martes, 31 de mayo de 2022

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada e Teo

     Nunha nova sesión da actividade  As familias contan  tivemos no centro a  Antía López Maldonado, nai de Ada e Teo, acompañados pola pequena Sía.

   Antía fixo un contacontos dobre xa que contou primerio para xs compañeirxs de Ada e despois para xs de Teo.

   Ada e Antía leron para a clase de 3º e 4º de Primaria o libro Tragapalabras de Cristina Oleby que é a historia dunha nena á que lle encantan os alimentos: comelos, clasificalos, preparalos... pero o que máis comía ao longo do día eran palabras.

   Comía as palabras que pensaba que era mellor non dicir porque podían causarlle un problema a alguén, ata que un día xa non puido tragar máis palabras e empezou a dicir todo aquilo que non dixera.


    Un libro moi bonito que nos fala sobre a dificultade que poden ter os nenos e as nenas para expresar as súas emocións e xestionar os sentimentos.


   Despois Teo e Antía, leron para as aulas de Ed. Infantil o libro Color Carne de Desirée Bela-Lobedde que é un libro co que reflexionaremos sobre a tolerancia e o racismo derivado da cor da pel.

    O primeiro día de cole, todas as cores están moi contentas porque poderán saír da caixa para darlle cor aos debuxos dos nenos e das nenas: amarelo para o sol, azul para o mar e o ceo... e como a primeira tarefa que lles manda a profe e debuxar ás súas familias a cor carne, está contenta porque todos a utilizarán.

      Pero o tempo vai pasando e ninguén utiliza a cor carne. Pintan de marrón oscuro, marrón claro, amarelo... e por fin alguén colle tamén a cor carne.  

     Unha historia para aprender que existen moitos tonos de pel como existen moitos tonos de verde para as árbores; todos somos iguais aínda que todos sexamos diferentes!

    Para escoitar estes contos, podedes acceder aos podcasts que gravaron na radio antes de marchar!

 

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  VISITA!!
ATA  A  PRÓXIMA!!
 
 
 

lunes, 30 de mayo de 2022

PROXECTOS CIENCIAS SOCIAIS

Para traballar algúns dos contidos vistos en Ciencias Sociais o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria elaborou unha serie de maquetas sobre o Sistema solar, os movementos e fases da Lúa ou o mapa político de España. 


Desfrutaron moito mentres compoñían as súas creacións e, a nosa biblioteca, reloce aínda máis bonita con estas verdadeiras obras de arte. Algunhas son colgantes, outras teñen luz propia, outras móvense...




No seguinte vídeo podedes observar todo o que vos acabamos de relatar. Esperamos que vos guste moito!!!!



 

 
 
 Xa estamos listos para despegar rumbo ao espazo!!! Acompáñasnos?

viernes, 27 de mayo de 2022

PLATAFORMA ELBE.2

 Como vos dixemos anteriormente, estamos comezando a coñecer a plataforma ELBE.2 a través da cal o alumnado pode acceder ao préstamo de libros dixitais.

   Esta plataforma é un instrumento que nos axuda a dar un paso máis na educación e na competencia dixital así como na diversificación de soportes e formatos de lectura.



CLUB DE LECTURA - 15ª sesión

    Hoxe rematamos a lectura do libro A marabillos medicina de George, de Roald Dahl  con opinións moi diversas sobre o seu final. A algunhas persoas gustoulles e ata lles pareceu divertido pero a outras deulles moita mágoa que a avoa acabase así.

         Ademais do final, tamén falamos doutros aspectos destes últimos capítulos: Cal é o papel da avoa na familia? E cal é o papel dos nosos avós na nosa familia? Como te sentirías ti no caso de George? E no lugar da avoa?

    Cal é a intención do pai que ten tanto interese en que o filla volva a facer a medicina para vendela? É un agoiro que se quere facer rico ou quere solucionar a fame do resto das persoas con polos e vacas xigantes?

    Aínda que non chegamos a unha gran conclusión si que puidemos reflexionar e darlle voltas á nosa cabeciña para saber que fariamos nós cunha medicina así. E que fariades vós?

   Podedes escoiar máis cousas sobre este libro e o seu autor, recomendámosvos que escoitedes o podcasta gravado por Libertad, Yanira, Cristian e Gareth.


martes, 24 de mayo de 2022

CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS - A estrela sen nome (Manuel María)

    Seguindo algúns dos modelos que nos mostrou Paola Guimeráns cando estivo no colexio, hoxe estivemos dándolle luz á estrela sen nome do poema escrito por Manuel María que pertence ao libro Os soños na gaiola.

    Primeiro elaboramos o modelo de circuíto en papel utilizando libre office; neste modelo sinalamos o lugar da pila e do led coa colocación correspondente dos polos e o trazado que deberá facer o adhesivo de cobre que conducirá a electricidade.


 

       Despois pegamos o adhesivo de cobre seguindo o trazado.

     Unha vez que temos o adhesivo colocado, colocamos o led e a pila respectando sempre a polaridade para que funcione e suxeitamos con adhesivo transparente. Hai que ter coidado ao suxeitar a pila non cubrir toda a superficie con adhesivo porque se non, o fío de cobre non pode facer contacto.


    Agora que xa temos o circuíto funcionando, quédanos decorar a nosa creación para o que utilizamos adhesivos de estrela e purpurina dourada.

 Mirade que fermosos quedaron!!

  Para rematar podedes escoitar o poema que eles mesmos gravaron nos estudos de Radiuvín!


viernes, 20 de mayo de 2022

SESIÓN CONTACONTOS

      Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Daviña Rey, acompañados polos seus mestres Lisa Dios e Xavier Viana, estiveron hoxe na biblioteca do centro desenvolvendo unha sesión de narración oral coordinada pola BPM de Sober e dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil do noso colexio.

      Así, o alumnado de infantil puido desfrutar de contos moi diversos:

Chibos, Chibóns de Olalla González


Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto


Maruxa de Eva Mejuto

 
 
O coelliño branco de X. Ballesteros e O. Villán


 
Que mal cheira! de J. L. Campanari

   Unha sesión moi divertida e entretida da que os nosos nenos e nenas non perderon detalle xa que estiveron moi atentos a todos os libros que lles leron.
 
 
   Despois os nosos invitados tamén pasaron polos estudos de Radiuvín para respostar ás preguntas de Pau e Pilar sobre esta actividade e compartir con todos os que os queirades escoitar, un dos seus contos.
 



 
 
MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA SESIÓN  DE CONTOS!!
 
ESPERAMOS  VOLVER  A  VERVOS  PRONTO!!
 

martes, 17 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS COLABORANDO CON OUTRAS BIBLIOTECAS

     Como sabedes, a nosa biblioteca e a BPM de Sober, formamos parte dunha agrupación de bibliotecas públicas e escolares da Comarca de Lemos: o Colectivo Lemos Le.

     Este ano quixemos homenaxear a Florencio Manuel Delgado Gurriarán ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, elaborando un vídeo no que poderedes descubrir varios datos sobre a súa biografía e ver os videopoemas elaborados por diferentes bibliotecas do colectivo.

A nosa aportación ao vídeo podedes vela nos minutos iniciais nos que o alumnado de 4º e 6º de Primaria fai a presentación e achéganos á vida do autor con pequenas pinceladas da súa biografía; e no poema Cantiga da vindima recitado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria.