Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxectos. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2026

VISITA Á GANDARÍA PULUÁN

    Para rematar este mes de maio e o proxecto sobre animais que estivemos facendo durante o curso, grazas á organización da ANPA do colexio, as alumnas e alumnos de Educación Infantil puidemos visitar a Gandaría Puluán en As Fontes (Monforte de Lemos). Os nosos compañeiros de Educación Primaria xa tiveran a oportunidade no mes de setembro e, agora foi a quenda dos máis pequenos. 

   Nada máis chegar, Lucía e Puri recibíronnos cun gran sorriso. As nenas e nenos presentáronse e demos comezo a coñecer aos integrantes desta granxa. Empezamos polas vacas "medianas", as cales tiveron vergoña e case non se nos achegaban. 

   Así que pasamos a coñecer ás integrantes máis pequenas da familia e, en especial, o becerriño máis novo, contaba con só 1 día de vida! Pasamos en parellas a coñecelo para non asustalo. Continuamos a nosa visita axudando a darlles de comer ás vacas, na que todas e todos estiveron moi participativos co reparto de pienso. 

  

   Despois tivermos que parar, era a nosa quenda de comer. Lucía e Puri convidáronnos a probar os seus queixos, o seu leite e un biscoito para acompañar esta pedazo de merenda.


    Coas forzas recargados, coñecemos aos pitiños que están criando e a Musi (o gatiño da granxa) cos que fixemos boas migas. Para rematar, visitamos as vacas máis maiores e as embarazadas que estaban pacendo no campo. Todo isto acompañados dun día moi solleiro e caloroso. 

                   

    Antes de marchar tiñannos unha sorpresa preparada, un agasallo formado por un precioso lapis e unha goma con forma de diferentes animaliños.


Foi unha visita marabillosa! 

Moitas grazas Lucía, Puri e familia por esta fantástica experiencia!

GALERIA DE IMAXES

viernes, 27 de marzo de 2026

SOBERICIAS. O XORNAL QUE CONTA AS MELLORES NOTICIAS (OU NON...) Semana da Prensa 2026

    Este xornal dixital do que hoxe tamén repartimos un exemplar en papel para cada familia, é unha nova edición de Sobericias, o xornal que conta as mellores noticias (ou non...) resultado dun proxecto que ten como finalidade, sobre todo, ensinar ao alumnado a mirar o mundo con ollos críticos.

    Nesta edición quixemos unir o noso proxecto “Misión animal: vidas, hábitats e segredos” coa conmemoración da Semana da Prensa e, por iso, o alumnado converteuse no gran equipo de redacción que necesitabamos para dar vida a estas páxinas, onde conviven noticias sobre animais e reportaxes reais con outras que o son... ou non.

    Con este xornal aprendemos a investigar, a dubidar e a cuestionar e a decatarnos de que non todo o que se publica é verdade porque ser lectores críticos é, sen dúbida, a mellor ferramenta que podemos entregarlles aos nosos nenos e nenas para que sexan a cidadanía libre do futuro.

    E ti... atoparás as fake news agochadas nesta publicación?  Serás quen de descubrilas? 

SOBERICIAS MARZO 2026 de Biblioteca VIRXE DO CARME

lunes, 9 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER 2026: JANE GOODALL

     O 8 de marzo foi o Día Internacional da MullerComo este ano estamos realizando o proxecto "Misión animal: vida, hábitats e segredos", quixemos escoller a Jane Goodall, unha científica que revolucionou a forma na que entendemos os animais e a nosa relación coa natureza e que, con moito esforzo e paixón, conseguiu cumprir o seu soñoPor iso, neste día lembrámola como un exemplo de curiosidade, respecto polos animais e valentía para seguir os soños.

https://alastensas.com/wp-content/uploads/2025/11/jane-goodall.jpg

  Para coñecer a súa biografía e as cousas que descubriu, algúns biblioaxudantes prepararon un conto basándose no libro Jane Goodall. La mejor amiga de los chimpancés y de la naturaleza da Editorial Shackleton kids e contáronllo ao resto do alumnado.

   Tamén o gravaron en Radiuvín para que todas as persoas que queirades escoitar este podcast, poidades coñecela mellor.

