sábado, 27 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

    En 1961 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro co fin de reforzar a importancia deste xénero literario que transmite tantas emocións.


    Para saber algo máis deste xénero comezamos polo seu propio nome "teatro" que procede da palabra grega theatron que significa "lugar para contemplar", un lugar no que os actores e as actrices nos fan rir, chorar, reflexionar...

  Desde a biblioteca queremos celebrar este día, cunha pequena obra de teatro radiofónico baseada no libro "Xa vooooou" de Susana Peix (Ed. Bululú) e interpretada polo alumnado biblioaxudante de 3º e 4º de Primaria.

FELIZ  DÍA  DO  TEATRO!!

viernes, 26 de marzo de 2021

PREMIOS CERTAME POESÍA DE NADAL - 2020

   Aínda que xa estamos en marzo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de entregar os premios aos gañadores do certame de Poesía de Nadal que convoca a Biblioteca Pública de Lugo, en colaboración con outras bibliotecas públicas da provincia.

  No centro estamos de noraboa xa que a nosa alumna Candela Fernández Rodríguez, gañou o 3º Premio na categoría ata 8 anos e Brais Rodríguez Álvarez quedou 1º na categoría de 9 a 11 anos.

    A Xunta publicará un libro con todos os poemas premiados e ademais, cada un dos gañadores recibiu como regalo un lote de libros e unha figura de Sargadelos.

NORABOA   PEQUES!!!

 

lunes, 22 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA - 2021

    O día 21 de marzo, conmemórase o DÍA  DA  POESÍA. Unha proposta da Unesco coa finalidade promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.

 

   Desde a biblioteca traballamos diferentes tipos de poesía. 

   O alumnado de 1º e 2º de primaria traballou co libro  Poesía. El primer libro de poemas escrito por ti  de Mª Isabel Sánchez Vegara e Elisa Munsó Griful.


   En 3º e 4º escribiron poemas diamante, podedes ver no enlace o titorial para saber como se fan e no libro despregable as súas creacións.

  Os maiores, xs alumnxs de 5º e 6º de primaria, fixeron uns pomas autobiográficos, se os ledes coñeceredes moitas cousas deles.

FELIZ  DÍA  DA  POESÍA!!!

domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA DA ÁRBORE: A ÁRBORE DA ESCOLA

  O 21 de marzo festexamos o Día da árbore coa lectura dun fermoso libro titulado A árbore da escola de Antonio Sandoval (Ed. Kalandraka)


   Os/as biblioaxudantes de 6º son os que lle poñen voz a esta historia na que coñeceremos a unha árbore moi soa e dun neno que se achega para aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas e de como o resto dos compañeiros/as se unen a el para coidala... como di o autor: "Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas escolas".

 

 FELIZ  DÍA  DA  ÁRBORE  E  DA  AUGA!!

 

sábado, 20 de marzo de 2021

SEMANA DA MULLER: INVESTIGAMOS (6º primaria)

   Esta é a última entrada deste ano dos programas radiofónicos de divulgación que os/as alumnos/as fixeron sobre as investigacións de biografías de diferentes mullerer que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte...

  Para acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións, clickade no nome das mulleres correspondentes:

MARÍA WONENBURGER (Paula Sánchez)

EXERIA (Brais Rodríguez)

 
OLIMPIA VALENCIA (Jorge González)

 
LOLITA DÍAZ BALIÑO (Zaira Salgado)

 
ANTONIA  FERRÍN (César A. Durán)


SON  OU  NON  SON  IMPORTANTES  ESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER

FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais
 
 
 

SEMANA DA MULLER: INVESTIGAMOS (5º primaria)

   Seguimos compartindo os programas radiofónicos de divulgación que elaboraron os/as alumnos/as de 3º a 6º de Primaria sobre as investigacións de biografías de diferentes mulleres que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte... 

  Recordámosvos que clickando nos nomes das mulleres escollidas poderedes acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións.

ÁNGELES  ALVARIÑO (Lucas Rodríguez)
 

 ISABEL  BARRETO  DE  CASTRO (Hugo Fernández)

 

 
MARÍA  PITA (Pau Bech)
 
 
MARÍA CASARES (Lucía Rodríguez) 


EMILIA  PARDO  BAZÁN (Pilar Vence)


PARECÉRONVOS  INTERESANTES  ESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER


FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais
 
 

jueves, 18 de marzo de 2021

FUTUROS EMPRESARIOS

 Nesta actividades poropuxémoslle ao alumnado de 6º que crease a súa propia empresa incluíndo unha presentación on-line da mesma.

A continuación deixámosvos un par de presentacións de dúas empresas de videoxogos e internet.  


lunes, 15 de marzo de 2021

SEMANA DA MULLER: INVESTIGAMOS (3º e 4º primaria)

   Para conmemorar o Día da Muller e a Semana na Prensa, os alumnos/as de 3º a 6º de Primaria repartidos en grupos, gravaron varios programas radiofónicos de divulgación sobre as investigacións de biografías de diferentes mullerer que destacaron polo seu papel en calquera eido: política, deporte, ciencia, arte...

   Clickando nos nomes das mulleres escollidas poderedes acceder aos programas nos que escoitaredes os resultados das súas investigacións.

WILMA  RUDOLPH  (Darío, Libertad, Javier e Carlota) 

BOUDICA  (Diego, Yanira, Lucas Fernández e Iria)

 

MARIE CURIE  (Gissela, Gareth, Germán e Mencía)

MALALA YOUSAFZAI  (Valeria, Susana , Naím e Cristian)

 

CANTO APRENDÉSTEDES  DESTAS  MULLERES?

COMPROBADE  OS  VOSOS  COÑECEMENTOS  ACCEDENDO  ÁS  PROBAS  DA  AULA  VIRTUAL.

 AS  NOSAS  INVESTIGACIÓNS: DÍA DA MULLER

 

FONTES  DE  INVESTIGACIÓN:

https://es.wikipedia.org

RODRÍGUEZ, A. (2018) Pioneiras. Ed. Xerais

RODRÍGUEZ, A. (2019) Pioneiras 2. Ed. Xerais

martes, 9 de marzo de 2021

SEMANA DA MULLER: CONTACONTOS POLA IGUALDADE (PEDRO BRANDARIZ)

     O contacontos Pedro Brandariz estivo hoxe no colexio nunha actividade subvencionada polo Concello de Sober para sensibilizar ao noso alumnado na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas.

   

   "Non máis princesas" é un espectáculo no que Pedro Brandariz nos narrou 3 contos de Raquel Díaz Reguera: ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?  no que se desmitifican os roles e os estereotipos de xénero, Cuando las niñas vuelan alto e Las niñas serán lo que quieran ser nos que as nenas acaban acadando os seus obxectivos superando todas as pedras que se encontran no camiño e que se van metendo nos seus zapatos para impedir que voen alto.

 
    A actividade realizouse en varias quendas para respectar todas as medidas e protocolos derivados do COVID-19.




MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  DE  SOBER   POR  ESTA  ACTIVIDADE!!

lunes, 8 de marzo de 2021

SEMANA DA MULLER: EU VOU COMIGO (ADAPTACIÓN)

   Desde o centro queremos sumarnos á conmemorarión do Día Internacional da Muller  e traballar a  favor da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas facendo varias actividades ao longo da semana. 
 
   Este obxectivo entronca directamente co obxectivo 5 da Axenda 2030.
   

    

    Comezamos coa adaptación do libro  Yo voy conmigo  de Raquel Díaz Reguera feita polo alumnado de 1º e 2º de Primaria para reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e a necesidade de non cambiar para agradar aos demais senon de querernos tal e como somos, cos nosos defectos e coas nosas virtudes porque para conmemorar este día hai que comezar por respectarnos e querernos a nós mesmos sen importar se somos do xénero masculino ou feminino. 

 

 

 

E agora que pensades?
 
Estades dispostos a cambiar a vosa forma de ser para gustar aos demais?
 
Vale a pena?
 

viernes, 5 de marzo de 2021

AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE LEONOR

  

Hoxe compartimos unha nova colaboración da actividade  As familias contan.  

 

  Nesta ocasión  Cristina , a nai de  Leonor , veu a contarnos un par de contos na biblioteca pero para manter todas as medidas de seguridade e os protocolos derivados da situación sanitaria actual, tiveron que gravalos elas dúas soíñas e agora compartímolo para que toda a comunidade educativa poida velo.


  Elas leron primeiro o libro A cebra Camila de Marisa Núñez, unha historia coa que aprenderemos a importancia da amizade, da empatía e da solidariedade a través dos animais que a cebra Camila se vai encontrando no seu camiño.


  Despois leron un novo libro: Cincenta e as zapatillas peludas de Davide Cali. Unha reinterpretación do conto tradicional de Cincenta na que se lle da unha volta aos estereotipos tradicionais con moito humor para educar na igualdade de dereitos e oportunidades.


   E para rematar pasaron polos estudios de Radiuvin para gravar A cebra Camila nunha nova emisión do programa Lecturradio: as túas leturas na nosa radio.
 
 

 

MOITAS  GRACIAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!!