miércoles, 31 de mayo de 2017

IMOS DE VIAXE

Este é un proxecto do alumnado de 4º e 6º de Primaria. 
Nesta actividade feita en pequenos grupos tiñan que escoller un destino e recoller toda a información necesaria para ir de vacacións: como chegar, onde aloxarse, lugares e horarios de interese turístico, gastronomía, tradicións, festas... e presentarllo aos seus compañeiros cun presuposto para a realización da viaxe.
A primeira proposta é de Mara, Herbert e Aitana que nos propoñen unha viaxe a Londres.

DESPEDIDA ZOË

    Hoxe despedimos a Zoë, a auxiliar de conversa en inglés que nos acompañou desde outubro apoiando á teacher do centro.

    Para que leve un recordo do centro, cada alumno fixo un debuxo e un pequeno texto en inglés. Con estas aportacións, fixemos un fermoso libro cheo de moito cariño.

     Neste recordo, non podía faltar a biblioteca do colexio e a nosa mascota Lectuvín.

    Moitas grazas por todas as túas ensinanzas e boa sorte!
Thank you very much for teaching us so many things and good luck!!  

martes, 30 de mayo de 2017

MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA - Excursión

    Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, participaron nas escursións organizadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dentro da campaña "Move ficha pola Ribeira Sacra".
   Os colexios pertencentes ao Río Miño, visitaron o Sil; e os do Sil, visitaron a zona do Miño. Por isto, o noso colexio, compartindo excursión co CEIP A Pobra de Brollón visitaron Santa María de Pesqueiras, o pobo de Belesar, o Dolmen de Abuime, o Concello de O Saviñao e a súa biblioteca.


El Progreso, 31/5/2017

No seguinte enlace, podedes acceder á reportaxe que Televinte fixo desta excursión:

http://playtele.teleame.com/escolares-de-sober-e-brollon-moveron-ficha-pola-ribeira-sacra-do-mino/

 VER TODAS  AS  IMAXES  DESTA  INICIATIVA

lunes, 29 de mayo de 2017

XORNADA ESCORNABÓTICA entre bibliotecas Lemos Le

    O Colectivo Lemos Le, organizou unha xornada escornabótica entre bibliotecas escolares da Comarca de Lemos.
    Desde o nosa biblioteca, aportamos as propostas didácticas elaboradas dentro do proxecto piloto da biblioteca para animar aos demais centros a facer escornabóticas as súas bibliotecas.

Unha sesión moi interesante!!

SCRATCH CON ROCÍO E ELÍAS - 5º e 6º de Primaria

Na sesión de hoxe, Rocío e Elías ensinaron ao alumnado de 5º e 6º a facer o seu propio videoxogo.

   O primeiro foi crear o escenario: un fondo mariño cun caranguexo que se ten que mover de esquerda a dereita.

   Despois, engadimos un peixe que baixa desde a superficie e que o noso caranguexo ten que coller.

   Para rematar, clonamos o peixe e facemos que baixen desde diferentes puntos, para que o noso protagonista teña que ir dun lado a outro recolléndoos.
Un vídeoxogo con scratch moi divertido e ademais...
creado por eles mesmos!!

viernes, 26 de mayo de 2017

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

   Esta é unha proposta didáctica para traballar as familias de instrumentos musicais combinando o spinner e os escornabots.

   Para comezar pegámoslle a cada parte do spinner un cartel co nome das familias de instrumentos que imos a trabllar: vento, corda e percusión e elaboramos un taboleiro con instrumentos musicais pertencentes a esas familias.
  Como nos explican neste vídeo, un alumno colle o spinner e faino xirar. Mentres xira, cólleo por un dos extremos para paralo e saber que familia lle tocou.
   Despois ten que facer xirar o spinner sobre a mesa, e antes de que se pare, conseguir levar o escornabot a un instrumento da familia correspondente.


Unha nova forma de traballar as familias  de instrumentos!!

Club de lectura: lectores autónomos

Na terceira avaliación, o libro para o clube de lectura foi escollido polos seus integrantes.

Eles quixeron ler o libro: El novato da colección Escuela de Cazadragones de Kate McMullan.

Aínda que non é libro que de primeiras escolleriamos os profesores, que o escollesen eles fixo que estiveran máis motivados na súa lectura.

Unha boa experiencia que igual repetimos para o próximo curso.


COÑECENDO ÁS ABELLAS

   Para ampliar o proxecto de investigación de os nenos de Infantil B e seguir coñecendo máis sobre as abellas; hoxe estivo no centro Iñaki, un apicultor e ex-alumno do colexio.
 
   Iñaki que ten 230 colmeas, explicounos moitísimas cousas sobre elas e sobre a súa vida: reproducción, clases de abellas, os tipos de baile para comunicarse, a producción de mel...
   Tamén visitou a clase de Infantil B para que o alumnado lle explicase de primeira man todo o traballo que están facendo.
 Unha charla moi interesente!!
Moitas grazas Iñaki!!

lunes, 22 de mayo de 2017

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (Centros Seleccionados)


ESTAMOS  DE  NORABOA!!
   Hoxe publicouse a resolución de 22 de maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se seleccionan os centros (en función das memorias de actividades correspondentes) destacados nas iniciativas contempladas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, para o curso 2016/2017 e... O NOSO  CENTRO  É  UN  DOS  8  SELECCIONADOS!!!!
   Desde a Asesoría de Bibliotecas escolares organizarán no propio centro, un obradoiro audiovisual destinado ao alumnado voluntario participante da iniciativa.

   Ademais como actividade integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o alumnado directamente implicado e responsable das actividades de voluntariado de lectura e de atención á biblioteca escolar, recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa.


SCRATCH CON ROCÍO E ELÍAS - 5º e 6º de Primaria


   Despois de que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria traballaran con Scratch, chega a quenda dos alumnos de 5º e 6º que tamén traballarán coa plataforma Scratch para aprender fundamentos básicos de programación dun xeito sinxelo.
   Nesta primeira sesión comezaron a traballar con fondos, escenarios, a apariencia dos personaxes, movementos, texto...
Unha sesión moi productiva!!

sábado, 20 de mayo de 2017

LETRAS E MÚSICA

   O venres celebrouse no Centro Sociocultural de Sober o Festival Letras e Música no que se entrelazaron actuacións musicais dos alumnos de música e movemento da Escola de Música de Sober, do coro infantil e do coro Berea con retallos da vida e da obra de Carlos Casares da man do noso alumnado a través do programa da Biblioteca Municipal Merenda con Contos.
    Ademais o alcalde fixo entrega dos premios do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2017, que levaba por título O mundo que queremos.

   Os premios foron os seguintes:
CATEGORÍA C, DE 12 A 16 ANOS
1º Rocío González Jiménez
2º Herbert Trail Bates
3º Marco Martínez Rodríguez
CATEGORÍA B, DE 8 A 11 ANOS
1º Héctor Fernández González
2º Mara López Rivera
3º Henry Vila Rodríguez
CATEGORÍA A, ATA 8 ANOS
1º Xoán Pérez Fernández
2º Laura Gómez Grande
3º Senén Hernández Rodríguez
Este acto foi recollido polo xornal, El Progreso do día 20 de maio de 2017