"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
jueves, 22 de junio de 2023
miércoles, 21 de junio de 2023
DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º
Cada ano temos que despedir ao alumnado de 6º de Primaria
que remata a súa etapa no colexio. A Cristian, Darío, Libertad, Yanira, Lucas, Mencía, Susana, Iria e Gareth, coñecémolos cando chegaron a Educación Infantil.
Lola, Naím e Gissela foron incorporándose ao grupo en diferentes cursos de primaria; pero aínda que pasaron menos tempo neste colexio, son igual de importantes para nós. Agora todos elxs forman un marabilloso grupo de 12 nenos e nenas!!
No seguinte podcast, poderedes escoitar a carta que escribiron como despedida agora que xa se van ao instituto.
Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán en setembro non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que se poñen en práctica todo o aprendido durante estes anos, terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos compartindo vivencias, levades con vós un pedaciño do noso corazón.
ATA SEMPRE!!
lunes, 19 de junio de 2023
DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES E BIBLIOPROFES
Co curso a piques de rematar, pechamos as actividades da biblioteca DÁNDOLLE AS GRAZAS AOS BIBLIOAXUDANTES!!
Eles/elas forman parte do programa Voluntariado de Lectura - A integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...
LEMOS, CREAMOS e EXPRESAMOS - 2ª Parte
Durante o segundo trimestre os alumnos e alumnas de 1º de Primaria levaron a cabo coa axuda das familias, unha tarefa chamada "Lemos, creamos e expresamos"
para desenvolver diversas competencias e habilidades relacionadas coa
comprensión lectora, a expresión oral, o traballo manual e a
cooperación. (Ver actividade)
Dada a gran acollida que tivo esta tarefa, no último trimestre repetiron experiencia con contos distintos e un toque máis de experiencia como poderedes ver nos seguintes vídeos.
O resultado foi moi positivo xa que reflexou a motivación e a evolución dos alumnos e alumnas, un éxito!
PARABÉNS A TODO O ALUMNADO,
SODES UN GRUPO DE 10!!
BO VERÁN!!
viernes, 16 de junio de 2023
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de César e Julieta
Rematamos a actividade As familias contan deste ano cunha nai que se estrena como contadora: Maryori, a nai de César e Julieta. Entre os tres léronos o libro La mudanza de Tigger escrito por Kathleen Weidner.
Nesta historia o protagonista ten un problema na súa casa porque cada vez que dá un salto tira con todo.
Tigger non sabía que facer ata que o seu amigo Coello atopa a solución: mudarse de casa!
A idea non é mala pero o protagonista ten un montón de dúbidas: virán os seus amigos a xogar á súa nova casa? Poderá levar as súas cousas favoritas? Como vai a fecer para transportalo todo?
Se vos tamén queredes escoitar esta fermosa historia sobre a amizade, podedes facelo no seguinte podcast que Maryori, César e Julieta gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS AOS TRES POR VIR A LERNOS ESTE LIBRO,
A HISTORIA GUSTOUNOS MOITO PERO SABE A DESPEDIDA...
ESPERAMOS QUE, COMO LLE PASOU A TIGGER, UNHA MUDANZA NON FAGA QUE SE PERDAN AS AMIZADES QUE AGORA TEDES.
ESTE COLE TERÁ SEMPRE AS PORTAS ABERTAS PARA VÓS!!
ATA SEMPRE!!
jueves, 15 de junio de 2023
CLUB DE LECTURA - SAÍDA FINAL
Remata o curso e remata tamén a actividade do club de lectura deste ano e para poñerlle fin a actividade, organizamos unha visita ao Eco-museo de Arxeriz.
Pensamos que xa que co libro Unha volta ao mundo sobre a volta ao mundo de Magalhães e Elcano no século XVI aprendemos moitas cousas sobre o mar e os barcos daquela época (carabelas, naos...) tamén sería interesante coñecer as embarcacións tradicionais da nosa zona.
Outras embarcacións sobre as que aprendemos foron a barca de dornas, e unha barca con pouso que servía para levar cestos por exemplo na época da vendima.
Continuamos a visita xa no interior do pazo: no piso de arriba estivemos na lareira e na solaina.
No piso de abaixo estivemos na sala dedicada ao patrimonio e á etnografía que conta cunha gran maqueta da Ribeira Sacra na que están sinalados os elementos patrimoniais máis destacados e por suposto, Sober con edificios como a Rectoral de Gundivós. Tamén conta cun espacio dedicado ao "Entroido Ribeirao" que era un entroido tradicional da riberia
A última sala do Pazo que visitamos foi a dedicada á viticultura tradicional: cubas de madeira, utensilios para aviñar, cestos de transporte de uvas, pelexos de cabra para transportar o viño...
Xa no exterior visitamos as escavacións que deixaron ao descuberto diferentes edificacións da época castrexa e entramos na reconstrución que están facendo dunha das vivendas atopadas.
Despois de tanto que aprendemos, a saída rematou cun xantar á sombra e un ratiño de lecer antes de voltar ao colexio.