miércoles, 28 de septiembre de 2022

UN LIBRO de Herve Tullet

    Comezan as actividades creativas na nosa biblioteca!

    Nesta ocasión a partir da obra de Herve Tullet Un libro, o alumnado de eduación infantil puido deixar voar a súa creatividade e realizar verdadeiras obras de arte.





martes, 27 de septiembre de 2022

III VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENDOS

      O alumnado de 3º a 6º de Primaria fixo unha nova visita ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando na parroquia soberina de Proendos (antiga Proentia) para ampliar a información de visitas anteriores.

 

   A escavación que visitamos é unha ampliación da zona do hórreo xa descuberto en anos anteriores. Alí, Francisco Alonso, o seu director técnico, fixo de guía para explicarnos os achados realizados nesta ampliación coa que conseguiron escavar a totalidade do hórreo.

    Según nos dixo, as escavacións confirman a importancia do xacemento de Proendos tanto polo hórreo en si mesmo que é único no noroeste peninsular como pola cantidade de vestixios que atoparon de épocas moi diferentes: mundo castrexo, romano, medieval... xa que en poucos sitios se pode atopar esta variedade nun mesmo lugar.

      Coas súas explicacións puidemos entender mellor os vestixios e aprendemos moitos termos relacionados con esta época e con técnicas de investigación: flotar a terra, terra sigilata, paleoambiente, fiada de sacrificio,  como se documentan as capas escavadas...  ademais tamén resolveu todas as dúbidas do noso alumnado que prestou moita atención ás súas explicacións.

   En definitiva, unha saída moi interesante e didáctica que nos axuda a pór en valor o noso e a coñecer as riquezas do noso concello. 



    Para rematar, completamos a visita coa presenza do director do proxecto nas instalacións de Radiuvín para gravar o primeiro programa deste curso. Nesta ocasión e Iria e Cristian foron os encargados de falar con el sobre todo o aprendido para compartir con toda a comunidade educativa as nosas aprendizaxes. 


MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  ACTIVIDADE  TAN  DIDÁCTICA

QUE  ESPERAMOS  VOLVER  A REPETIR  EN  NOVAS  FASES  DESTA  ESCAVACIÓN!!

GALERÍA  DE  IMAXES