Mostrando entradas con la etiqueta Radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Radio. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de septiembre de 2025

PRÁCTICUM - Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense

    Por terceiro ano colaboramos coa Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense. Nesta ocasión a colaboración fíxose dento do Prácticum. Obradoiros de iniciación á práctica profesional destinado ao alumnado dos Graos de Educación Infantil e Educación Primaria coa finalidade de coñecer a realidade do noso centro educativo.

    Para  o desenvolvemento da actividade, xs universitarios dividíronse en varios grupos guiados por biblioaxudantes que pasaron por 5 puntos diferentes do noso colexio: a biblioteca, o espazo croma, a radio e as aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria.







   Na biblioteca, xs biblioaxudantes tiñan preparada unha intervención sobre a organización da nosa biblioteca (Lectuvín, a CDU, espazo creativo...), as actividades que facemos, o seu labor como biblioaxudantes e todos os recursos e materiais que se poden atopar nela.


     No espazo audiovisual do croma, tres biblioaxudantes explicáronlles como se utiliza esta técnica e as súas aplicacións didácticas: pero non só de forma teórica xa que puideron facerse varias fotografías e gravar algúns vídeos. 

      A continuación coñeceron os nosos estudos radiofónicos de Radiuvín, onde outro grupo de biblioaxudantes recibiron aos futuros mestres e mestras para explicarlles como se grava, como funciona o programa editor de audio e ata lles fixeron unha pequena entrevista.


    Na visita ás aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria puideron coñecer ás nosas crianzas e a diferente metodoloxía de traballo que se leva a cabo nas aulas mixtas, nas que convive o alumnado de dous cursos diferentes, e nas aulas simples.




   Despois das visitas programadas puideron compartir tempo de lecer co noso alumnado durante o recreo.


    E para rematar, o alumnado da facultade participou nunha mesa redonda coa directora do centro e o noso alumnado na que puxeron en común impresións, inquedanzas, dúbidas, ideas...


MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  CON  NÓS  ESTA  MAÑÁ,

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A  VISITA!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

jueves, 20 de junio de 2024

MARIPOSA - Federico García Lorca. Alumnado de 1º e 2º de Proxecto Competencial

   O alumnado de 1º e 2º de Primaria de Proxecto Competencial estivo realizando un pequeno videopoema baseándose na poesía Mariposa de Federico García Lorca recollida no libro 12 poemas de Federico García Lorca (Ed. Kalandraka).

   Para este videopoema o alumnado pintou a bolboreta protagonista dourada e verde e preparou o fondo sobre o que voaría.


  Despois  gravaron o poema en Radiuvín e editáronno para que se escoitase perfectamente e utilizar este audio como voz en off. 


   Para rematar sacaron un montón de fotografías coas que montar o vídeo coa técnica stopmotion.


Aquí tedes o resultado de tanto traballo... ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTE!!!



martes, 14 de febrero de 2023

PORQUE TE QUERO MOITO

O 14 de febreiro celébrase tradicionalmente San Valentín, un festexo que según algunhas fontes históricas xa se celebraba na época romana. 

Hoxe é un día para demostrarlles as persoas que queremos o noso amor e admiración por elas: as nosas familias, amigxs, mestrxs... Aínda que é un sentimento que deberíamos demostrar a diario, ás veces cóstanos un pouco. Por iso, dende a materia de Valores Sociais e Cívicos o alumnado de 3º e 4º de primaria estivo a traballar o conto Porque te quero moito de Milja Praagman da Editorial Hércules Edicións. 


Quixemos homenaxear a unhas das persoas máis importantes das nosas vidas: as nosas avoas e o seu amor infintivo que sempre nos demostran. Por iso, eliximos este albúm ilustrado que mostra o vencello entre unha avoa e a súa neta, Ibi. 

Fixemos un audio conto aplicando as técnicas que aprendimos no último obradoiro de radio que fixemos fai uns días. Esperamos que vos guste moito!


lunes, 27 de febrero de 2017

ENTREVISTA AO NOSO DIRECTOR EN ONDA CERO - MONFORTE

   Estos días non lectivos de entroido, a periodista Manola Porto, aproveitou para facerlle unha entrevista ao noso director sobre a súa labor docente.
Escoita  a  entrevista, seguindo o ENLACE

lunes, 20 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA

  Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:


martes, 14 de junio de 2016

POEMAS MANUEL MARÍA - 4º Primaria

     Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 4º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:





   

viernes, 10 de junio de 2016

POEMAS MANUEL MARÍA - 3º Primaria

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que as nenas de 3º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que elas mesmas elaboraron coa letra dos seus poemas:






martes, 7 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - 1º E 2º DE PRIMARIA

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:
   













viernes, 3 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - Educación Infantil

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de Educación infantil gravaron para Onda Cero Monforte.  

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles elaboraron dos seus poemas