O pasado mécores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil e Primaria participou nunha das actividades máis agardadas do ano: a excursión de fin de curso. Este ano, o destino foi Lucus Aventur (Lugo), un espazo no que disfrutamos dunha xornada ao aire libre con propostas adaptadas a cada etapa educativa.
Desde primeira hora da mañá, a emoción era evidente. Mochilas preparadas, ilusión nos ollos e moitas ganas de compartir un día diferente coas compañeiras e compañeiros. Unha vez chegamos ás instalacións, comezaron as actividades organizadas en grupos, de maneira que todo o alumnado puido gozar das diferentes propostas.
O grupo de Educación Infantil participou en xogos adaptados, minigolf e nun circuíto de equilibrio, deseñados especificamente para a súa idade. A actividade combinaba o movemento, a atención e a coordinación, pero sobre todo a diversión e o xogo compartido, coverténdose en verdadeiros equilibristas.
Mentres tanto, o alumnado de Educación Primaria viviu unha auténtica aventura. Ao longo do día, participaron en catro actividades diferentes: láser tag, minigolf, tirolinas e caiac. Pola mañá realizáronse dúas das actividades e, despois do xantar, completáronse as dúas restantes. A organización en quendas permitiu aproveitar cada proposta, fomentando o traballo en equipo, o respecto e o entusiasmo por probar cousas novas.
A comida, permitiu facer unha pausa e repoñer forzas antes de continuar coa segunda parte do día. Ao final da tarde, xa no autobús de volta, non faltaban os comentarios sobre os momentos máis divertidos, os retos superados ou as anécdotas entre compañeiros e compañeiras.
Deixamos un vídeo resumo da excursión
No hay comentarios:
Publicar un comentario