  

   Despois fixemos unha reflexión conxunta sobre os seus logros e os seus descubrimentos e a continuación, por equipos interniveis, convertéronse en pequenos primatólogos que tiñan que observar diferentes imaxes incluídas nunhas fichas con algunhas preguntas para pensar.

   Cando todos os equipos remataron as súas fichas, expuxeron as súas reflexións para que o resto do alumnado puidera aprender o que eles observaran.

   Rematamos con dúas actividades creativas: as crianzas de educación infantil colorearon a Jane Goodall interactuando cun chimpancé e o alumnado de primaria que quixo debuxouse a si mesmo como pequenos exploradores e exploradoras observando diferentes animais.

 

     Como resumo, podemos dicir que hoxe coñecemos a historia de Jane Goodall, unha nena que soñaba coa selva cando moita xente pensaba que non era posible.

     E aínda que houbo quen dicía que era difícil, a súa nai díxolle: "Se traballas duro e cres en ti, poderás facelo.” Así foi como decidiu ser científica nun tempo no que case todos os científicos eran homes.

CADA  NENA  PODE  SOÑAR EN  GRANDE,

CADA  NENO  PODE  APOIAR  E  RESPECTAR, 

TODAS  AS  PERSOAS  PODEN  MARCAR  A  DIFERENZA.

HOXE  LEMBRAMOS  A UNHA  MULLER  QUE  ABRIU  CAMIÑO  E  COMPROMETÉMONOS  A  INTENTAR  CONSTRUÍR  UN  MUNDO  MÁIS  XUSTO  E  IGUALITARIO. 

 


viernes, 6 de marzo de 2026

VISITA AO PLANETARIO DO IES A PINGUELA

 Con motivo do desenvolvemento dun proxecto sobre o Universo, o alumnado de Educación Infantil fixo unha saída ao planetario do IES A Pinguela.

    Alí, a mestra Ángeles López Pérez e o precursor do planetario, Matías Vázquez Yáñez recibíronnos e explicáronnos moitísimas cousas interesantes.

    Eles faláronnos do Sistema Solar e dos planetas co visionado dun vídeo no que saían os catro planetas maís próximos ao Sol e algúns datos importantes sobre eles, como que Mercurio é o planeta máis pequeno ou que Venus está sempre nubrado.
 
    Nese vídeo tamén se falaba dos asteroides que en ocasións chocan e se desfán en pedazos máis pequenos e outras veces únense chegando a crear planetas ananos, como Ceres.


.
    Despois Matías explicounos moitas cousas sobre as estrelas e as contelacións e mostrounos como se ve o ceo nesta época do ano, xa que dependendo da estación podemos ver unhas constelacións ou outras.
    
 
    Ademais tiñan preparadas para nós unha fichas de constelacións para completar con gomets de estrelas. 
Encantounos facelas!

 
   



    Finalmente faláronnos dos eclipses e aprendemos que hai dous tipos, que para poder velos hai que empregar unhas gafas especiais e que haberá un eclipse solar o 12 de agosto que ademais, dende onde vivimos, se verá con totalidade.
 
    E para que nos resultase máis doado entender o que é un eclipse deixáronnos uns diagramas realizados por alumnos de 1º de ESO.

 
  Por último deixamos o noso agradecemento cun agasallo e coas nosas firmas. 


Xa cando marchábamos agasalláronnos cuns briks de leite que cada alumno levou para súa casa. Moitísimas grazas por todo!

Foi unha visita incrible. Oxalá poidamos volver outro día!


 


viernes, 13 de febrero de 2026

DESFILE DE ENTROIDO: PROXECTO ANIMAIS

  Este ano o desfile de Entroido do colexio tivo como tema principal o proxecto "Misión animal: vida, hábitats e segredos" que estamos desenvolvendo nesta segunda avaliación. Por iso, o alumnado das diferentes clases se disfrazou de diferentes animais.

   Pero o tempo non nos acompañou e non puidemos desfilar polas rúas de Sober ata o Concello polo que tivemos que dar a volta na rúa do colexio e despois continuar no pavillón.



 Aínda así, o mal tempo non estropeou a diversión e no pavillón pasámolo moi ben bailando e xogando. Tamén o alcalde repartiu chuches para todos os nenos e as nenas do colexio e do PAI.



 

  Pola tarde foi o momento do disfrace libre no que cada quen puido disfrazarse do que quixo.

 Podedes ver todas as imaxes deste día no seguinte enlace