Este ano para conmemorar o Día da Paz, tomamos como eixe o libro O que máis doe do mundo de Paco Liván (OQO Editora)
Algúns dos biblioaxudantes prepararon unha representación da historia con monicreques que eles mesmos fixeron. A súa actuación foi todo un éxito e o resto do alumnado do colexio encantoulles.
Tamén elaboramos un mural representativo cunha reflexión sobre a relación entre a mentira e a paz a partir das citas de H. Johnson e W. Churchill.
Outro grupo de biblioaxudantes foi o encargado de ler esta reflexión e falarnos sobre o seu significado.
Completamos o mural cun texto ou debuxo no que cada alumno do colexio, explicaba que era o que a el máis lle doía do mundo: a morte dun familiar, a perda dunha amizade, os insultos, as agresións físicas, as enfermidades, ...
E como recordo deste día os nenos e nenas levaron unha pomba da paz impresa en 3D (by schmidjon)