martes, 29 de noviembre de 2016

ESCORNABOTS E ROBÓTICA. Fondos da biblioteca

Como xa sabedes, este ano a biblioteca volveuse escornabótica.
NA SEGUINTE LISTA, ENCONTRARÁS OS FONDOS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA RELACIONADOS COS ESCORNABOTS, COA ROBÓTICA, COA CREACIÓN...  
Compróbaa sempre que queiras porque a lista está a medrar!!

ROBÓTICA

Como hablar con tu robot (Ana Alonso) Ed. Anaya
Mis robots en pijarama (Michael Lemond) Ed. Kalandraka
 Pájaro Amarillo (Olga de Dios) Ed. Apila
Robots (Derek Matthews) Ed. SM
Robots de papel (Alexander Gwynne) Coco Books
Robots para dibujar (Ralph Masiello) Ed. Acanto

Transformes prime. El ataque de los scraptles. (Marsha Griffin) Ed. Everest.












Transformes prime. Óptimus prime y la misión secreta. (Marsha Griffin) Ed. Everest.

 










Yo, persona ¿Cómo saber que no eres un robot? (Ellen Duthie & Daniela Martagón) Ed. Wonder Ponder

MULTIMEDIA
El juevo del Saber.
Santillana Educación
Despierta tu mente con Pipo. Sube a bordo y explora tu inteligencia.
Cibal Multimedia
Tecnología. Hoobs La aventura de aprender.
Ed. Planeta  
Viaje en el tiempo con las matemáticas. Pipo en Egipto.
Cibal Multimedia 
Viaje en el tiempo con las matemáticas. Pipo en la Grecia Clásica.
Cibal Multimedia

viernes, 25 de noviembre de 2016

A BIBLIOTECA TAMÉN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Desde o Equipo de Biblioteca, cremos que a nosa biblioteca non pode ignorar esta problemática; por iso quixemos loitar contra ela implicando ao alumnado nun desafío moi actual.
   Baixo o título: Pelexa ou aperta? os nosos alumnos aceptaron o reto do "maniquí" (mannequinchallenge) para que o que se paralice sexa a violencia de xénero.
 
   Ademais os alumnos de 5º e 6º compartiron co resto do alumnado un par de contos que fixeron reflexionar aos máis cativos
Preparando as lecturas
Sobre a igualdade entre os membros da parella e no reparto das tarefas do fogar

Hai moitas clases de bicos, pero nunca bicos á forza.

Podes escoitar este conto, no seguinte vídeo:

martes, 22 de noviembre de 2016

CURSO: Alfabetización en linguaxes de programación

  Seguindo co curso do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) que estamos a desenvolver no centro; esta xornada de formación traballamos programación a través de arduino e conseguimos facer que se iluminasen uns leds.
https://drive.google.com/open?id=0B1dZpvoiedBabm9GUmNYYzk2TG8

domingo, 20 de noviembre de 2016

DÍA DE LOS DERECHOS DEL NIÑO

    O 20 de novembro é o día dos Dereitos dos nenos, se queres saber algo máis sobre eles preme na imaxe correspondente a túa idade e encontrarás unha explicación que entenderás:

DE  6  A  8  ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_6-8_1ESP.pdf

DE  9 A 11 ANOS
https://infancia.defensordelpueblo.es/es/docs/_CDN_9-11_1ESP.pdf

sábado, 19 de noviembre de 2016

VII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

   Este ano, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia contou co noso centro para a organización dunha ponencia nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares; concretamente na parte referida a Experiencias salientables no tratamento de distintos ámbitos de actuación na Biblioteca Escolar.
 
   Nestas xornadas, que foron inauguradas conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participaron máis dun milleiro de mestres. 

    Para nós é un orgullo esta elección xa que recoñece a nosa labor e o noso traballo durante os últimos anos; unha labor que está dando froitos tanto no ámbito académico onde o alumnado está a obter mellores resultados; como noutros ámbitos externos ao centro onde os alumnos e alumnas acadaron varios premios a nivel provinvial e nacional.
 
    Para min, como mestra encargada do Equipo de Biblioteca, foi unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia baixo o título A biblioteca día a día: actividades e recursos. A continuación un momento da ponencia e o enlace á presentación que serviu de guión para ela.

