Para conmemorar o Día do Libro a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveu a realización de accións creativas baixo o lema CREAcción.
Pois ben, estamos de NORABOA PORQUE...
A NOSA PROPOSTA FOI UNHA DAS 20 SELECCIONADAS!!
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
Para conmemorar o Día do Libro a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia promoveu a realización de accións creativas baixo o lema CREAcción.
Pois ben, estamos de NORABOA PORQUE...
A NOSA PROPOSTA FOI UNHA DAS 20 SELECCIONADAS!!
Xa que tivemos a sorte de poder renovar todo o mobiliario da biblioteca grazas ao PLAN LÍA.2, quixemos compartir algunhas mesas que retiramos da nosa biblioteca coa Biblioteca Pública Municipal para que lles sigan dando bo uso!
QUE É RECICLAR??
Reciclar é a transformar as formas e presentacións habituais dos obxectos de cartón, papel, plástico, vidro, restos de comeida... en materias primas ou recuros que as industrias e as fábricas poidan utilizar de novo.
Para traballar a reciclaxe elaboramos este taboleiro de escornabots no que deberedes levar os residuos das tarxetas á imaxe correspondente, que credes? seredes capaces?
O pasado día 18 de Maio celebrouse o Día Internacional dos Museos. Unha data sinalada no calendario dende 1977 e organizada polo Consello Internacional de Museos (ICOM) co fin de concienciar a poboación sobre a importancia dos mesmos como un importante medio de intercambio e enriquecemento cultural.
Dende o cole, non queríamos deixar de conmemorar este día e, para elo, recreamos diferentes cadros amplamente coñecidos dende a nosa persepectiva e, engadíndolle moita imaxinación e creatividade.
Esperamos que vos gusten moito as nosas obras de arte!
ESTUDO DE COR CON CADROS
Wassily Kandinsky
Infantil
OS PEIXES DE CORES
Joan Miró
1º-2º de Primaria
Diego Velázquez
5º-6º de Primaria
O 15 de maio conmemórase o Día Internacional das Familias, esta data creouse para concienciar sobre o seu papel fundamental na educación dxs fillxs desde pequenos e sobre as oportunidades de aprendizaxe que se dan nela independentemente das características de cada familia.
En Educación Infantil traballaron o concepto de familia a través do libro Un puñado de botones de Carmen Parets Luque que trata sobre a diversidade familiar facendo reflexionar sobre que non todas as familias son iguais senón que cada familia é diferente, única e especial: que tipos de familias existen? Que cousa especial fai que sexan familia?
Ademais da lectura, este libro propón que cada nenx debuxe á súa familia e nós queremos compartir as familias tan variadas que fixeron xs alumnxs de Infantil A.
Se queredes escoitar o conto, podedes ver esta adaptación ao galego feita por Orientación Sionlla.
FELIZ DÍA DAS FAMILIAS!!
Desde a biblioteca facemos cada ano un certame de investigación entre o alumnado de Primaria sobre o escritor/a ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Pero este ano tivemos unha novidade, o certame foi a través da aula virtual de xeito que cada alumnx que quería participar tiña que entrar na aula virtual e resolver as probas correspondentes.
Varixs alumnxs de diferentes cursos de primaria participaron na redacción e gravación deste programa sobre Xela Arias no que poderedes coñecer os seus datos biográficos máis importantes e escoitar algúns exemplos da súa obra: un poema do libro Darío a diario e un capítulo do libro inédito Non te amola! (Música: banco sonidos Ministerio de Educación e bensound.com)
Escoitade atentos!
Para rematar a Semana das Letras Galegas propuxémoslle ao alumnado un par de actividades manipulativas.
A primeira opción era crear un mini libro que recolle os principiais datos da biografía de Xela Arias elaborado por @amestracris e publicado no seu blog (se queredes facelo, podedes descargalo do enlace)
Outra opción era un comecocos con preguntas sobre Xela Arias, este comecocos foi publicado na páxina do Seminario Galán:
Seguimos traballando a figura da poeta Xela Arias á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.
Hoxe achegámonos á súa obra a través de 3 poemas do seu libro Darío a diario , un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece a súa visión da maternidade.
Le atentamente o poema que eleximos para a túa clase e despois proba a facer a proba do concurso de hoxe:
1º E 2º PRIMARIA |
3º E 4º PRIMARIA |
5º E 6º PRIMARIA |
Para rematar a publicación de hoxe queremos compartir o vídeo musical Hasme oír do grupo A banda da loba no que se cantan varios versos de diferentes poemas desta obra.
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Xela Arias ; para coñecela mellor, durante esta semana faremos diferentes actividades arredor da súa biografía e a súa obra.
Comezamos por un genially elaborado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diversos coles a través do que coñeceremos os principais datos da súa biografía.
Que vos pareceu a súa biografía?
Agora para ver se aprendéstedes moito, ide ao seguinte enlace da aula virtual para comezar co noso
Concurso das Letras Galegas 2021 .
E se non lembras algo, sempre podes volver a ver o genially para atopar a resposta...
Xa fai algún tempo que tiñamos pendente contestarlle aos nosos amigos e amigas do colexio de A Pobra do Brollón pero... este ano é tan estraño!
No seu último programa radiofónico, xs nenxs de A Pobra falábannos dos ríos que pasan polo seu concello e preguntábannos polos que pasaban polo noso.
Para preparar o programa, primeiro estivemos investigando un pouco sobre os nosos regatos e ríos a través da rede e dos libros sobre o noso concello que temos na biblioteca e despois falamos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil que nos proporcionou un mapa da rede fluvial de Sober e nos dirixiu á cartografía da súa páxina web (se queredes acceder, clickade aquí ou na imaxe e despois poñede Sober no buscador).
Cando xa tiñamos toda a información, quixemos esperar un pouco para ver se a situación sanitaria nos permitía facer unha saída e coñecer os ríos e os regatos de primeira man pero xa sabedes que os protocolos seguen máis ou menos igual así que de momento a excursión quedará en espera.
O que si que podemos facer é compartir imaxes dos nosos ríos e regatos para que cando escoitedes o programa vos fagades unha idea do que vos estamos falando:
Miradoiro de Santiorxo |
Miradoiro do Xábrega |
Fervenza de Os Chancís |
Embarcadoiro de Os Chancís |
Desembocadura do Cabe no Sil |
Ruta Muíños do Xábrega |
Agora xa podedes escoitar o noso programa para aprender moitas cousiñas sobre a rede fluvial de Sober e a importancia que ten para o noso Concello.
Esperamos que esta emisión vos parecese tan interesante como a nós.
Agardamos escoitar a vosa próxima emisión para saber das festas e celebracións do voso Concello!
ATA PRONTO!!!!
FONTES: