viernes, 21 de junio de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - VERÁN 2019



SOPA DE MEIGAS??

   Os alumnos de 6º de Primaria prepararon para o festival de fin de curso a obra de teatro "Os tres pelos da diaña"

   Nesta obra de teatro a meiga malvada tiña que cociñar para a diaña sopa de rata e outras exquisiteces e ocurríuselles facer slime que servise como comida.

   E a onde recurrir? 
A  BIBLIOTECA!!

   Seguiron as receitas do libro 25 recetas de slime e problema solucionado!!
  

PREMIOS AOS MÁIS LECTORES

   Como cada ano cando acaba o curso, desde o Equipo de Biblioteca facemos entrega duns agasallos aos nenos e nenas que máis libros da biblioteca do colexio len .


  NORABOA  A  TODOS!!

  ESPERAMOS  QUE  SIGADES  LENDO  NO  VERÁN!!!

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

    Unha das actividades coas que rematamos o curso é a despedida dos biblioaxudantes que forman parte do programa de Voluntariado de Lectura - A integrado dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
 
   Neste acto facémoslles entrega dos diplomas enviados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social e das camisetas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares.
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  LABOR  DURANTE  TODO  O  CURSO!!
 
 
ALUMNOS  DE  6º.... DESEXÁMOSVOS  TODO  O  MELLOR  NO  INSTITUTO!!
 
ALUMNOS  DE  5º...  ESPERAMOS  VOLVER  A  CONTAR  CON  VÓS  O  VINDEIRO  ANO!!

jueves, 20 de junio de 2019

SOBERICIAS - PREMIO MARA LÓPEZ E ANTÍA GAGO

    Hoxe temos un programa especial de Sobericias con dúas protagonistas tamén especiais: Mara López (6º de Primaria) e Antía Gago (6º Infantil), dúas alumnas do centro que acaban de recibir sendos premios relacionados co mundo bibliotecario.

    Antía Gago recibiu un premio na fase provincial do Certame de Debuxo das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.

    Mara López foi a gañadora do concurso SELFIE LIX, convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

    Elas falaron con Aitana e Gisela dos seus traballos e dos seus premios... non vos perdades a entrevista!!


ILUSTRACIÓNS INÉS FERNÁNDEZ. OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS

    Cada ano desde a biblioteca do colexio participamos no Certame Mulleres de Lemos proposto polo Colectivo Lemos Le.

   Neste certame, a través do CIM de Monforte de Lemos, ilustramos entre dezaoito centros da comarca de Lemos a biografía dunha figura feminina da comarca elixida como protagonista dos actos do Día da Muller.

   A elixida este ano foi Inés Fernández, abadesa do Concello de Pantón da época medieval que chegou a enforntarse ás leis ditadas polos Reis Católicos.
    O texto que nos tocou ilustrar a nós é o que se refire á parte da súa vida na que ela estando en Santiago de Compostela recibe a carta do Papa que lle da a razón nas súas peticións e a autoriza a volver ao convento de Eire:

" Pasou uns meses en Compostela ata que un día, por fin, chegou a carta que lle daba a liberdade para volver. A única condición era que non podían entrar novas monxas no mosteiro e co seu tránsito, anterior ao seu falecemento, o convento pecharía. Ela aceptou"

   Para facer a ilustración o alumnado de 5º e 6º de Primaria tomou como referencia unha fotografía da fachada da Catedral da Praza das Praterías da páxina web Turismo de Galicia.



miércoles, 19 de junio de 2019

MERENDAS CON CONTOS EN RADIUVÍN

   Hoxe estiveron en Radiuvín Julia Fernández Garza (bibliotecaria Municipal), Dunia Rodríguez (animadora sociocultural) e Rocío Fernández (técnica informática) responsables da actividade Merenda con contos; o programa de animación á lectura que desenvolven na Biblioteca Pública Municipal todos os venres do curso escolar para os nenos e nenas do Concello de Sober.


   Para saber todo o que falamos sobre este programa de animación á lectura e moitas cousas  máis relacionadas coa biblioteca e co seu 25 aniversario, só tedes que escoitar a entrevista no seguinte enlace:


MOITAS  GRAZAS ÁS TRES  POR  ESTA  VISITA!!

E  PARA  O  ANO...

MÁIS  MERENDAS  CON  CONTOS!!

