Moito nos gusta que o noso alumnado ande a argallar na biblioteca e neste caso aínda máis porque os nenos e nenas de 5º de Primaria querían facerlle un agasallo personalizado aos seus compañeiros de 6º que marchan hoxe do instituto.
Para este agasallo personalizado, primeiro fixeron dous deseños en Canva. O primeiro co texto de recordo e a imaxe de Lectuvín que gravarían na parte de diante do chaveiro e o segundo o nome de cada compañeir@ ao que llo querían regalar.
Despois exportaron o deseño con fondo transparente, axustárono ás pezas de madeira na cortadora láser e listo para comezar o proceso.
E mirade a ilusión que lles fixo aos seus compañeirxs!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario