Mostrando entradas con la etiqueta María Castaña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María Castaña. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de marzo de 2016

MARÍA CASTAÑA. PUBLICACIÓN DO LIBRO

    O ano pasado, o noso alumnado e o alumnado do resto de centros escolares da comarca de Lemos; fixo un traballo de ilustración do texto do conto María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo.

   Este ano, a través dunha subvención xestionada polo CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos; o conto foi publicado e entregado aos centros escolares. A esta entrega acudiron os nenos e nenas de 5º e 6º, sendo o delegado da clase o encargado de recoller os exemplares que nos correspondían:

  


   Esta viaxe, tamén foi un momento de reencontrarse co profesor de Educación Física que se xubilou este curso e que era o titor dos alumnos e alumnas que agora están en 6º.


    Xa no colexio fixémoslle entrega dun exemplar do conto aos ilustradores do debuxo que este ano cursan 1º de ESO para que lles quede un recordo da ilustración que fixeron correspondente ao seguinte texto:

"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."


No seguinte enlace podedes ver e desfrutar o libro - conto narrado pola xornalista Manola Porto:

lunes, 20 de abril de 2015

ILUSTRACIÓN DO CONTO: MARÍA CASTAÑA

Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de Marzo.

No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

"Cando chegaron a Lugo, María Castaña quedou abraiada. Nunca vira nada igual, a muralla romana, a catedral, o pazo do bispo a carón dela, casas grandes de pedra que pertencían á nobreza e outras casas máis pequenas que pertencían aos artesáns e comerciantes."

Basándonos no texto, a ilustración que fixemos foi a seguinte:

  
No cole sentímonos moi orgullosos do traballo deste grupo de alumnos: NORABOA!!

 

martes, 10 de marzo de 2015

MARÍA CASTAÑA NA NOSA BIBLIOTECA

    Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; unímonos as actividades propostas polo Colectivo Lemos Le do que a nosa biblioteca forma parte.

   Este colectivo organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos e está dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.

    Desde a nosa biblioteca participamos no obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” na que nos achegamos á vida e á historia desta muller a través do power point que nos envía o CIM (Centro de Información á Muller de Monforte) e que podes ver facendo click na seguinte imaxe.
https://drive.google.com/file/d/0B1dZpvoiedBadzh1XzQwaU5PYnM/view

    Hoxe, fixemos o traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres.

   Despois fixemos uns debuxos sobre a nosa protagonista. 



viernes, 6 de marzo de 2015

II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA

Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
 
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
-      O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de María Castaña.
-      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18 anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de 2 a 4 páxinas).
       -      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).