"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
miércoles, 22 de junio de 2022
FIN DE CURSO 2021 - 2022
Hoxe finaliza un novo curso escolar que foi moi cambiante xa que comezamos cunha situación aínda complicada na que seguían activos os protocolos Covid (aulas burbullas, distancia interpersoal, uso obrigatorio de máscaras...) e acabamos case con normalidade.
E no medio de todo isto, encontrábanse os nenos e as nenas que se tiveron que ir adaptando a todos estes cambios demostrándonos de novo que son uns superheroes e unhas superheroínas polo que todos os membros do Equipo Docente estamos moi orgullosxs deles.
Así que o que toca agora é disfrutar do verán e das vacacións pois chegamos ao final do curso e é hora de que xs nenxs poidan pásalo ben sen preocuparse de estudar (aínda que sería ben que non se olvidaran de todo😉)
Pola nosa parte, queremos desexarvos unhas BOAS VACACIÓNS cunha adaptación da canción Vacas de Verán do grupo Uxía Lambona e a Banda Molona, do seu álbum Astronauta Sideral.
BO VERÁN!!
DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º
Inevitablemente, cada ano ao chegar o último día lectivo do curso, toca despedir ao alumnado de 6º de Primaria que remata a súa etapa no colexio.
A Hugo, Lucas, Lucía e Pilar vímolos medrar desde infantil; eran pequeniñs como botóns!
Pau incorporouse o curso pasado chegado doutra comunidade; pero non pensedes por iso que o imos a estrañar menos que aos demais; cada membro da comunidade educativa é igual de importante para nós e agora sodes un grupo de cinco ao que botaremos moito de menos como se puido comprobar na despedida de hoxe onde a emoción fixo que case todos acabaramos chorando.
No seguinte podcast, podedes escoitar como se despiden eles de nós cunhas pequenas cartas nas que lembran o seu paso polo colexio; e no vídeo de abaixo, acompañamos as voces con algunhas imaxes para que lle poñades cara a quen está falando.
Desexámosvos que sigades sendo bos rapaces e rapazas, que sexades moi felices tamén en Secundaria e que non teñades ningunha dificultade na nova etapa que empezades no instituto; pero se a tedes, recordade que SEMPRE PODEREDES CONTAR CONNOSCO E QUE ESTE É O VOSO COLE!!
UNHA APERTA MOI GRANDE PARA TODXS!!
O CLUB DA MAXIA
Soamente aquel que cre na maxia é capaz de atopala!
AGRADECEMENTO BIBLIOAXUDANTES
Unha das cousas que temos que facer hoxe que remata o curso é DAR AS GRAZAS AOS BIBLIOAXUDANTES!!
Como sabedes, o alumnado de 4º, 5º e 6º participa no programa Voluntariado de Lectura - A integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias dedicando algúns recreos a axudar na biblioteca: tarefas de organización, axuda aos compañeiros, lecturas, préstamos...
Este ano o programa tivo recoñecemento oficial co premio que lles foi outorgado; pero aínda así, desde o centro tamén queremos facer un pequeno acto de agradecemento entregándolles os diplomas correspondentes, as mochilas enviadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, uns agasallos de Lectuvín e as fotografías dos collages que fixeron no obradoiro con Mark Ritchie.
lunes, 20 de junio de 2022
EL MONSTRUO DE COLORES
O alumnado de valores de 1º e 2º de Primaria estivo traballando as emocións co libro El monstruo de colores de Anna Llenas Serra.
Neste libro, o monstro non sabe que lle pasa; fíxose un lío coas emocións e non sabe moi ben como se sente polo que ten que aprender a diferenciar a ledicia, a tristeza, a rabia, o medo e a calma e para iso, clasifícaas en botes de diversas cores.
Se queredes saber máis sobre esta historia e coñecer de primeira man as emocións que sinte o protagonista, podedes ver o seguinte vídeo coa voz en off gravada na radio de Saúl, Xiana, Silvia, Leonor e Carla Martínez.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA MOITO!!
PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO
jueves, 16 de junio de 2022
COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: As festas!!
Aló polo mes de xaneiro, o alumnado do CEIP de A Pobra envionunos un programa de radio no que nos falaban das festas típicas do seu concello e nos animaban a nós a investigar e elaborar un programa sobre as nosas (podedes volver a escoitar o seu programa AQUÍ)
Pois ben, en canto o recibimos puxémonos mans á obra; pero non queriamos que fose nada máis un programa informativo así que decidimos facelo un pouco máis persoal e, como en Sober tamén somos moi festeiros e conmemoramos moitas cousiñas, non poderiamos abarcar todo así que nos centramos nas festas que se celebran nas parroquias e lugares dos nenos e das nenas que temos agora no colexio.
Para isto comezamos coñecendo o mapa das parroquias porque se non, non íamos a saber a donde tiñamos que ir a bailar en cada festa!
Despois elaboramos unha ficha con preguntas sobre as festas para mandar ás familias e que nos contaran cousas como onde se celebra, desde cando, o porqué...
E que pensades? Credes que as familias colaborarían?
Pois claro que si! Chegounos tanta información que non a dabamos procesado! Por iso nos levou tanto tempo facer este programa porque queriamos contar todo pero todo non podiamos porque aínda así, resumindo, é un programa bastante longo.
Así que antes de nada, MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS QUE CUBRIRON A FICHA E NOLA ENVIARON DE VOLTA!
E vós, se queredes aprender moitas cousiñas sobre as nosas tradicións desde San Amaro ata a Concepción, escoitade o audio e poñede atención!
Que vos pareceu? A que dan ganas de irse de romería e comer unha desas sobremesas das que nos falaron?
Pois algunhas festas xa se van a retomar este ano así que se alguén se anima, xa sabedes onde tedes que vir!!
Unha aperta moi forte a todxs, BO VERÁN e VÉMONOS Á VOLTA!!
CONTACONTOS IES DAVIÑA REY
Fai uns días tivemos no cole unha sesión de contacontos organizada polos mestres e o alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos. (ver entrada)
Aos nosos nenos e nenas gustoulles moito a experiencia e parece que eles tamén se foron contentos porque volveron para traernos un agasallo dedicado que recolleron unhas nenas en representación de todo o alumnado de infantil.
CLUB DE LECTURA: última sesión do curso 2021 - 2022
Rematamos hoxe as sesións do club de lectura Viaxando polas letras que se puso en marcha este ano co libro Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo de Teresa Benéitez.
A biblioteca escolar ten a palabra
BOs días radiouvintes!
Como sabedes, o lema escollido para as bibliotecas PLAMBE neste curso 2021 - 2022 era A biblioteca escolar ten a palabra.
Por iso este ano, compartimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares incluíndo nas mochilas viaxeiras un caderno para que o alumnado e as súas familias axudaran a Lectuvín a recoller elementos da tradición oral da nosa zona (refráns, ditos, cantigas, lendas, contos...) e así achegar aos nosos nenos e nenas ás raíces do lugar onde medran e coñecer parte do gran patrimonio inmaterial que temos en Galicia e, concretamente, en Sober.
Pois ben, agora que as mochilas viaxeiras chegaron ao final do traxecto, queremos compartir as aportacións que viñan nelas co resto da comunidade educativa.
Comezamos coas achegas de Antía, Carlota, Daniela e Candela de 3º e 4º de primaria.
miércoles, 15 de junio de 2022
UNHA SESIÓN DE SOCIAIS DIFERENTE
Como estamos chegando ao final de curso, durante as últimas sesións de Sociais o alumnado de 1º de Primaria estivo a repasar diferentes contidos vistos durante o curso dun xeito un pouquiño diferente. O tema elixido foi o sistema solar, o seu favorito!
Estivemos a repasar a orde dos planetas no sistema solar co taboleiro dos escornabots.
Ademais, estivemos a fedellar co Merge Cube unha ferramenta física que nos permite coa axuda dunha aplicación de uso gratuíto (Merge Object Viewer) ver obxectos en 3D, empregando a cámara dun dispositivo electrónico. Grazas a el, o alumando aprenden ciencia e STEAM dun xeito máis práctico e interactivo. Estivemos a ver, os diferentes planetas, algúns astros como o sol e, incluso, os movementos de rotación e traslación.