Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Carlos Casares. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de abril de 2022

CLUB DE LECTURA - 11ª sesión

      Seguimos coa obra teatral As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.

  Hoxe, coa lectura rematada, estivemos falando de diferentes aspectos da trama: 

ten sentido o que pasa? 

por que o autor escribiría unha obra con esta temática? 

Resúltanos graciosa ou liosa?

 

  Tamén reflexionamos sobre o respecto aos demais e ás direfenzas, partindo do mote dun dos veciños: Toneladitas. Que nos parecen os motes ou apodos?  É correcto o seu uso? Utilizamos nós algún?


    Vémonos o próximo venres e para a sesión final deste libro que virá con algunha sorpresiña...

 

jueves, 17 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA: 10ª sesión

      

Comezamos un novo libro no club de lectura: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.

    Con esta obra teatral tan divertida da nosa literatura, Carlos Casares recibiu o premio "Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”

 

     Aínda que en principio parece un libro doado de ler, quixemos escollelo para que xs membros do club lean libros de todos os xénero literarios; e o teatro é o xénero que, segundo as enquisas iniciais que lles fixemos, menos len. Así que esperamos que con esta obra lle perdan o medo aos textos teatrais.
 

    Primeiro presentamos ao autor, falamos da súa obre e lemos un fragmento do libro  Onde vai Carlos? de Xosé A. Perozo.

     Despois comezamos o libro comentando entre todos o escenario debuxado nas primeiras páxinas da obra e lendo a contextualización que aparece a continuación. 


    Tamén fixemos fincapé na importancia das acotacións (en cursiva) e de fixarse ben en que personaxe está falando en cada momento da lectura (en maiúscula).

     Esperemos que os nenos e as nenas desfruten da lectura desta obra e mentres tanto, deixamos esta selección de obras de Carlos Casares no punto de novidades da biblioteca.


lunes, 15 de enero de 2018

PRIMAVERA DAS LETRAS 2017

    Acaba de chegarnos o diploma acreditativo da nosa participación no certame Contádenos o voso Día das Letras convocado pola Real Academia Galega dentro do Proxecto educativo Primavera das Letras.
  Este diploma viña acompañado dunha felicitación a toda a comunidade educativa  polo traballo feito a prol da difusión da figura e a obra de Carlos Casares e da nosa lingua e cultura.

sábado, 20 de mayo de 2017

LETRAS E MÚSICA

   O venres celebrouse no Centro Sociocultural de Sober o Festival Letras e Música no que se entrelazaron actuacións musicais dos alumnos de música e movemento da Escola de Música de Sober, do coro infantil e do coro Berea con retallos da vida e da obra de Carlos Casares da man do noso alumnado a través do programa da Biblioteca Municipal Merenda con Contos.
    Ademais o alcalde fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2017, que levaba por título O mundo que queremos.

   Os premios foron os seguintes:
CATEGORÍA C, DE 12 A 16 ANOS
1º Rocío González Jiménez
2º Herbert Trail Bates
3º Marco Martínez Rodríguez
CATEGORÍA B, DE 8 A 11 ANOS
1º Héctor Fernández González
2º Mara López Rivera
3º Henry Vila Rodríguez
CATEGORÍA A, ATA 8 ANOS
1º Xoán Pérez Fernández
2º Laura Gómez Grande
3º Senén Hernández Rodríguez
Este acto foi recollido polo xornal, El Progreso do día 20 de maio de 2017

viernes, 19 de mayo de 2017

O XOGO DOS OVOS

   A galiña azul de Carlos Casares que ten cinco plumas vermellas na á dereita, pon ovos de cores e di cocorocó e outra galiña da aldea que pon ovos normais e di cacaracá, mezclaron por erro os seus ovos.
   
   Para axudalas imos facer dous equipos e cada equipo axudará a unha galiña diferente.
   Por quendas, cada equipo tirará os dados e con tantos movementos como puntos obteña, terá que conseguir un dos seus ovos.  O xogo remata cando unha das galiñas recupere todos os seus ovos.

LETRAS GALEGAS 2017 - Certame de investigación

    Como cada ano, desde a biblioteca convocamos un certame de investigación sobre a figura do autor homenaxeado nesa convocatoria.

   Para o certame deste ano, entregámoslle ao alumnado de Primaria unha serie de preguntas sobre a súa vida e a súa obra de dificultade correspondente ao seu nivel.

   Hoxe fixémoslle entrega aos "mellores investigadores" do premio correspondente: un exemplar de "A galiña azul"




 Para saber máis sobre Carlos Casares, podedes consultar os seguintes enlaces:

- Seminario Galán: actividades interactivas sobre Carlos Casares,  biografía, fotos...

- Actividades  LIM: elaboradas polo equipo de biblioteca do CEIP Mestre Valverde Mayo

- Liña do tempo: Elaborada polos mestres do CEIP Condesa de Fenosa 

LETRAS GALEGAS 2017 - Os biblioaxudantes contan

   A sesión de hoxe de "Os biblioaxudantes contan" estivo dedicada a Carlos Casares.

   Marco, Rocío e Jazmin leron parte de "A galiña azul" para o resto do alumnado de Infantil e Primaria.



lunes, 15 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017 - Exposición

   As letras galegas e Carlos Casares, saen da nosa biblioteca ao corredor principal do colexio. Nel puxemos a exposición cos carteis enviados e unha selección de libros do autor para que o alumnado os puidese consultar.

martes, 9 de mayo de 2017

O bardo Abelardo

    Achégase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Carlos Casares e para comezar as actividades sobre este autor na biblioteca do cole, hoxe estivo con nós O bardo Abelardo.

    O bardo Abelardo, achegounos ao mundo de Carlos Casares da man da música do seu acordeón. 
Un xeito diferente e divertido de coñecer a súa obra.