Mostrando entradas con la etiqueta María Victoria Moreno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Victoria Moreno. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de mayo de 2018

CONCERTO LETRAS E MÚSICA

   A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. 
     Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento.
 
   A parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co noso alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
 
 MOITAS  GRAZAS  Á  ESCOLA  DE  MÚSICA  E  A BIBLIOTECA  PÚBLICA  MUNICIPAL  POR  CONTAR  CO  NOSO  ALUMNADO!!

martes, 15 de mayo de 2018

I ESCALEIRA LITERARIA

     O sabado día 12 de maio, celebrouse no Centro Sociocultural de Sober a I Escaleira Literaria, un acto poético musical dedicado a María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas.
    O acto comezou coa lectura e relatos de poemas con acompañamento instrumental. Participaron Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González, Xosé Lois García e a nosa directora Montse Rodríguez.

   Tamén participaron o grupo musical O Trícole, a Escola Municipal de Teatro e Sara González que interpretou un poema con danza. Rematou o acto o alcalde Luis F. Guitián.

   Para falarnos deste acto, tivemos nos estudios de Radiuvín a Moncha Prieto, Eva Ferreira e Neus Canadell.

  
   Moitas grazas por concedernos esta entrevista!!

jueves, 10 de mayo de 2018

AS FAMILIAS CONTAN EN RADIUVÍN

    Hoxe estrenamos en Radiuvín unha nova sección para a nosa radio: As familias contan en Radiuvín. Esta sección é unha variante da actividade As familias contan que sen ven desenvolvendo desde fai varios cursos na biblioteca do colexio.
   Estrenamos programa co recitado do conto en verso Can Branco, can negro do libro Eu conto, ti cantas...  de María Victoria Moreno;  autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.



Moitas grazas as familias de Carlota, Iria, Laura G., Valeria, Mara e dos irmáns Pablo e Hugo, Héctor e Darío, Laura e Lucas e Mencía e Candela!!  

Esperamos volver a escoitarvos pronto nesta radio!!

viernes, 4 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS 2018: ORIXE E BIOGRAFÍA DE MARÍA VICTORIA MORENO

     Acaba de comezar o mes de maio que é o mes no que celebramos o Día das Letras Galegas .
    Para conmemoralo iremos contándovos durante todo o mes cousas curiosas sobre este día e sobre María Victoria Moreno que é a escritora homenaxeada este ano.
    Neste primeiro programa das Letras Galegas 2018, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fálanos sobre a orixe desta conmemoración e cóntanos a biografía de María Victoria Moreno que está publicada na páxina do Seminario Galán: seminariogalán.org

   Escoitade atentos!!