Hoxe tivemos en As familias contan, unha familia que participa por primeira vez: a familia de Lucía. Ela e a súa nai Sandra, escolleron para esta ocasión o libro A mellor sopa do mundo escrito por Susanna Isern, xa que a Lucía lle facía ilusión ler o libro que lle regalou a súa avoa Paulova.
A protagonista é unha tartaruga que estaba na súa pequena cabana preparando unha sopa nunha fría noite de inverno mentres fóra, no bosque, caía unha gran tormenta de neve.
Pouco a pouco, algúns animais do bosque comezaron a chegar á súa casa pedindo refuxio ante o mal tempo e levando de paso algún ingrediente que engadirlle á sopa: o coello levou cenorias; o cervo, froitos vermellos; o raposo, cebolas; o oso, mel...
Todos xuntos pasárono moi ben mentres cociñabana, bailaban, charlaban e preparaban a mesa e, cando chegou a hora de cear e probar a sopa, descubriron que era A MELLOR SOPA DO MUNDO!!
Sorprendidos polo rica que estaba, pensaron que tartaruga lle engadira algún ingrediente especial que eles non coñecían.
Cando lle preguntaron cal era ese ingrediente, tartaruga desveloulles que o seu segredo eran eles e que para facer a mellor sopa do mundo o único que se necesita son amigos, xa que con boa compañía todo sabe mellor.
Se vós queredes escoitar este conto tan bonito e descubrir todos os ingredientes desta sopa e o seu modo de preparación, podedes facelo no seguinte podcast
.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTE CONTO QUE NOS LEMBRA A IMPORTANCIA DA AMIZADE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario