martes, 22 de diciembre de 2020

CURIOSIDADES DE NADAL

   As biblioaxudantes Lucía, Laura e Zaira son as locutoras deste programa especial de Nadal no que nos contan moitas curiosidades sobre estas datas baseándose no libro Los preguntones lo quieren saber todo sobre la Navidad (Ed. VOX).

 Desde cando se celebra o Nadal?

 Por que se desexan Felices Festas? e Felices Pascuas? 

Cando se inventaron as panxoliñas?

   Para saber as respostas destas preguntas e moitas outras máis, escoitade o programa especial de Nadal seguro que vos sorprenderes!!


FELICITACIÓN DE NADAL 2020

    Cos nosos mellores desexos para estas festas tan atípicas e desexando que o próximo ano poidamos olvidarnos desta pandemia, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña  CHEGOU  O  NADAL   de Iván Vale.


   Nesta panxoliña continuamos co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva; por iso, ademais de engadir a letra e pictogramas, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tenta reproducir a mensaxe da panxoliña en lingua de signos.
 
 
 UNHA  APERTA  MOI  FORTE  PARA  TODOS!! 
 
 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

 A continuación podedes ver as recomendacións lectoras para este Nadal.


    Esperamos que vos animedes a agasallar algún libro nesta época.
 

viernes, 18 de diciembre de 2020

DESPEDIDA ALUMNXS 6º

   Debido ao final de curso tan excepcional que tivemos en xuño, tiñamos pendente despedirnos dxs alumnxs de 6º que xa están no instituto e que foran biblioaxudantes durante dous cursos

   Estivemos esperando a ver se esta pandemia nos daba un respiro e podiamos facer un acto de despedida cos seus familiares, pero como xa case chegamos ao Nadal e a situación non mellora; decidimos facer un acto ao que so asistisen eles e os mestres que lle deramos clase.

    Durante este acto, visionamos unha recompilación de imaxes do seu paso polo colexio dende o curso 2011/2012 ata marzo do curso pasado.


 E aínda sen poder abrazalos nin achegarnos moito a eles, fixémoslle entrega das súas orlas, dun agasallo do colexio, da mochila e do diploma de biblioaxudantes e dun doce de Nadal.



 DESEXÁMOSVOS  QUE   DE  AGORA  EN  DIANTE  SEXADES  MOI  FELICES,
 
SEMPRE  PODEREDES  CONTAR  CONNOSCO.
 
UNHA  APERTA  MOI  GRANDE!!

martes, 15 de diciembre de 2020

OBRADOIRO DE RADIO: TEATRO LIDO CON CHARO PITA

  

     Grazas a participación da nosa biblioteca no Proxecto Radio na biblio, temos un orzamento específico para a formación do alumnado. 

     Este ano o obradoiro de formación foi impartido pola autora e narradora Charo Pita e realizouse respectanto todas as medidas sanitarias derivadas do Covid polo que tivemos que repartir ao alumnado en varios grupos.

 
        A formación estivo dedicada a técnicas de teatro lido traballadas de xeito lúdico favorecendo a lectura comunicativa e divertida a través de textos axeitados para a súa representación lectora.

   Os alumnos e alumnas traballaron diferentes contidos: a correcta posición do corpo e do texto, o ritmo na lectura, a importancia das pausas e dos silencios, como contar unha historia, como construír un personaxe coa voz, a transmisión de emocións  e coñeceron algúns instrumentos para crear efectos especiais.


  Para rematar este día o alumnado tamén puido disfrutar das narracións de Charo Pita comprobando como se poñen en práctica todos os consellos e  todas as pautas que  lles  deu  nos  obradoiros  de  formación.




 

lunes, 14 de diciembre de 2020

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS

   HOXE   RECIBIMOS  A  PRIMEIRA  EMISIÓN  DO  PROGRAMA  COÑECENDO  OS  NOSOS  CONCELLOS  DESTE  CURSO!!!


   A CONTINUACIÓN  DEIXÁMOSVOS  A  SÚA  RESEÑA  E  O  ENLACE  Á  EMISIÓN:

   Este curso está a ser ben distinto e tamén difícil. As medidas de prevención e protección da saúde ante a pandemia da COVI-19 modificaron as nosas vidas, e tamén o día a día da nosa escola.

   A elaboración de protocolos,  os materiais, a posta en marcha dun curso tan distinto e peculiar… fixeron que a reanudación deste proxecto empezara con retraso. A isto sumouse as faltas máis continuas do alumnado, que fai difícil a grabación dun programa, pois o absentismo derivado dos catarros é maior que outros cursos.

   O curso pasado os nosos compañeiros de Sober pedíannos que lle contaramos dun río que compartimos ao seu  paso polo noso concello: O rio Sil. Así que, por fin, damos resposta  a través da radio á súa pregunta que quedou en espera dende o curso curso 2019-20, e con ela, reanudamos este apaixoante proxecto  a través do que compartimos información que nos permite coñecernos melllor e sobre todo decubrir minuciosamente  a nosa  contorna, o patrimonio natural, histórico, etnográfico que temos nos nosos concellos….

   Unha vez máis a pregunta dxs nosxs compañeirxs  deu lugar a un traballo de investigación do alumnado de 5º e 6º que indagou sobre os ríos que surcan o concello da Pobra do Brollón, que como ides ver  son varios.

   Se queredes coñecer que ríos pasan polo noso concello e como lle confiren riqueza, actividades de lecer, turismo e singulariedade escoitade o noso programa.

 OS RÍOS QUE PASAN POLA POBRA DO BROLLÓN

 

jueves, 10 de diciembre de 2020

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

      O Día dos Dereitos Humanos conmemórase o 10 de decembro, día no que en 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Deritos Humanos.

    Neste documento proclámanse os dereitos que corresponden a cada persoa como ser humano, independentemente da súa raza, relixión, idioma, ideoloxía, orixe, posición económica ou calquera outra condición.

     No seguinte genially feito polo alumnado de 1º e 2º de Primaria, poderedes acceder a máis información sobre que son, cales son e algúns deles.

    E neste documento podedes acceder á edición ilustrada publicada polas Nacións Unidas para coñecer os 30 artigos nos que se recollen estes dereitos:



    Nós quixemos traballar co noso alumnado a figura dos refuxiados como un dos colectivos de persoas que máis vulnerados teñen os seus dereitos. Para iso utilizamos o libro ¿Qué es un refugiado? de Elise Gravel co que entenderemos mellor que é un refuxiado e coñeceremos algúns refuxiados famosos.


jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

    O 3 de decembro é o Día Internacional  das Persoas con Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 con fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.

   Tamén é un dos obxectivos recollidos na Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.

  Desde o centro fixemos dúas actividades para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia desta conmemoración. 
 
     Primeiro os biblioaxudantes Lucas e Hugo contaron o libro ¡Todos juntos! de Daniela Kulot co que tratamos de "aprender con los demás, desde la tolerancia, la diversidad y la integración".
 

  E por outro lado participamos na proposta recibida desde o CEE Infanta Elena que é o centro de Educación Especial da nosa zona. Eles propuxéronnos elaborar un mural representativo do lema “Alguén  fixo  un  círculo  para  deixarme  fóra,  eu  fixen  un  máis  grande  para  incluirnos  todos”. Para isto cada nenx debuxouse a si mesmo sobre unha silueta en branco e escribiu unha característica positiva súa, despois con todas as caras fixemos un círculo grande no que cabemos todos os membros da comunidade educativa coas nosas similutes pero tamén coas nosas diferenzas.

martes, 1 de diciembre de 2020

SEMANA DA MÚSICA 2020

   Con motivo de  Santa Icía, patroa da música, a semana pasada celebramos por  oitavo ano consecutivo a  Semana da Música.

    Durante esta semana, celebramos un certame na biblioteca a través da aula virtual no que cada día ían aparecendo na aula virtual diferentes probas para que o alumnado investigase e averiguase moitas cousas sobre a familia de instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: VENTO METAL.
 
    Comezamos por ver un vídeo que gravamos co noso compañeiro César de 6º de Primaria que nos presentará ao seu instrumento: o trombón.


   Despois os alumnos accederon ás súas aulas virtuais para realizar a tarefa de cada día:
 
LUNS: familias de instrumentos
 
MARTES: o trombón 
 
MÉRCORES: o trombón na orquestra 
 
XOVES  e  VENRES  de  investigación: quen toca o trombón?
 


 
  Para rematar, fixémoslle entrega duns agasallos a aqueles alumnos/as que participaron e un agasallo dobre aos que contestaron correctamente a todas as tarefas.
 




 NORABOA  A  TODOS!!