Para a sesión de hoxe, comezamos preparando o espazo xa que nos gustaba máis a idea de vernos as caras mentres compartiamos este ratiño.
Despois comezamos as actividades previstas para hoxe, comentario da lectura programada (capítulos 6 ao 10) e reflexión sobre tres temas importantes que se trataban nestes capítulos partindo de diferentes citas da lectura:
- A familia:" Sei de que me falas, Eleonora. Eu teño unha filla, un xenro, dous netos, un gato, un can e unha parella de periquitos. E ás veces síntome tan só nesta casa que me entran ganas de marchar moi lonxe e non volver nunca. Creo que se o fixese ninguén me botaría de menos" (páxina 61)
- A adición á internet, aos videoxogos, ás redes sociais... "Idiotizados. Planos, coma esas pantallas que vos comen o cerebro. Deberiades pesar en todo o que estades a perder por culpa deses trebellos. Cada vez pasades máis horas enganchados." (páxina 69)
- A amizade: "Sabía que Xa e Mon non me deixarían soa. que seguirían os meus pasos, como grandes amigos que eran. Iso é a amizade, acompañar a outra persoa nos bos momentos pero, sobre todo, nos malos, cando todo se torce" (páxinas 80-81)
Tamén investigamos sobre o seu grito de guerra: Constantinoplaaaaaaa! e aprendemos que é Constantinopla, onde se atopa e cal foi a súa importancia histórica.
PRÓXIMA SESIÓN O VENRES 3 DE DECEMBRO!!