Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de marzo de 2026

DÍA DO TEATRO - EASTER HOLIDAYS

    O 27 de marzo commemórase o Día Mundial do Teatro coa finalidade de reforzar a importancia deste xénero literario.


   Como este ano coincidía co último día de clases antes das vacacións de Semana Santa, decidimos facer unha actividade conxunta coa mestra de inglés para conmemorar tamén as Easter Holidays.

    Para iso fixemos unha variante do xogo Puro teatro de Guridi basado na técnica da improvisación. Este xogo ten como obxectivo crear e representar unha pequena escena teatral traballando en equipo e respectando as premisas que nos dan as cartas (un lugar, un obxecto, unha frase que hai que utilizar e unha dificultade engadida).
 

    Tomando como base as tarxetas do xogo, creamos outras con obxectos, lugares, dificultades e frases relacionadas coa Pascua e os ovos de chocolate engadindo a idea de utilizar unha frase en inglés (Podedes descargar as tarxetas que elaboramos neste enlace). 

   Despois fixemos grupos interniveis para que prepararan as súas improvisacións fomentando aspectos como a creatividade e a toma de decisións.





     Tras un tempiño para preparar as súas actuacións, dirixímonos ao Salón de Actos onde cada grupo tivo que representar diante do resto dos grupos a súa creación.







    Para rematar repartimos Easter Eggs para todas as crianzas polos seus dotes interpretativos e, sobre todo, por realizar tan ben unha actividade que implicaba, ademais da creatividade, un traballo en equipo no que se respectase aos demais membros do grupo independentemente da súa idade.
 

 

 

miércoles, 22 de octubre de 2025

A TETEIRA DE KABUL

   O alumnado de Educación Primaria asistiu hoxe no Salón de Actos do colexio, á representación da obra "A teteira de Kabul" que é unha adaptación para monicreques do conto de Carolina Pujadas feita pola Compañía Xarope Tulú en colaboración coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz

     A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Xunto á súa familia emprende unha longa viaxe na que, a pesar das duras condicións, irá descubrindo a bondade grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira para poder volver a elas cando precise que os contos a arroupen.

 A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam quen sufriu os horrores da guerra de Afganistán cando era nena e agora é unha activista pola paz.

 

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  POR  ACHEGARNOS  ESTA  PROPOSTA  QUE  NOS  FIXO  REFLEXIONAR  SOBRE  A  REALIDADE  DAS  PERSOAS  REFUXIADAS, A IMPORTANCIA  DA  SOLIDARIEDADE  E  O  VALOR  DE  VIVIR  EN  PAZ.

jueves, 27 de marzo de 2025

DÍA DO TEATRO

  O Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro para reforzar a importancia deste xénero literario ao que se lle dedica este ano o lema das bibliotecas escolares.

    Desde o centro quixemos sumarnos a esta conmemoración utilizando o xogo Puro teatro de Guridi baseado na técnica da improvisación. Un xogo que ten como obxectivo crear e representar unha pequena escena teatral traballando en equipo e respectando as premisas que nos dan as cartas (un lugar, un obxecto, unha frase que hai que utilizar e unha dificultade engadida)
 
   Decidímonos pola improvisación xa que é unha técnica teatral que ten moitos beneficios pois fomenta a creatividade, a busca de solucións a desafíos, a xeración de ideas, a toma de decisións...
 
    Esta actividade levaba implícita tamén unha escoita atenta e o respecto aos demais membros do grupo, sobre todo ao ser grupos interniveis coma os nosos.
   A verdad é que foi unha actividade moi divertida coa que pasamos un moi bo rato e na que os nenos e as nenas puideron mostrar os seus dotes interpretativos.


 FELIZ  DÍA  DO  TEATRO!!!

 GALERÍA  DE  IMAXES

viernes, 26 de mayo de 2023

AS CORES DO MUNDO

    O grupo de teatro do cole representou en primicia a obra "As cores do mundo" que é unha adaptación do libro do mesmo título feita pola súa mestra de teatro Paqui Abeledo.

   Con Xoán, Aldán, Teo, Erea, Leonor, Ada, Candela, Carlota e Darío coñecemos mellor todas as cores do mundo e a importancia de cada unha delas.


Foi unha obra moi entretida e divertida que mantivo a todo o público moi atento ata o final!


   Para rematar os protagonistas e a súa mestra de teatro, responderon ás preguntas que os espectadores e espectadoras lles fixeron sobre a montaxe da obra, a dificultade, o vestiario...


PARABÉNS  POR  ESTA  ACTUACIÓN!!

SODES  UNS  ARTISTAS!!


lunes, 27 de marzo de 2023

DÍA DO TEATRO 2023

     Desde 1961 o 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro declarado como tal polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) coa finalidade de reforzar a importancia deste xénero literario que transmite tantas emocións.

  

  Para unirnos á esta conmemoración, o alumnado de 5º e 6º de primaria preparou a representación da peza "Las truchas" de Andrés Pérez Asensio publicada no libro Cuentos escenificados da Editorial S.M.



   Unha peza teatral onde a protagonista consegue enganar ao seu marido e ao señor alcalde utilizando a súa astucia para librarse do lío no que se meteu por comellona.


   A verdade é que foi unha representación moi divertida que gustou moito a todos os espectadores.

PARABÉNS A TODO O ALUMNADO PARTICIPANTE!!

GALERÍA  DE  IMAXES

sábado, 27 de marzo de 2021

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

    En 1961 o Instituto Internacional do Teatro (ITI) declarou o 27 de marzo como Día Mundial do Teatro co fin de reforzar a importancia deste xénero literario que transmite tantas emocións.


    Para saber algo máis deste xénero comezamos polo seu propio nome "teatro" que procede da palabra grega theatron que significa "lugar para contemplar", un lugar no que os actores e as actrices nos fan rir, chorar, reflexionar...

  Desde a biblioteca queremos celebrar este día, cunha pequena obra de teatro radiofónico baseada no libro "Xa vooooou" de Susana Peix (Ed. Bululú) e interpretada polo alumnado biblioaxudante de 3º e 4º de Primaria.

FELIZ  DÍA  DO  TEATRO!!

viernes, 21 de junio de 2019

SOPA DE MEIGAS??

   Os alumnos de 6º de Primaria prepararon para o festival de fin de curso a obra de teatro "Os tres pelos da diaña"

   Nesta obra de teatro a meiga malvada tiña que cociñar para a diaña sopa de rata e outras exquisiteces e ocurríuselles facer slime que servise como comida.

   E a onde recurrir? 
A  BIBLIOTECA!!

   Seguiron as receitas do libro 25 recetas de slime e problema solucionado!!