viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN

  O 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: o  Día Escolar da Paz e a Non Violencia  e o  Día da Ilustración en Galicia; unha conmemoración que entronca directamente co obxectivo 16 da Axenda 2030.

 
    Por iso tivemos no colexio á autora e ilustradora  Estefanía Padullés  que nos falou do seu traballo como ilustradora e da diferencia entre debuxo e ilustración, sabes cal é esta diferenza? Pois a principal diferenza é que a ilustración acompaña a un texto ao que precisamente como di o seu nome, ilustra; mentres que o debuxo non.
 
 
   Despois fíxonos unha demostración e propúxolles aos nenos e nenas facer a súa propia ilustración da frase de Gandhi  "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"   xa que precisamente o 30 de xaneiro é a data na que conmemora este día porque é a data na que el foi asasinado.
 
 
  Podedes ver todas as ilustracións no seguite pdf:
 
 
 
Despois reflexionaron sobre o Premio Nobel da Paz, que é? quen o merece?
 
 E fixeron unhas ilustracións entregando o Premio Nobel da Paz a familiares, amigos, compañeiros... que eles cren que merecerían recibilo.

 
   Para rematar, Estefanía contoulles os nenos e nenas de Infantil o seu libro A manchas ou a raias? (Hércules Edicións) á vez que ía facendo un mural cos protagonistas. 
 
 
   Así puideron coñecer a historia de confrontación entre os animais a manchas (xirafas, guepardos...) e os animais a raias (tigres, cebras...) e como a través do diálogo que xorde de maneira inesperada entre Gresa e Leopardo conseguen comprender que o aspecto da súa pel non é importante, facendo fincapé en valores como a toleracia, o diálogo e o respecto a diferenza.
 
   Agora só queda darlle cor as ilustracións que nos deixou Estefanía para poder colgalas nos corredores e que nos lembren o que hoxe aprendemos.

  Ademais, antes de marchar, Estefanía adicounos os libros escritos por ela que temos na biblioteca
Leopoldo, o pequeno monstro

A manchas ou a raias?

    Para rematar a conmemoración deste día o alumnado de Ed. Primaria coloreu uns puntos de lectura con imaxes, palabras e mandalas relacionados con esta data.
 

lunes, 25 de enero de 2021

AS NOSAS XEOSFERAS (3º e 4º Primaria)

Para coñecer un pouco mellor a composición do noso planeta, propuxémoslle ao alumnado de 3º e 4º curso que elaborara unhas maquetas das capas da xeosfera e das unidades de relevo do noso país. 

Deste modo, non soamente aprendemos un pouco máis sobre os contidos que estabamos a estudar en Ciencias Sociais senón que tamén, descubrimos que podemos divertirnos e ser  creativos mentres repasamos os contidos vistos na clase. 

Premede nas iconas para poder visualizar como quedaron os traballos ou, mellor dito, as obras de arte que fixeron. Son verdadeir@s xeni@s!


Esperamos que vos gusten moito!



miércoles, 20 de enero de 2021

NEVE ARTIFICIAL

    Xa que estamos en inverno e a borrasca Filomena non deixou neve por esta zona, decidimos fabricar a nosa propia neve na biblioteca.


   A receita da nosa neve recollémola no seguinte enlace ¿Cómo hacer nieve artificial? escollendo a primeira opción porque tamén nos permite traballar coas matemáticas.

  Necesitamos soamente 2 ingredientes: BICARBONATO  DE  SODIO  e  AUGA.

  Nun prato mestura 2 partes de bicarbonato sódico cunha parte de auga e xa podes comezar a xogar!

 

    Se queres variar as cantidades para conseguir máis neve recorda que sempre tes que botar o DOBRE de bicarbonato que de auga, é dicir MULTIPLICA  POR  DOUS  A  CANTIDADE  DE  AUGA para saber canto BICARBONATO necesitas.

 

   Despois fixemos un boneco de neve que se convertiu no protagonista duns relatos escritos polo alumnado e que podedes escoitar nos seguintes enlaces de Radiouvín:

OS  BONECOS  IRMÁNS (Mencía Fernández Rodríguez) 

LECTUVÍN  E  COPIÑO (Germán González Quiroga)

 UN  NOVO  AMIGO (Cristian Dourado Rodríguez)

AS  AVENTURAS  DE  COPITO  E  LECTUVÍN (Valeria Ledo Doval) 

O  BONEQUIÑO  DE  NEVE (Darío Fernández González)

O  NOSO  AMIGO  DE  NEVE  (Libertad Fernández Piñeiro)

SOMOS  AMIGOS (Gareth Vila Rodríguez)

IMAXES  DA  ACTIVIDADE

lunes, 11 de enero de 2021

AGASALLOS DE REIS

     Parece que os nenos e nenas deste cole se portaron moi ben porque ao chegar das vacacións de Nadal atopamos uns agasallos que os Reis Magos deixaron para as bibliotecas de aula.

 

   Por mor da situación actual só uns representantes de cada aula foron os encargados de abrir os paquetes e levalos ás súas aulas

 
 


FELICES  LECTURAS!!

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME DE NADAL

 Cada ano todo o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal.  
 
    Por iso as nosas postais que adornaran a biblioteca en decembro, tamén se puideron ver durante todas as vacacións de Nadal na BPM.
 
    Para realizar as postais deste ano elaboramos diferentes titoriais que o alumnado debía seguir segundo o modelo que ía a facer.
   
 
 
 

 
     E o resultado foi estupendo como podedes ver nas seguintes imaxes da nosa biblioteca.
 
 
    Durante a entrega de premios algúns alumnos/as do centro presentes no acto recolleron o premio do colexio á participación no certame xa que con estas postais non participamos de xeito individual. 
 

 
   Podedes ampliar a información sobre esta noticia nas seguintes publicacións dos xornais:
El Progreso, 10-01-2021

La Voz de Galicia, 11-01-2021