Mostrando entradas con la etiqueta Hora de ler. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hora de ler. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de mayo de 2026

VISITA DA DIRECTORA XERAL

  Este xoves a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, visitou a nosa biblioteca para observar como desenvolvemos a Hora de ler.

   Unha rutina de lectura que realizamos cada día na biblioteca á primeira hora da mañá entre todo o alumnado de Primaria agrupado en mesas internivel.


   Desta forma ademais de ler, o alumnado aprende a organización da biblioteca segundo a CDU ao mesmo tempo que os maiores axudan aos máis pequenos. 

 

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  VISITA!!

IMAXES: Alexandra Cabana

miércoles, 24 de febrero de 2016

LECTURA COLECTIVA: MR. IGLÚ FAI AMIGOS

    Hoxe a Hora de Ler foi un pouco diferente, aproveitando que se nos fixo chegar un exemplar para cada alumno/a de Mr Iglú fai amigos, editado por ecovidrio  fixemos unha lectura colectiva do mesmo. Ademais, entre todo o alumnado puidemos facer unha reflexión sobre a importancia do reciclaxe e a reutilización de residuos para conservar a natureza e o medio ambiente.


    Se queres saber máis sobre Mr Iglú ou comrpobar xogar con el on-line, preme na súa imaxe:

http://www.daledecomeramriglu.com/

lunes, 4 de mayo de 2015

DÍA DO LIBRO: HORA DE LER

   Co gallo do Día - mes do Libro, durante o mes de abril todos os nenos e nenas de Educación Primaria realizamos a Hora de ler na biblioteca.

    O resultado de estar lendo todos xuntos foi tan positivo que imos a seguir así durante todo o curso.