    Para rematar, desde o Equipo queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e no funcionamento deste proxecto de biblioteca:
       - aos mestres e mestras provisionais e itinerantes que pasaron polo noso colexio nestes cursos;
       - ás familias e á ANPA que sempre que lles pedimos axuda e colaboración, nola conceden;
       - ao Concello de Sober sempre disposto a apoiarnos,
      - a Julia Fernández Garza, bibiotecaria da BPM de Sober pola súa axuda e polo seu ánimo en momentos de desconcerto
     - e as mestras encargadas das Bibliotecas Escolares da nosa zona que levaban máis tempo no PLAMBE e que colaboraron con nós para que a nosa biblioteca formara parte desta rede; destacando o apoio de Celsa Varela e Dora Fernández.

Algúns momentos das xornadas:

viernes, 18 de noviembre de 2016

Club de lectura: lectores autónomos

   Nesta avaliación organizamos un club de lectura entre o alumnado de 3º e 4º.

   Unha das actividades propostas para este alumnado no certame de narración de Samaín era continuar unha historia a partir do comezo de O cuarto prohibido de Josep Gregori.

   Foi unha actividade diferente xa que antes de ler o libro, cada membro xa imaxinara a súa propia historia.

 Un club de lectura peculiar con moi boi resultado!


MONTANDO UN ESCORNABOT CO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA

Faltábanos un escornabot por montar e os nenos e nenas de 3º e 4º foron os encargados de facelo.

Para construílo, fóronse guiando polo vídeo elaborado para o curso de Escornabots.

Nas seguintes imaxes podedes ver como foi o proceso e o concentrados que estaban:






FUNCIONA!!

Pero...hai un problema...o ESCONARBOT  VAI  AO  REVÉS!!
EN VEZ DE IR PARA ADIANTE; VAI PARA ATRÁS!!

   Despois dun rato pensando, chegamos á conclusión de que a placa base estaba ao revés. Así que tras desmontar a botoneira e darlle a volta volvemos a probar e... PROBLEMA  SOLUCIONADO!!

jueves, 17 de noviembre de 2016

XORNADA DE COVICENCIA COA BIBLIOTECA DO CEIP A GÁNDARA E ACTUACIÓN DO CORO BEREA (17/11/16)

    Hoxe tivemos unha visita especial: os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Gándara coas súas profes.

   Viñan de visitar a Rectoral de Gundivós na que Elías lles explicou os segredos da olería e a Escola de Hostelería de Rosende.

   Foi un xantar moi divertido no que se puideron coñecer e compartir momentos de xogo.
 Despois do xantar, para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa da música; todos asistimos a un concerto do Coro Berea onde o pasamos de marabilla. 
 
     Desde aquí queremos agradecerlle a todos os seus membros así como á súa directora esta actuación desinteresada.

Outros vídeos:

    Antes de dar por rematada esta convivencia, foi tempo para o intercambio de agasallos entre as bibliotecas.
    O noso alumnado tiña preparado uns marcapáxinas conmemorativos desta data:
    E os nenos e nenas de A Gándara trouxéronnos varios xoguetes elaborados con materiais de refugallo e uns libros nos que nos falan sobre eles.


MOITAS  GRAZAS  POLA  VISITA!!

ESTAMOS  DESEXANDO  QUE  SE  REPITA, pero mentras tanto
podes recordar todas as imaxes deste día no seguinte enlace

LIBROS QUE VAN E VEÑEN

    As mochilas da campaña de Infantil Libros que veñen e van, xa comezaron a viaxar.
   Dentro delas, un libro de lectura, un libro viaxeiro e a súa mascota Sonrisitas que tamén viaxa ás casas para aprender cousas novas.
BOA  VIAXE!!!

viernes, 11 de noviembre de 2016

CONQUISTA A FORTALEZA!

    As sesións do PFPP están sendo moi fructíferas e os nosos alumnos non tardan en aproveitar os recursos que elaboramos!!

    Este é un xogo para dous xogadores. Cada un colócase nun extremo da grella marcado cunha cartolina gris e ten como obxectivo chegar a cartolina de saída do outro escornabot.

   Tiran os dados e deben programar no escornabot tantos movementos como puntos acaden. Ademais cada 6 puntos poden comprar unha obstáculo (cartolina vermella) que dificulte o camiño do adversario.