"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Esta sesión do club de lectura, estivo adicada ao libro Bala perdidade Manuel Rivas
A historia do pirata Bala Perdida e a periodista Rosa Ribero quen dirixe un pequeno xornal da vila costeira de Atlán; deunes pé para falar da piratería na época actual: realmente existen hoxe os piratas? Que busca nesta época? Que tipo de tesouros queren atopar?
Hoxe estivo na biblioteca Noelia, a nai de Héctore Daríoque xunto con eles contounos Te quiero casi siempre (Anna LLenas). Este
libro invita á comprensión de aquelas cousas que nos fan diferentes e a
aceptar a diversidade xa que os seus protagonistas (Lolo e Rita) son
moi distintos entre sí... por que unha mesma característica de alguén ás
veces nos gusta e outras nos molesta?
Ademais
de contar o conto moi ben, tivemos a sorte de que nolo deixaron como
agasallo; así que tanto o conto como Lolo e Rita; xa forman parte da
biblioteca de Lectuvín. MOITAS GRAZAS!!!!
Hoxe fomos de excursión a Monforte; unha saída na que tiñamos programadas moitas actividades.
Para empezar unha visita ás instalacións de Onda Cero Monforte de Lemos, a emisora que está emitindo os poemas que gravaron os nosos nenos e nenas do poeta Manuel María para conmemorar o Día das Letras Galegas.
E mentres uns grupos visitaban estas instalacións; outros xogaban na Praza de España
A continuación fomos a ver o musical "El libro de la selva" baseado
no libro de Rudyard Kipling. Tamén no Edificio Multiusos había unha
exposición adicada a Cervantes na que algunhas nenas se fotografaron
coas meninas.
A seguinte parada foi na panadería para facer un taller de pan; onde nos explicaron todo o proceso de elaboración este alimento.
Ademais os nenos e nenas tamén tiveron tempo de elaborar o seu propio boliño recheo de chocolate e probar algúns produtos.
Como aos boliños lles leva un tempo cocerse; aproveitamos para comer no
parque e xogar un pouco antes de ir a recollelos e voltar ao colexio.
O venres 20 de maio, celebrouse no Auditorio da Casa da Cultura de Sober un Concerto Didáctico da Escola Municipal e da Banda de Música de Sober ao que ademáis de nós, asistiron os seguintes centros:
- CEIP MONTE BALIÑO (Ferreira de Pantón)
- CEIP ROSALÍA DE CASTRO (Bóveda)
- PAI de Sober
E como non podía ser doutro xeito, a literatura tamén estivo presente no concerto; xa que este, estivo baseado nun conto: "Musicolandia" a través do que aprendimos moitas cousas das familias de instrumentos que compoñen unha Banda de Música: vento - madeira, vento - metal e percusión. Tamén nos falaron do piano e da vozhumana.
Foi
un concerto moi divertido no que algúns nenos e nenas do colexio
participaron activamente como personaxes do conto, tocando algún
instrumento da banda, xogando ás cadeiras e incluso dirixindo á Banda
Aquí tedes un vídeo da parte final do concerto:
Despois do concerto, tivemos no colexio unha xornada de convivencia cos nenos e nenas do CEIP Monte Baliño
O noso centro é un dos 20 centros galegos elexidos para participar no proxecto piloto "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR".
Contaremos con 4 escornabots que se poden programar para realizar secuencias de movementos tan complexas como os nenos e nenas sexan capaces de lograr.
Ademais de traballar a linguaxe da programación, con este proxecto combinaremos expresión oral, alfabetizacións múltiples, aprendizaxe manipulativo, xogos, investigación e traballo colaborativo.
Para empezar con este proxecto, o venres día 13, asistimos a unha sesión en Santiago onde aprendemos moito sobre escornabots: montaxe, propostas didácticas, programación, impresión en 3D.... e puidemos construír o primerio dos catro escornabots que teremos; pero non pensedes que foi unha tarefa doada... nas seguintes imaxes recollemos diferentes momentos do obradoiro de montaxe desde a presentación das pezas ata o escornabot funcionando pasando polo obradoiro de soldadura:
Outra das actividades realizadas para conmemorar o Día das Letras Galegas, foi o PROXECTO SEMENTEIRAno que alumnado do noso centro e do IES A Pinguela e adultos usuarios da BPM de Sober, elaboraron caligramas sobre diferentes poemas de Manuel María.
Estes caligramas están expostos no instituto, no noso centro e na Praza do Concello coa intención de facer aínda máis visible a figura deste poeta chairego:
En colaboración coas biblioaxudantes de hoxe, estivemos a preparar a exposición sobre Manuel María no corredor principal do noso centro que quedou así de interesante:
Na actividade As familias contan de hoxe, estivo con nós Luis; un amigo da familia de Valeria que nos contou A vaca que puxo un ovo.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos a esta historia na que unha vaca que quería ser especial; espertou un día poñendo un ovo.
Despois de incubalo durante bastantes días, todos estaban expectantes para ver que animal nacería... e que naceu? Pois un poliño que dicía MUUUUUUUU!!!!!
Moitas grazas pola súa colaboración e un forte aplauso para Valeria e para Luis, quen tamén nos deixou unha dedicatoria no noso libro de visitas.
Como cada ano, o alumnado de Primaria participa desde o centro no Certame de Debuxo das Letras Galegasconvocado pola Biblioteca Pública Municipal de Sober.
O tema proposto este ano pola Biblioteca Nodal de Lugo foi CANTA BICHERÍA!! e no seguinte vídeo podedes ver as propostas dos nosos nenos e das nosas nenas.