viernes, 25 de febrero de 2022

ÁBREME A PORTA QUE SON O ENTROIDO

     Neste venres de entroido tivemos no colexio un obradoiro de música e danza tradicional a través da ANPA do noso cole e de FAPACEL chamado "ÁBREME A PORTA, QUE SON O ENTROIDO" co grupo TROUPELEAR.

   Durante toda a tarde os nenos e nenas separados nos seus correspondentes grupos burbulla puideron bailar ao ritmo de pezas tradicionais galegas relacionadas co Entroido de diferentes zonas da nosa comunidade.


    Bailaron unha muiñeira corrida, un agarrado de entroido ("A miña compañeiriña") e unha Cabalgada tamén de Entroido recollida por Casto Sampedro mentres coñecían a personaxes típicos destas datas como as Madamas e os Galáns de Cobres.

  Despois fixemos un pasarrúas polo patio e polo corredor principal do colexio a ritmo dos toques de Folión de Viana do Bolo.

   E para rematar non podía faltar algo de fariña nesta festa de entroido tradicional!


MOITAS  GRAZAS  A  ANPA  POR  ESTA  ACTIVIDADE!!

Podedes ver todas as fotos deste obradoiro na GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Alfonso Rodríguez

       Hoxe temos unha moi boa nova! RETOMAMOS A  ACTIVIDADE  AS  FAMILIAS  CONTAN   DE  FORMA  PRESENCIAL!!

     Esta é unha actividade que lle gusta moito ao noso alumnado e por iso estamos moi contentos de que as familias se animen a participar.


    Nesta sesión tivemos como invitado na nosa biblioteca a Javier Rodríguez, o pai de Alfonso Rodríguez da aula de Infantil A que se animou a ler o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch.

    Nesta historia a toupiña quere averiguar quen lle fixo na cabeza aquilo gordo e marrón que parecía un chourizo.

 Quen sería? Unha pomba? Unha vaca? Unha cabra?

Poderán axudarlle as moscas a descubrilo?

    Para saber como remata o conto podedes escoitar o seguinte programa de Lecturradio: as túas lecturas na nosa radio xa que os nosos invitados pasaron polos estudos de Radiuvín para compartir a lectura con todos os que a queirades escoitar.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!

 GALERÍA  DE  IMAXES

DISFRAZ LIBRE 2022

 





jueves, 24 de febrero de 2022

COMANDAS DO MECO 2022 - XOVES

  

 

 



Para rematar deixámosvos o enlace ao vídeo da canción Rosalía pequeniña 
para que poidades escoitala cantas veces queriades.

miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA: #SementadePensamentos

  Desde fai varios cursos o 24 de febreiro conmemoramos no centro o Día de Rosalía de Castro uníndonos a moitas outras bibliotecas de Galicia. 

  Como non se sabía exactamente a data do seu nacemento, establecérase esta conmemoración o 24 de febreiro porque era o día en que recibiu o bautismo; pero a partir deste ano cambiarase ao 23 de febreiro despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira atopase documentación que confirma o 23 como data real do seu nacemento.


  Independentemente da data, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) propuxo para este ano 2022 o lema #SementadePensamentos  para transmitir a idea de que non hai nada que poida poñer trabas ao nosos pensamentos ou ás nosas ideas.

  Nós sempre intentamos sementar pensamentos no noso alumnado e darlle ferramentas para que poidan facelos voar. Unha desas ferramentas é a propia poesía de autora que nos emociona cos seus versos e coas súas verbas:

PENSAR [TE] LIBRE

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino. (Rosalía de Castro).

    Por iso, para achegarnos máis a esta idea e á súa poesía, todo o alumnado de primaria participou no recitado de poesía radiofónico que levamos a cabo para esta conmemoración e que podedes escoitar no seguinte podcast:

COMANDAS DO MECO 2022 - MÉRCORES