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS na revista EDUGA

   A revista  EDUGA é a Revista Galega do Ensino publicada pola Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria

   Nela recóllense entre outras seccións Biblioteca, Formación, Innovación, Experiencias... e dentro do apartado Boas Prácticas da sección Bibliotecas, no seu último volume publicado, o número 77 (xaneiro - xuño 2019), poderedes ler un artigo que fala sobre o proxecto Coñecendo os nosos concellos que, como sabedes, é un proxecto radiofónico colaborativo coa biblioteca do CEIP A Pobra do Brollón.

http://www.edu.xunta.gal/eduga/1741/boas-practicas/conecendo-os-nosos-concellos-proxecto-colaborativo-radio-na-biblio

I CAMPIONATO DE BRILÉ

  Celebrouse no centro o I Campionato de Brilé do CEIP Virxe do Carme (ver toda a información) e algúns dos alumnos deseñaron unha medalla con tinkercad para a entrega de premios.
   Ademais do deseño, pasaron o arquivo .stl polo programa CURA e exportáronno a .gcode
 
 Pero a última hora, por problemas coa impresora, non puidemos imprimilas. Aínda así queremos recoñecer o seu traballo que para nós ten moito mérito.

 ESPERAMOS  PODER  IMPRIMIR  AS  DO II TORNEO  PARA  O  PRÓXIMO CURSO!!

PREMIO PROVINCIAL CERTAME DAS LETRAS GALEGAS - 2019

  A nosa alumna de Infantil, Antía Gago Fernández, que xa recibira o 1º premio na fase local do Certame de Debuxo das Letras Galegas - 2019 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo que este ano levaba como título A revolución do cambio climático; foi premiada tamén na fase provincial.

   Antía que participaba na Categoría A (ata 8 anos) mostra no seu debuxo as diferenzas entre un planeta contaminado e outro libre de fumes.

 A entrega de premios celebrouse en Lugo na propia Biblioteca Nodal.
PARABÉNS  ANTÍA!!
 E  PARABÉNS  TAMÉN  AO  RESTO  DE  PARTICIPANTES!!


martes, 18 de junio de 2019

PROGRAMANDO O ESCORNABOT

  Traballando os contidos de debuxo técnico 5º e 6º de Primaria, propuxémoslle ao nosos alumnado que deseñara unha figura para o escornabot ligado aos contidos de traballados.

   Primeiro planificaron: fixeron os bocetos nos que mediron as distancias e os ángulos de xiro.
 


   Despois pasaron a planificación a linguaxe de programación Arduino: programar, verificar, compilar e enviar ao noso escornabot.


   Para rematar, comprobamos que o escorna fai algo semellante ao modelo proposto.

 

   Houbo outras figuras que non conseguiron parecerse ao modelo inicial porque tiñan moita dificultade pero...para o ano seguro que o acadamos!!


viernes, 14 de junio de 2019

CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

   Este venres fíxose entrega na Biblioteca Pública Municipal de Sober dos premios aos alumnos e alumnas gañadores da fase local do Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2019 convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo, que este ano propuxo como tema "A revolución do cambio climático".

    Os gañadores e os seus traballos foron os seguintes: 
DEBUXO
Categoría A, ata 8 anos 
1ª premio ANTÍA GAGO FERNÁNDEZ
2º premio DARÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
3º premio IRIA GONZÁLEZ CASARES
Accésit LUCAS RODRÍGUEZ FREIRE

Categoría B, de 9 a 11 anos
1º premio UXÍA TRAIL BATES
2º premio VALENTINA BROWN RAVAGNI
Categoría C, de 12 a 16 anos
1º premio LAURA RODRÍGUEZ FREIRE

2º premio AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
NARRACIÓNS
Categoría B, de 9 a 11 anos
1º premio UXÍA TRAIL BATES

2º premio LAURA GÓMEZ GRANDE

3º premio  MARA LÓPEZ RIVERA
Accésit CÉSAR DURÁN VÁZQUEZ

Accésit XOSÉ SENÉN HERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
Categoría C, de 12 a 16 anos
1º premio  AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO
NORABOA  A  TODOS  OS  PREMIADOS!!
E  TAMÉN  AOS  NON  PREMIADOS  PORQUE  SEMPRE  QUE  PARTICIPADES  NOS  CERTAMES  PROPOSTOS  DEIXADES  VOAR  A  VOSA  IMAXIANACIÓN!!