois tivemos tempo para comer todos xuntos e para pasar un tempo divertido xogando no parque.



   Pero que pasaría se puidésemos saber como percibiu cada persoa do grupo esta excursión? Serían as nosas versións tan diferentes como as dos protagonistas do libro? Para sabelo propuxémoslles que cada un fixera unha descripción dela e aquí tedes os resultados...

 

 Nós podemos dicir que esta foi unha experiencia moi didáctica coa que entender que todo depende de como se mire, que non podemos guiarnos polas apariencias, que os que menos teñen poden tamén ser felices e que ter máis cartos non implica ter unha vida mellor. 

 ATA  O  ANO  PRÓXIMO  CURSO  E  NON  OLVIDEDES  SEGUIR....

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario