"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
viernes, 22 de diciembre de 2017
jueves, 21 de diciembre de 2017
FELICITACIÓN DE NADAL
Cos nosos mellores desexos para estas festas e para o próximo ano, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos esta felicitación coa panxoliña "Vuela, vuela esa estrella".
Unha felicitación na que non podía faltar a biblioteca xa que como a letra da panxoliña di:
"Os deseamos una navidad llena de hermosas historias que contar"
"y recordad, que la imaginación es el mejor de los regalos"
CERTAME CONTOS DE NADAL - 2017
Aquí tedes as historias gañadoras do Certame Contos de Nadal.
Os autores destes contos, léronnos as súas historias na biblioteca o último día de clase para dar por rematadas as actividades da biblioteca neste trimestre.
martes, 19 de diciembre de 2017
FORMACIÓN IMPRESIÓN 3D
Para poder sacarlle o máximo partido posible á nosa impresora 3D, os profesores do colexio estamos facendo un curso de formación de Impresión e Deseño 3D. Na xornada de hoxe, puidemos ver como funciona un escáner 3D.
lunes, 18 de diciembre de 2017
ADORNOS DE NADAL
Na asignatura de Investigación e tratamento da información, o alumnado de 4º e 6º de Primaria empezamos a traballar coa impresora 3D e o programa de deseño Tinkercad.
Para as árbores de Nadal das nosas casas, deseñamos entre todos as seguintes bolas de Nadal que imprimimos en dúas cores pausando a impresión para cambiar o filamento, a que quedaron bonitas??
viernes, 15 de diciembre de 2017
QUERES ARGALLAR?
É moi gratificante ver cómo o alumnado se vai facendo autónomo en todo o que ten que ver cos escornabots e o recuncho Queres argallar?
Nestas imaxes podemos ver a un alumno de 5 anos explicándolle a outro de 4 como ten que facer para dirixir o escornabot
jueves, 14 de diciembre de 2017
POSTAIS DE NADAL
Xa temos listas as postais de Nadal deste ano que completan o recuncho de lecturas recomendadas para esta época; aínda que nesta ocasión son bastante especiais.
Cada unha delas, leva impresións 3D feitas coa nosa impresora e na nosa biblioteca:
As de 5º e 6º de Primaria, están feitas con bólas de navidad que descargamos de thingiverse
As de 3º e 4º de Primaria, levan formas xeométricas que se adaptaron co programa tinkercad
Nas de 1º e 2º de Primaria encontraredes folerpas de neve
E as felicitacións de Infantil levan estreliñas de tinkercad para coroar a árbore de nadal
martes, 5 de diciembre de 2017
CHEGA O NADAL
Chega o Nadal e no colexio xa temos a árbore preparada.
Os deseños dos adornos 3D, son dos seguintes autores:
sábado, 2 de diciembre de 2017
VIII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Esta fin de semana tiveron lugar as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia; unhas xornadas que foron inauguradas por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos máis dun milleiro de mestres.
Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segundo ano co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Biblioteca escolar, base de exploracións" onde participamos coa presentación Queres argallar? Escornabots e espazo maker na biblioteca escolar de Sober que podedes consultar a continuación
Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta
elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, a robótica e os laboratorios creativos de aprendizaxe.
Para min, como mestra encargada do proxecto, é unha honra
representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia.
Para rematar, desde o Equipo de Biblioteca queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e funcionamento deste proxecto; sobre todo a Elías e Rocío, papás que voluntariamente viñeron durante boa parte do curso a traballar a linguaxe de programación co alumnado de Primaria de xeito desinteresado e que supuxeron un gran apoio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)