jueves, 28 de febrero de 2019

COMANDAS DO MECO 2019

HOXE  REMATAN  AS  COMANDAS  DO  MECO  2019!!

Como sempre as comandas alegran a semana previa ao entroido e este ano, ademais, sérvennos para reforzar o traballo coa poesía e para presentarlle o croma ás nosas familias que tiveron nesta proposta invernal un primeiro contacto coa "tela verde".



  
SE  QUEREDES  DESCARGAR  AS  VOSAS  FOTOS,
PODEDES  ACCEDER  A  ELAS  NO  SEGUINTE  ENLACE

QUE OPINAS SOBRE A RADIO?

    Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares propuxéronnos un traballo de reflexión sobre o valor inclusivo da radio e a opinión do noso alumnado sobre a experiencia de contar cun laboratorio de radio no centro.

   No seguinte vídeo podedes escoitar as súas opinións:


DETECTI 5º - 6º. Sétimo reto

Que tal investigadores?
Déstelle á cabeciña para averiguar o reto da semana pasada?


Pois xa temos a resposta no noso programa de radio:



Non era tan difícil, non?

Unha das perosas era pai e fillo é vez; así que en realidade había tres persoas:
una avó, un pai e un neto!!

Para o reto da próxima semana, un pouco de ciencias naturais!


martes, 26 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA - CONVIVENCIA CEIP A GÁNDARA

    Unha das actividades levadas a cabo no noso centro para conmemorar o Día de Rosalía foi uha convivencia entre o noso alumnado de Educación Infantil e os alumnos de 5 anos do CEIP A Gándara de Monforte arredor dun fragmento do poema Parece unha rosa do seu libro Cantares Gallegos.
Vente rapaza,
vente meniña,
vente a lavar
no pilón da Fontiña.

    Esta actividade que partiu do CEIP A Gándara, tivo como finalidade dar a coñecer a obra de Rosalía xunto coas tradicións e o patrimonio cultural galego.

O primeiro foi coñecernos para o que se fixeron varios xogos de presentación no patio do colexio.
   Tamén intercambiamos uns agasallos desde as respectivas bibliotecas.

  Eles que están desenvolvendo un proxecto de dinosaurios regaláronnos un libro sobre estes animais xa extintos e recitáronnos unha poesía para ensinarnos moitas cousas sobre a súa vida, a súa alimentación, a súa extinción...
   Nós que xa sabiamos que eles estaban desenvolvendo este proxecto, imprimimos varios puzzles coa nosa impresora 3D (by fablabmalaga www.thingiverse.com/thing:1163973) para que levasen de recordo ademais dun sobre con todo o necesario para facer uns monicreques de Rosalía de Castro co fragmento do poema traballado.
   Despois coñeceron o noso centro: a biblioteca, a radio e as aulas de infantil e xa con todo preparado e as botas postas, comezou a saída aos dous lavadoiros de Sober.

   Visitaron o lavadoiro dos Eireos e o de Arroxo, previamente acondicionados polo Concello de Sober, nos que os nenos puideron lavar a súa roupiña.
 
   Unha vez que a roupa estivo ben lavada, o seguinte paso foi tendela e poñela a clareo na Praza do Concello onde os nenos aproveitaron para xantar e pasar o resto da xornada de convivencia.
   


GRAZAS  POLA  VISITA  E  ATA  PRONTO!!!

domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA - 24/02/2019

    Hoxe conmemórase o nacemento da autora galega Rosalía de Castro.

    A nosa pequena homenaxe deste ano consiste nun vídeo coa técnica do croma no que participa todo o alumnado do colexio, uns alumnos informándonos sobre a vida de Rosalía e outros recitando os seus poemas.

    Esperamos que vos guste e desfrutedes da súa poesía.



viernes, 22 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA NA RADIO

    Unha das actividades que fixemos para conmemorar o Día de Rosalía foi o recitado dalgúns fragmentos de varios poemas de Rosalía de Castro do seu libro Cantares Gallegos.










ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL

    Este ano dous dos nosos alumnos acadaron ambos accésits na Fase Provincial do certame de poesía infantil "Nadal 2018" convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
     Este venres foi a entrega de premios na que fixeron lectura dos seus poemas e ademais recibiron os seus agasallos.
 Cristian Dourado Rodríguez na Categoría A (ata 8 anos)
Aitana Cruz Rodríguez Casado na Categoría B (de 9 a 11 anos)

NORABOA!!!!
ESTAMOS   MOI  ORGULLOSOS   DOS   DOUS!!

jueves, 21 de febrero de 2019

DETECTI 5º - 6º. Sexto reto.

Recordades o reto da semana pasada?


Pois xa temos solución!
Escoitade atentos!



Noraboa aos investigadores que deron coa solución!

O semáforo instalouse por primeira vez no parlamento británico de Wetminster, obra do enxeñeiro J. P. Knight, especialista en sinais de ferrocarril.


Comezou a funcionar o 10 de decembro de 1868 pero só pola noite e coas cores vermello e verde.

Agora xa podedes empezar a pensar na seguinte pregunta
que non é tanto de investigar como de pensar.


miércoles, 20 de febrero de 2019

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS. 3ª Emisión

   Esta é a terceira emisión do programa Coñecendo os nosos concellos que como sabedes é un programa de ida e volta entre o alumnado do noso colexio e o alumnado do colexio de A Pobra do Brollón.
   Nesta ocasión, tiñamos que respostar á pregunta que nos facían sobre a orixe de Lectuvín, a mascota da nosa biblioteca.

   Pois ben, se queredes saber todo sobre a nosa mascota e sobre a importancia da viticultura en Sober, só tedes que escoitar o programa dos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.


Ata  pronto!!!

lunes, 18 de febrero de 2019

OS ELECTRECOS

  Os Bolechas chegaron a nosa biblioteca convertidos en superheroes da reciclaxe: os Electrecos!


   Os Electrecos queren formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) con todos os nenos e nenas galegos para defender o planeta da contaminación, do abuso dos recursos naturais e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio e, por suposto, o alumnado do colexio de Sober quere formar parte deste batallón. 

   Co concurso RAEE RAEE, aprendemos a diferenciar os aparellos eléctricos e electrónicos e que para desfacernos deles temos que entregalos no PUNTO LIMPO ou no comercio onde merquemos un novo; pero NUNCA NO MONTE!!

   E para que non se nos olvide o aprendido deixáronnos na biblioteca dous libros e un montón de materiais ademais dun rap, que podedes escoitar e bailar con nós: