sábado, 16 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA - LETRAS GALEGAS 2020

   Despois de varios días falando desta data... HOXE  É  O  DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!


  Desde o colexio non queriamos perder a oportunidade de facer algo propio para esta conmemoración pese á situación actual na que nos encontramos; por iso, decidimos pedirlle ao noso alumnado un debuxo ou unha foto para a nosa versión do conto As pitas baixo a choiva.
 

  Este conto narra un feito anecdótico da infancia do autor que un día descobre desde a fiestra da súa casa que as pitas estanse mollando pola choiva e decide saír e facelas entrar ao galiñeiro para que non se acatarren; pero... ao final... todos os membros da familia acaban mollados como pitos!!
 

   O vídeo está elaborado coas voces en off de tres alumnos voluntarios de 6º de Primaria (Senén, Pablo e Laura) e coas  ilustracións e fotografías dos alumnos e alumnas que quixeron participar pero tamén coas ilustracións do libro orixinal xa que a editorial Émbora compartiu o conto a través do seu Proxecto Educativo. 
 
     Esperamos que disfrutarades moito deste vídeo-conto e coma sempre, dar as grazas a todo o alumnado que participou e as súas familias por responder a esta iniciativa.

    Para rematar, deixámosvos dous puntos de lectura que fixemos a partir das caricaturas dispoñibles no Seminario Galán por se queredes imprimilos e colorealos.

FELIZ  DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!

AS PITAS BAIXO A CHOIVA - radio

    Os biblioaxudantes Laura, Pablo e Senén contan o libro AS PITAS BAIXO A CHOIVA de RICARDO CARVALHO CALERO.

     Este libro narra un feito anecdótico da infancia do autor que un día descobre desde a fiestra da súa casa que as pitas estanse mollando pola choiva e decide saír e facelas entrar ao galiñeiro para que non se acatarren; pero... ao final... todos os membros da familia acaban mollados como pitos!!




viernes, 15 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO

    Hoxe compartimos dous recursos para seguir traballando sobre o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.

   Para o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria, deixámosvos o libro de Os Bolechas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf


   Para os cursos máis altos compartimos este quizizz elaborado polo equipo de biblioteca. MOITA  SORTE!!

https://quizizz.com/join/pre-game/running/U2FsdGVkX19NuLqJke7VrVlQ7g5hDGbDyVBYdDW%252F5GDAvo8K1z1YaLuNKuEUp5JQ6b76JIkYf%252Bn%252Buy9HfMXJ8g%253D%253D/start

PAPAGAIO DO MES DE MAIO


Como non podedes acceder ao xornal do Papagio de maio en formato papel, 
deixámosvos esta versión on line. 

Para poder ler todo o que nos ofreces este mes, premede sobre as imaxes!

https://www.flipsnack.com/9D88A97F8D6/o-papagaio-8-maio2020.html

jueves, 14 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO VALERO

    Hoxe queremos compartir con vós un par de xogos interactivos (scape rooms) elaborados por Alba Carril do CPI de Vedra:

INFANTIL, 1º  E  2º  DE  PRIMARIA
 
https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20


3º, 4º, 5º  E  6º  DE  PRIMARIA

https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE
 

miércoles, 13 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS - 2020. RICARDO CARVALHO CALERO

   Este domingo 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

  Para empezar a coñecelo propoñémosvos que vexades este vídeo sobre a súa biografía elaborado polo alumnado do Colexio San Pío X de Ourense.

 

    Despois podedes facer os seguintes xogos on-line propostos polo Seminario Galán, cada un facede click na imaxe correspondente ao voso nivel:

http://seminariogalan.org/inicio/ver/460
Nas primeiras preguntas o alumnado de infantil necesitará algo de axuda, pero nas seguintes poderán facelo sós xa que son xogos  de arrastrar, encaixar, unir...

http://seminariogalan.org/inicio/ver/464

http://seminariogalan.org/inicio/ver/467

http://seminariogalan.org/inicio/ver/470

lunes, 4 de mayo de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ

  Hoxe rematamos coas creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá... compartindo as poesías de Candela (1º Primaria) e Mencía (3º Primaria).







MOITAS  GRAZAS  A  TODOS  POR  PARTICIPAR!!!!