martes, 30 de enero de 2024

DÍA DA PAZ: EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA

    O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e para facelo, como estamos inmersos no proxecto XOGOS OLÍMPICOS, queremos falarvos sobre a EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA.

    O primeiro foi averiguar que era iso da TREGUA OLÍMPICA polo que un grupo de alumnos de 5º de Primaria buscou información e preparou unha presentación e un programa de radio para explicarllo ao resto do alumnado.


 

TREGUA OLÍMPICA de Biblioteca VIRXE DO CARME

  

    Unha vez que xa sabiamos que a EKECHEIRIA era un período no que as guerras e os conflitos entre as cidades e os reinos se suspendían para que se puidesen realizar as olimpíadas, puidemos reflexionar sobre palabras e conceptos relacionados co deporte e a paz que despois recortamos para poñer no noso mural: XUSTIZA, XOGO LIMPO, CONVIVENCIA, SOLIDARIEDADE, DIÁLOGO, RESPECTO, TOLERANCIA...


   Tamén fixemos unha sopa de letras que deseñaron un grupo de alumnos de 1º e 2º de primaria na que tiñan que atopar estas palabras:



   Cando xa tivemos claro a importancia dos valores do deporte e que a través deles se pode chegar á PAZ comezamos a elaborar o noso mural co que pretendemos que non se olviden do traballado para esta data.

   Como imaxe central decidimos utilizar o símbolo da Tregua Olímpica que é unha pomba da paz cunha rama de olivo que voa sobre os aros olímpicos coa chama olímpica de fondo formada por diferentes cores que representan a persoas de todas as razas.

 


   Ás chamas démoslle cor coas pegadas dixitais de todo o alumnado do centro e do PAI de Sober e aos aros coas mans do alumnado de infantil.




      Podedes ver o resultado final na seguinte imaxe:


   Para rematar as actividades deste día, quixemos tamén conmemorar o Día da Ilustración que se celebra na mesma data polo que xuntando as dúas efemérides, todos os nenos e nenas do colexio, ilustraron un dorsal intentando replicar os iconos dos deportes olímpicos baixo o lema XOGANDO LIMPO  TAMÉN CONSTRUÍMOS A PAZ (non facendo trampa, respectando as regras, sabendo perder e sabendo gañar, xogando con todos sen deixar a ninguén de lado...)


 
    Damos por finalizada a actividade facéndonos eco das palabras de Thomas Bach, presidente do Comité Olímpico Internacional (COI) e campión olímpico:

Os Xogos Olímpicos mostran ao mundo como competir pacíficamente. Ensínannos que, a pesar de todas as nosas diferenzas, é posible que a humanidade viva xunta en paz, respecto e armonía.”

GALERÍA  DE  IMAXES 

 

jueves, 25 de enero de 2024

PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (I)

    Durante o segundo trimestre, os nenos e nenas da aula de Ed.Infantil A estiveron inmersos nun proxecto de investigación sobre os pingüíns.
 
    O interese xurdiu cando, dende a misma Antártida, chegou o Pingüín Marcelino.

 
    Aproveitando o interese creado por Marcelino e traballando a partir de varios contos como Con Tango son tres de Justin Richardson e Peter Parnell, Volando voy de Rob Biddulph ou Malina Pies fríos de David Fernández e Alicia Borges, foron investigando e aprendendo un montón de cousas sobre estos animais.
  
   Aprenderon en que partes do mundo viven os pingüíns
 
E tamén o que comen

Ademais descubriron como nacen estes animais e a secuencia do seu nacemento.

  E aproveitaron a traballar tamén un pouquiño a lóxica matemática asociando os números coa cantidade en diferentes soportes.

  

CARTAS DENDE A RÍA (III)

NOVAS  CARTAS  DENDE  O CEIP  DE  SEARA!!

Acabamos de recibir novas cartas do CEIP de Seara dentro do proxecto CARTAS DENDE A RÍA!


    E como podedes ver nas seguintes imaxes, fixéronnos tanta ilusión como as primeiras!

 
 
 
 
 Ademais tamén nos enviaron un montón de debuxos, imaxes e sorpresas!!
 
 

MOITAS  GRAZAS  POLAS  VOSAS  CARTAS  E  OS  VOSOS  AGASALLOS!

GUSTÁRONNOS MOITÍSIMO!!

GALERÍA  DE  IMAXES 

viernes, 19 de enero de 2024

CLUB DE LECTURA (6 / 2023 - 2024)

   Coa primeira sesión do club de lectura do ano estreamos tamén un novo libro da autora Ledicia Costas: O neno de lume.

   Comezamos a reunión falando da autora e doutros libros seus que temos na biblioteca e que algúns membros do club xa leron:

  A continuación lemos a sinopse que aparece na contraportada do libro e falamos sobre as expectativas que a historia nos xenerou; mesmo algún relacionou a Luminaria con Pepito Grillo... haberá que comezar a ler e esperar á próxima reunión para ver se se cumpren os pronósticos sobre a historia.



martes, 16 de enero de 2024

PROGRAMANDO PARA APRENDER - FORMACIÓN B. CREATIVA

     Pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), permítenos seguir participando no Proxecto BIBLIOTECA CREATIVA e esta participación permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.


   Este ano Almu Alonso e Elena C. Insua, especialistas en tecnoloxía esucativa, foron as encargadas de desenvolver o obradoiro Programando para aprender: iniciación á programación por Bloques en contexto.

   Con este obradoiro prentendíase que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria descubrise e explorase as posibilidades da programación enfrontándose a diferentes retos.

  O primeiro consistiu en facer "aparecer" os aros dos xogos olímpicos no encerado dixital sendo capaces de conectar circuítos.

   A continuación tiveron que facer pequenas programacións con scratch para conseguir que o seu sprite (gato, rato, animal mariño...) superase algunhas probas olímpicas: 100 m lisos, 400 m...


     A seguinte proba consistía en elaborar un mural interactivo para o que debían facer en scratch a programación correcta coa placa makey - makey e conectala co mural feito con plastilina, papel de aluminio...



    Aínda que os resultados non foron tan bos como esperabamos xa que non nos deu tempo de rematar o traballo, algúns murais xa empezaban a funcionar.




  A segunda parte do obradoiro centrouse nos ESCORNABOTS; sobre todo, en intentar arranxar os escornabots que non funcionaban ben.




    Unha mañá moi productiva coa que nos quedou moi claro que aínda temos moito que aprender!

GALERÍA  DE  IMAXES