martes, 31 de octubre de 2017

SAMAÍN - 2017

    Para conmemorar esta data, desde a biblioteca propuxemos varias actividades:

   Comezamos por ambientar o corredor principal cunha exposición de lecturas temáticas e outra de cabazas e obxectos terroríficos.

     Despois de varias convocatorias, o certame de creación literaria para o alumnado de 3º a 6º de Primaria estase a converter nunha actividade moi demandada. Neste certame, dámoslle ao alumnado o  principio  dun  libro  para  que  eles  reinventen  a  historia; este  ano  os  libros  propostos  foron  A superheroína supersónica de Mireira Canals para 3º e 4º de Primaria e O zombi de Enric Lluch para 5º e 6º.

    Pola tarde, os gañadores do certame de creación literaria foron os protagonistas das Lecturas de medo lendo as súas historias ao resto do alumnado.
 

   Ademais nestas lecturas de medo, participaron tamén os nenos de Educación Infantil contándolle ao resto do alumnado o conto  Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto e André Letria.

lunes, 30 de octubre de 2017

CORRE, CORRE CABACIÑA

    O alumnado de infantil, estivo a traballar o samaín co libro Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto e André Letria.
   Os máis pequenos gozaron coa lectura do conto e fixeronnos un mural moi fermoso que loce así de ben no corredor.
   Ademais eles mesmos foron os encargardos de contarnos esta historia nas lecturas de medo da biblioteca, e cantarnos a canción do mesmo.

EXCURSIÓN A SANTIAGO

   A nosa excursión comezou coa asistencia á ópera Guillermo Tell de Rossini adaptada para o público infantil, unha adaptación da compañía La baldulfa. Este concerto enmárcase dentro das Actividades Didácticas propostas polo Concello de Santiago no Auditorio de Galicia para centros escolares de toda Galicia. 
 

    Despois da ópera, foi o tempo de comer e xogar un pouco no parque da Universidade antes de dirixirnos ao Parlamento de Galicia. Alí, no Salón dos Reis, recibiunos Raquel Arias, veciña nosa e Secretaria da Mesa do Parlamento.

A continuación percorrimos o resto do edificio visitando diferente estancias. 
Entre elas puidemos coñecer as súas bibliotecas onde algún deputado estaba preparando a súa intervención e a Sala das Letras Galegas onde poden verse caricaturas de
 todos os autores aos que se lles adicou este día
 


 e, como non, o hemiciclo onde o noso alumnado puido sentarse no sitio dos
Deputados e Deputadas do goberno; incluso Raquel, que voltou a despedirnos, cedeunos o seu sitio.


Ao rematar a visita, cada neno recibiu un libro do Parlamento e un despegable para que non nos olvidemos de todo o aprendido nesta visita; e para a biblioteca tamén uns exemplares dos discursos parlamentarios dalgúns dos presidentes de Galicia
   

jueves, 26 de octubre de 2017

COMO IDENTIFICAR NOTICIAS FALSAS

    Compartimos esta información desde a páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares que reflicte en galego a infografía da IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News


miércoles, 25 de octubre de 2017

XVIII Campaña de Animación a Lectura María Moliner


    Hoxe a Biblioteca Pública Municipal do noso concello está de noraboa pois co seu proxecto Sober lee 2017, foi premiada na XVIII Campaña de Animación a Lectura María Moliner organizada polo Ministerio de Educación.

   Este concurso ten por obxectivo "premiar a aquelas bibliotecas de municipios que leven a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías" (www.mecd.gob.es).
   Acadar este galardón un ano máis, reflexa o bo facer de Julia Fernández Garza e de Dunia Vázquez.

PARABÉNS  COMPAÑEIRAS!!!

lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA DA BIBLIOTECA - 2017

   Xa chegou o Día da Biblioteca e estamos a facer todas as actividades que tiñamos preparadas para conmemorar esta data:
Pimeiro presentamos o cartel de Xosé Tomás co lema escollido este ano pola Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o vídeo que fixemos para mostrar algunhas
das posibilidades que nos ofrece baseándonos no texto da Asesoría de Bibliotecas Escolares 


    Despois por primeira vez, o alumnado puido ver a impresora 3D en funcionamento.

  Tamén fixemos unha sesión de fotos que nos lembra a importancia deste día e da lectura.
 




Para rematar as actividades de hoxe, fomos de visita á Biblioteca Pública Municipal onde nos recibiron Julia Fernández Garza, a bibliotecaria, e Luis Fernández Guitián, o alcalde.


Julia explicounos moitas cousiñas, entre elas os diferentes fondos que podemos encontrar na BPM
Luis leu para o noso alumnado "Como Mary Poppins pero sin volar" o pregón que Alejandro Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2016) escribiu para a Asociación Española de de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

 Pola tarde, os máis cativos do colexio tamén tiveron unha sesión de
formación de usuarios con contacontos incluído.