Para rematar as actividades relacionadas co mel deste ano, o alumnado fixo unha investigación para ampliar e poñer en orde os contidos obtidos que rematou cun programa especial de radio.
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
martes, 30 de mayo de 2023
AS ABELLAS: PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
viernes, 26 de mayo de 2023
AS CORES DO MUNDO
O grupo de teatro do cole representou en primicia a obra "As cores do mundo" que é unha adaptación do libro do mesmo título feita pola súa mestra de teatro Paqui Abeledo.
Con Xoán, Aldán, Teo, Erea, Leonor, Ada, Candela, Carlota e Darío coñecemos mellor todas as cores do mundo e a importancia de cada unha delas.
Foi unha obra moi entretida e divertida que mantivo a todo o público moi atento ata o final!
Para rematar os protagonistas e a súa mestra de teatro, responderon ás preguntas que os espectadores e espectadoras lles fixeron sobre a montaxe da obra, a dificultade, o vestiario...
PARABÉNS POR ESTA ACTUACIÓN!!
SODES UNS ARTISTAS!!
miércoles, 24 de mayo de 2023
EDUCACIÓN AFECTIVO - SEXUAL NA INFANCIA
Esta actividade forma parte dun programa de Educación e Saúde na escola e na familia organizado polo Colexio de Enfermería de Lugo e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Lugo (FACAPEL) para axudar aos nenos e nenas a valorar igual ambos sexos mostrando as diferenzas entre cada un desde a primeira infancia pero de xeito igualitario.
As matronas que nos acompañaron centraron a súa intervención na aceptación, recoñecemento e valoración tanto do propio sexo como do outro, proceso esencial para un desenvolvemento libre de discriminación e desigualdade xa que ningún sexo vale máis co outro.
Tamén nos falaron sobre a nosa orixe desmitificando o procesos de fecundación, embarazo e parto para tratar de normalizalos.
Outra actividade relacionada co embarazo foi a auscultación do latido cardíaco mediante o estetoscopio de Pinard.
Os máis maiores afondaron na aceptación do propio corpo e dos cambios que van a ir experimentando para evitar complexos e connotacións negativas: cambios físicos (a altura, os xenitais, crecemento de pelo, a voz, o olor corporal, a menstruación...) e cambios emocionais (dificultade para controlar as emocións, os cambios de humor, a apreciación de que ninguén nos entende...)
Para rematar queremos compartir un lema que nos debe quedar claro:
"ANTES DE QUERER AOS DEMAIS
HAI QUE QUERERSE A UN MESMO.
AUTOESTIMA É COÑECERSE, ACEPTARSE,
QUERERSE, COIDARSE E VALORARSE
PARA MOSTRARNOS COMO SOMOS"
viernes, 19 de mayo de 2023
HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL
Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura e cubrimos unhas fichas nas que se recollían as ideas principais desta charla:
Cepillar os dentes 3 veces ao día.
Que o cepillado dure 2 minutos
Utilizar pouca pasta
Visitar ao dentista
Comer menos chuches e doces
Se queredes máis información e consellos sobre hixiene e saúde bucodental podedes escoitar o podcast no que Iván, Sergio e Lucía responden ás preguntas de Carlota e Diego.
MOITAS GRAZAS POR ESTA CHARLA!
ESPERAMOS, COMO VÓS DIXESTES, QUE O COLE DE SOBER SEXA A PARTIR DE AGORA UN LUGAR LIBRE DE CARIES!!
jueves, 18 de mayo de 2023
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Aldán (18/5/2023)
En As familias contan de hoxe recibimos a Tamara, a nai do noso alumno Aldán de Ed. Infantil, que era a primeira vez que viña a participar nesta actividade.
E como vos imaxinaredes, isto para un dragón é un gran problema, sobre todo para dragóns que se adican a chamuscar cabaleiros.
Menos mal que Sir Wayne, o cabaleiro que se tiña que enfrontar a el, era moi enxeñoso e tivo unha idea para axudalo: preparar a receita máis picante do mundo para conseguir que o dragón volvera a ter un alento abrasador.
Pero este remedio non tivo o resultado esperado e a chama acabou saíndo por outro sitio que non era precisamente a súa boca...
Se queredes coñecer toda a historia deste dragón, podedes escoitar o libro no seguinte podcast que Aldán e Tamara gravaron na nosa radio.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS POR PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE!!
LETRAS GALEGAS: Concurso de escrita
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, convocamos un certame de creación literaria para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Entre as obras participantes, eleximos o conto de Iria González Casares titulado Como me chamo? que é a historia dun pequeno canciño sen nome.
Para saber máis sobre o noso protagonista podedes escoitar o seguinte podcast no que a propia autora le a súa obra.
miércoles, 17 de mayo de 2023
LETRAS GALEGAS: Investigación sobre Francisco Fernández del Riego
Cada ano convocamos un Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autor homenaxeado no que lle propoñemos ao alumnado unha batería de preguntas
sobre a súa vida e a súa obra.