lunes, 2 de junio de 2025

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ana

   A actividade As familias contan tivo hoxe unha nova sesión na biblioteca coa familia de Ana que quixo vir coa súa nai (Mary), o seu pai (Delfín) o seu irmán (Dani) a compartir connosco a lectura do libro Escuela de monstruos. La mascota más grandota de Sally Rippin.

   Antes de nada, Ana fixo uns debuxos para presentarnos ás protagonistas desta hitoria, María e a súa mascota que van xuntas a todas partes.

   O luns María vai ao colexio moi contenta porque é día de mascotas e pode levar á súa á escola.


   Pero no colexio houbo un problema: María non lle dera o almorzo e a mascota tiña moita, moita, moita fame!


  Así que comezou a comer todo o que atopaba: un lapis, unha libreta... ata unha alfombra que lle pareceu un gran tallarín! 


     Menos mal que ao seu amigo Jaime se lle ocorreu unha idea: cavar un gran foso e cando caera, tapala! Así xa non se escaparía.


   Despois de atrapala, decidiron que non poderá volver á escola pero coidado! Que ao mellor volve outro día no sombreiro de Maria.

   Se vós queredes saber máis sobre esta historia e averiguar todo o que pasou no colexio con María e a súa gran mascota, podedes facelo escoitando o seguinte podcast.

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  CATRO  POR LERNOS  ESTE  CONTO  TAN  DIVERTIDO!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario