"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Estes son os debuxos que os nosos nenos presentaron para o Certame de Debuxo da XXXVI Feira do Viño de Amandi. Podedes velos todos, clickando na imaxe:
Hoxe a Hora de Ler foi un pouco diferente, aproveitando que se nos fixo chegar un exemplar para cada alumno/a de Mr Iglú fai amigos, editado por ecovidrio fixemos unha lectura colectiva do mesmo. Ademais, entre todo o alumnado puidemos facer unha reflexión sobre a importancia do reciclaxe e a reutilización de residuos para conservar a natureza e o medio ambiente.
Se queres saber máis sobre Mr Iglú ou comrpobar xogar con el on-line, preme na súa imaxe:
Para conmemorar a data do nacemento da poetisa galega Rosalía de Castro, sumámonos á proposta feita pola AELG (Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega) de enviar unha postal baseada nunha estrofa de "Alborada" (Cantares Gallegos - 1863)
Canta paxariño alegre
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta actividade:
Ademais, os biblioaxudantes faláronnos da súa vida e da súa obra achegándonos así á súa figura.
Calquera epoca do ano é boa para fomentar a lectura; e o entroido non ía a ser unha excepción.
Este ano, o disfraz principal do colexio foi de SUPERLECTORES!!!!!
Coas follas dos libros de texto de outras leis educativas, fixemos os cucuruchos base do disfraz. Neste proceso foi importante para nós a colaboración de Dunia, que adicou o seu tempo a axudarnos a facer todos este cucuruchos.
Para as ás especiais de lectores, os nenos e nenas recrearon portadas de contos clásicos ou coñecidos; pero tamén crearon as portadas dos seus propios libros: piratas, princesas, museos...
Co disfraz feito, chegou o momento de recitar as rimas que os nenos e nenas de 5º e 6º crearon para este día:
E, por último, o desfile. Neste desfile percorremos as rúas da nosa localidade ata chegar ao Concello onde nos obsquiaron a todos cunhas bolsas de chuches. Moitas grazas ao noso concello!!
Este entroido, propuxemos desde a biblioteca facer unha xornada gastronómica no centro.
Para isto, o primeiro era disfrazarse de cociñeiros e cociñeiras e despois elaborar uns ricos doces típicos destas datas.
Ademais de cociñar e comer, elaboramos un estupendo libro de receitas de cociña que estará a disposición de todos e todas na biblioteca. Tamén podedes consultalo on-line, clickando na súa portada: