viernes, 27 de marzo de 2015

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO: ENTREGA DE PREMIOS

    Hoxe, na Casa da Cultura de Sober foi o acto de entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Sober.

   Neste certame participaron case todos os alumnos e alumnas do noso centro e alumnos e alumnas do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón.

   Todos os participantes que recibiron como agasallo unha meleira da alfarería de Gundivós:

  



    Recordamos que a gañadora foi Lisbeth Sánchez Díaz que recolle no seu debuxo o traballo realizado nunha viña durante todo o ano desde a plantación ata a Feira do Viño:




    O resto dos debuxos podedes recordalos no libro dixital adxunto e na foto tedes os debuxos dos alumnos e alumnas de Ferreira de Pantón.
XXXV FEIRA DO VIÑO 


NOS LEMOS, E TI?

    Xa rematou o prazo para participar  no concurso convocado pola Asociación do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) para o Día Internacional do Libro Infantil: Nos lemos, e ti?  no que os alumnos/as debían enviar un selfie lendo un libro en galego.

   Aquí tedes os selfies dos alumnos e alumnas que participaron:








 


martes, 24 de marzo de 2015

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

     Coa chegada da primavera celebramos o "Día da árbore e a auga" xa que sempre é necesario recordar a importancia destes bens imprescindibles para a vida.  Para esta conmemoración o centro sumouse á proposta da Deputación de Lugo:
      
     O primeiro foi plantar o noso acivro na entrada do colexio onde todos o poidamos disfrutar e continuación bautizámolo co nome de Pinchiños
 
     
    Para rematar, como agasallo da Deputación; todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria recibiron un libro que será o protgaonista do clube de lectura do mes de abril:

lunes, 23 de marzo de 2015

ASÍ SE VIU O ECLIPSE DE SOL

    Despois de investigar tanto sobre o eclipse de Sol, aquí deixamos unfa foto de que como se viu o eclipse desde a comarca veciña de Monforte.

jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL

   Mañá poderá verse en Galicia un eclipse de Sol.

   Pero... que é un eclipse de Sol?

   Para descubrir exactamente en que consiste este fenómeno, os nenos e nenas do primeiro ciclo fixeron un traballo de investigación sobre este tema utilizando como recurso a prensa.

   O primeiro paso foi un traballo individual de busca na súa casa de noticias da prensa que se fixeran eco deste fenómeno e recortalas para traelas á aula.

   Despois, unha posta en común das noticias que trouxeron parra extraer delas a información necesaria.

    Para completar a información, buscaron e visionaron algúns vídeos na rede cos que completar o coñecemento sobre os eclipses solares. 

   Podedes acceder a estes vídeos premendo sobre eles:

http://didactalia.net/comunidad/materialeducativo/recurso/eclipse-de-sol-y-luna-3-ciclo-de-primaria/b3bca0ec-031b-4e2a-84f0-91ef0f0dbbd5

http://elpais.com/elpais/2015/03/18/media/1426682303_698852.html


https://www.educaixa.com/microsites/Flash/Las_sombras_sistema_solar/index.html

   Para plasmar toda a información recollida, os alumnos elaboraron un mural coloreando os astros que interveñen neste fenómeno: a Lúa, o Sol e o planeta Terra.


   Para rematar, os pequenos de Primaria foron os encargados de transmitir estes coñecementos aos maiores: aos alumnos de 6º que quedaron encantados da súa explicación.

E RECORDADE:  NUNCA MIREDES DIRECTAMENTE AO SOL DURANTE UN ECLIPSE SOLAR!!

miércoles, 18 de marzo de 2015

CIENCIA NA BIBLIOTECA: DESDE O MAR Á FARMACIA

     María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober, voltou á nosa biblioteca.

   Esta vez ofreceulles aos alumnos e alumnas de Educación Infantil unha charla científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"



     Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigavión en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente.

    Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado.