DESCARGAR RECOMENDACIÓNS EN PDF
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
Hoxe remata a primeira avalición e chega o Nadal, pero antes de irnos de vacacións queremos felicitar a toda a comunidade educativa e para iso, desde o Equipo de Biblioteca, elaboramos este video felicitación coa panxoliña Un bo Nadal do gurpo King Kids.
Acompañamos a panxoliña coa letra e pictogramas porque nos parece moi importante continuar co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva.
QUE PASEDES UN BO NADAL!!
Esta semana coñecéronse os gañadores do XVIII Concurso de Contos Solidarios "Un juguete, una ilusión" e non fomos nós, foi o colexio Buen Pastor de Sevilla. NORABOA!!
Ademais Manuel Lois, fíxolles unha visita guiada aos estudos radiofónicos e puideron coñecer como é unha radio profesional e as diferenzas coa nosa radio escolar.
MOITAS GRAZAS A MANOLA E A MANUEL LOIS POR ACOLLERNOS!!
Este ano quixemos crear entre todos unha gran árbore de Nadal para o noso corredor.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 proclamou o 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Esta finalidade recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
A encomenda de hoxe era rematar a lectura Vampira de biblioteca e comentar os últimos capítulos deste libro.
Destacamos algunhas frases destas últimas páxinas porque tiñan semellanza co que facemos nós no colexio e na biblioteca:
- Os protagonistas teñen hora de ler no seu colexio: "- Na hora de lectura si que facemos caso - confesou Sara-. Gústanos ler. Non todos os libros, algúns máis ca outros. Pero cando algún nos engancha é como viaxar a outro mundo, e iso é moi guai." (Páxina 103. Capítulo 10)
- Tamén se reflicte unha das ideas nas que máis fincapé facemos cando estamos investigando: "(...) queda con esta idea: en Internet hai información, coma nos libros. Ti tecleas nun buscador o que queres e tes milleiros de respostas, aínda que non todas son correctas. Hai que saber seleccionar." (Páxinas 110-111. Capítulo 11)
Outro dos capítulos que nos deu para reflexionar foi o 13, neste caso sobre a idea que temos do amor. Así que comezamos un debate baseándonos nas palabras de Eleonoara cando fala da relación entre Marciano e Elsa: "Marciano non o dixo, mais eu sei que lle custou un mundo chamar a Elsa. Os humanos ás veces comportádesvos dun xeito moi raro, como neste caso. Os dous morrían por falar, mais ningún estaba disposto a dar o brazo a torcer. Malia todo, quedoume claro que, para Elsa, Marciano era unha persoa moi especial. Non dubidou nin un segundo cando el lle dixo que precisaba axuda. (...) Supoño que niso consiste o amor. En non fallar cnado a outra persoa te necesita." (Páxinas 123 - 124. Capítulo 13).
Que entendemos por amor? E esta a idea que temos sobre el?
Pode pasar isto entre amigos ou familiares? Somos nós moi orgullosos nun sentido negativo da palabra?
Hoxe tamén remataba o prazo para presentar modelos de logo para o noso club.
Xa temos varios moi chulos, así que para próximas sesións faremos a escolla entre todos!!
Hoxe tivemos na biblioteca novas sesións dos obradoiros subvencionados pola ANPA para mellorar a comprensión e o traballo coa información. Nesta ocasión fixeron actividades moi diferentes: "xogaron a Simon di" para mellorar a memoria e a atención; fixeron exercicios de comprensión lectora e en 5º e 6º coñeceron todos os pasos do método de estudo EPLERR (Examina, Pregunta, Le, Esquematiza, Resume e Repasa).
Hoxe tivemos na biblioteca a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a darlle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.
Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado pois, aínda que sabemos que non teñen idade para abrir perfís de redes sociais, a maioría deles teñen acceso a elas. Whatsapp, instagram, tiktok, xogos en rede... forman parte da súa realidade e, polo tanto, é necesario que aprendan e coñezan perigos que poden atopar en internet: grooming, estafas, roubo de datos persoais...
Ademais Ramón Peña tamén nos deu consellos de ciberseguridade como activar a dobre autenticación nas aplicacións que utilicemos pois aínda unha contrasinal segura que inclúa maiúsculas, minúsculas ou caracteres, se pode hackear. Para rematar, abriuse unha quenda de preguntas onde o noso alumnado puido resolver as súas dúbidas.
Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Gareth e Valeria en Radiuvín; onde tamén nos deixou unhas verbas no libro de visitas.
Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece e ante calquera problema que teñades, falade cun adulto ou pedide axuda chamando ao teléfono de axuda en ciberseguridade 017 ou por whastapp ao número 900116117.
Neste mes o alumnado de infantil A estivo aprendendo moito sobre as mesturas; pero...
Que é MESTURAR?
Para eles mesturar é xuntar varias cousas e darlle voltas; mais cando facemos isto algunhas desas "cousas" desaparecen como pasa co sal ou co azafrán se os mesturamos con auga; pero que pasará se mesturamos aceite e auga?
Mirade atentamente...