miércoles, 30 de noviembre de 2022

EXPERIMENTOS DE 4º DE PRIMARIA

Agora, compartimos os tres experimentos que realizou o alumnado de 4º de Primaria  

durante Novembro, o mes da ciencia na biblioteca.


Elxs experimentaron coa a densidade dos líquidos, cos pigmentos do outono e ca capilaridade.

Esperamos que aprendades moitas cousas novas vendo este vídeo e que vos guste moito!

               

EXPERIMENTOS DE 2º DE PRIMARIA

Seguimos cos experimentos realizados durante Novembro, o mes da ciencia na biblioteca. 


Nesta ocasión compartimos os que realizarons os alumnos e as alumnas de 2º de Primaria. 

Eles experimentaron coa a refracción da luz, con papel que non se molla e con fluido non newtoniano. 

Esperamos que aprendades moito vendo este vídeo



martes, 29 de noviembre de 2022

VIAXANDO POLAS LETRAS (2/2022-2023)

   Hoxe celebramos a segunda sesión do club de letras de forma aprazada xa que o venres faltaba moita xente porque os virus andan moi activos polo colexio...

  Nesta sesión comezamos a coñecer ás mulleres protagonistas do libro que estamos lendo: Galegas na ciencia escrito por Isabel Blanco e ilustrado por María Lapido.

 Iria e Mencía, faláronnos de Ramona Vaamonde, farmacéutica e macrobióloga.

Yanira e Clarisse foron as encargadas de presentarnos a Ángela Ruíz Robles, mestra inventora do primero libro electrónico.

Coa exposición de Lola e Darío, coñecemos a Manuela Barreiro, farmacéutiva e primeira muller matriculada na Universidade de Santiago.

Con Javier e Diego subimos as estrelas para coñecer a Antonia Ferrín Moreiras, química, matemática e a primeira astrónoma galega.

Carlota e Germán, investigaron sobre Jimena e Elisa Fernández De La Vega, médicas e primeiras mulleres licenciadas en Medicina na Uversidade de Santiago; aínda que como Germán non puido vir ao cole, Darío foi o encargado de axudar a Carlota.

Libertad e Susana tiñan que falarnos de Celia Brañas, mestra e divulgadora científica; pero Susana tampouco puido vir ao cole así que Libertad expuxo o traballo ela soa.

Gareth e Cristian déronnos a coñecer a figura de Olimpia Valencia, primeira xinecóloga galega.

Para rematar, Julia e Dunia expuxeron o sue traballo sobre Isabel Zendal, primeira enfermeira da historia nunha expedición sanitaria internacional.

  Unha sesión moi interesante na que mentres os diferentes membros do club ían expoñendo os seus traballos, os demais estivemos ben atentos para aprender e tomar notas sobre o que nos chamaba máis a atención de cada unha delas.



Estamos desexando que chegue a próxima reunión para coñecer a moitas máis científicas galegas!!

EXPERIMENTOS 1º PRIMARIA: Bolsa máxica e Mini bomba

   Novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas; por esta razón, o noso alumnado estivo facento durante este mes experimentos e outras experienciasn científicas que lles axudaron a ampliar o seu coñecemento sobre o mundo que nos rodea.


    Hoxe, compartimos os experimentos do alumnado de 1º de primaria.

    BOLSA  MÁXICA: Comenzaron comprobando se é posible facerlle buratos a unha bolsa de plástico e que non verta.  Estade atentos...

 

     MINI  BOMBA: neste experimento fixeron unha mini bomba con bicarbonato e vinage...

COIDADO  QUE  ESTOUPA!!


viernes, 25 de noviembre de 2022

X SEMANA DA MÚSICA: familia de vento madeira

    Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por décimo ano consecutivo a Semana da Música do noso colexio.

     Durante toda a semana, ían aparecendo na entrada da biblioteca diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de instrumentos á que se lle adicou este ano a semana musical: A FAMILIA  DE  VENTO  MADEIRA.

 

      Para completar a actividade, o venres achegáronse ao centro Laura Rodríguez e Luis Fernández, nai e pai das nosas compañeiras Mencía e Candela, ámbolos dous mestres de clarinete. 

