O día 31 de outubro festéxase a festa de Samaín ou Halloween; como non imos a estar no centro ese día, adiantamos a súa celebración.
Este ano fixemos tres actividades diferentes: lectura e creación literaria de contos de medo e a exposición de cabazas.
Lectura de contos de medo: durante
toda a semana, tivemos o punto de interese cheíño de libros e contos
adicados a esta celebración. Pero en vez de estar na biblioteca, estivo
na entrada do colexio onde todo o mundo podía pararse a ver os libros
para lelos nos tempos de ocio ou levalos en préstamo.
Hoxe pola tarde, Ángel e Aroa alumnos de 5º e 6º de Primaria nos contaron ao resto do colexio o conto Os tres bandidos onde os bandidos acaban non sendo tan malos como parecían.
Creación literaria:
despois de reflexionar como os contos ás veces non teñen os finais
esperados; propoñémoslle ao noso alumnado un desafío de creación
literaria: partindo do principio do conto A bruxa tola de Josep Gregori,
deberán rematar a historia utilizando o seu maxín. Esperamos que
despois desta ponte, as historias que nos traian sexan sorprendentes.
Exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos:
unha das actividades que máis lles gusta aos nenos é a exposición de
cabazas ou lucecús terroríficos. Aquí tedes unha foto da exposición
deste ano e dos morcegos que elaboraron con material de refugallo.