Hoxe chega aos nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo presentado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
en colaboración coa Xunta de Galicia coa finalidade de ensinar a navegar pola red.
Sabemos que internet é divertido e útil: podes buscar información, xogar, comunicarte... pero hai que facelo con seguridade, evitando o
ciberacoso e outros riscos de Internet. Para concienciarnos,
Iván, colexiado do CPEIG, presentounos esta diapositiva da
Oficina de Seguridade do Internauta (
www.osi.es) na que nos advirte dos riscos de cada dato que publicamos.
Ademais lles deu pautas de comportamento e lles expuxo recomendacións e consellos para conseguir "navegar con rumbo" e seguridade como os referidos ao usuario e contrasinal
Outra parte da sesión estivo adicada a qué facer se por desgracia chagas a ser unha vítima de internet:
Para rematar, podemos resumir as ensinanzas de hoxe en tres consellos:
- NON FAGAS NADA POR INTERNET QUE NON FAGAS NA VIDA REAL
- SOLUCIONAR UN PROBLEMA É MÁIS FÁCIL CANDO ACABA DE COMEZAR
- PIDE AXUDA A UN ADULTO ANTE CALQUERA COUSA QUE TE INCOMODE