    Con eles coñecemos moitas cousas sobre estes instrumentos: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son e outros instrumentos da familia como o requinto ou o clarinete baixo.

 
   Outra cousa que aprendemos foi a importancia da respiración para tocar un instrumento de vento así que fixemos algúns exercicios para practicar a respiración profunda e intentamos tocar cunhas palliñas.

   A actividade tamén contou coas alumnas do colexio que tocan instrumentos de vento-madeira (Yanira, Libertad, Iria, Mencía, Candela e Silvia), entre todos ofrecéronnos un concerto durante o que interpretaron varias obras.

 


    Para rematar, Laura e Luis foron os encargados de facer entrega dos agasallos aos participantes no certame de investigación e os premios aos que mellor o fixeron.


 
Moitas grazas Laura, por este tempo e por todas as túas explicacións tan didácticas!
 
Moitas grazas Luis, por sacar un ratiño da alcaldía para estar con nós!

Moitas grazas compañeiras, por compartir a vosa arte cos demais nenos e nenas do cole!
 


O CLUB DA MAXIA

Un curso máis, a Academia máxica abre as súas portas para recibir aos seus aprendices de 4º de primaria!

Antes de poñernos a traballar, debemos saber a que "casa" da Escola Hogwarts de maxia e feitizaría pertencemos cada un de nós. Nas seguintes fotografías podedes ver a que nos tocou, co noso escudo correspondente de fondo:

GRYFFINDOR: Nayara e Antía



HUFFLEPUFF: Itzae, Ada e Martín


 
RAVENCLAW: Pablo e Daniela


 
SLYTHERIN: Lara, Xavier e Candela


Ademais, cada un de nós asumiu un rol dentro do equipo (secretarix, portavoz...) para así, organizar mellor o noso traballo á hora de ir superando as diferentes tarefas propostas. Para identificarnos, cada vez que estamos a traballar en tarefas do Club da Maxia levamos colgados os carteis cas nosas responsabilidades. Xa temos o primeiro reto da Academia nas nosas mans!!

Seguiremos informando!

SAÚDOS MÁXICOS!



25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

     O 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Para loitar contra ela e sensibilizar ao noso alumnado, preparamos dúas actividades na biblioteca: a primeira sobre o libro O chuvasqueiro de Aurora de María Márquez e a segunda un abecedario contra o machismo.

    Para comezar vimos unha proxección do libro O chuvasqueiro de Aurora elaborada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria.


 
   Partindo desta visualización reflexionamos sobre a violencia que afecta a Aurora e á súa nai para aclarar varios porqué: por que Aurora se ten que agochar debaixo da cama? por que leva gafas de sol a súa nai? por que perden a cor os botóns do chuvasqueiro? que pasa cando o monstro roza a Aurora? Como se libran as dúas dese medo e volven a ser felices? que podemos facer nós ante este tipo de violencia ou ante a violencia en xeral?

    Despois pintamos unhas mans de cor morada para o chuvasqueiro de Aurora porque decidimos que quen o necesite pode contar coas nosas mans para loitar pola igualdade e que cada un/unha de nós vai a facer o posible para que a igualdade sexa unha realidade no noso cole.
 
 
   Para rematar a actividade fixemos un pequeno taller de costura co alumnado de 5º e 6º de primaria que foi o encargado de coser os botóns de cores para o chuvasqueiro de Aurora.

   Ao final, o chuvasqueiro quedou así de bonito


   A outra actividade que realizamos foi un abecedario contra o machismo, para iso tiñamos un mural dividido en dúas partes: o que queremos e o que non, e entre todos e todas tiñamos que atopar palabras con cada letra do abecedario para cada unha das dúas columnas.



   Despois escribimos e pegamos cada unha das palabras no seu lugar para completar este abecedario.

  Ao final lemos todas e deixamos o mural nun sitio ben visible xunto o de Aurora para que non se nos olvide todo o que falamos hoxe porque estas aprendizaxes non son cousa dun día se non que as temos que ter presentes durante todo o curso.