"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Rematamos marzo cunha nova sesión destes obradoiros subvencionados pola ANPA.
O alumnado de 1º e 2º seguiu traballando cos tipos de palabras que son importantes para obter información dun texto; se na sesión pasada os protagonistas eran os nomes, nesta ocasión os protagonistas foron os verbos.
Os nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria seguiron praticando para elaborar diferentes tipos de esquemas: lineais, de desenvolvemento numérico, mapas concpetuais...
Como cada ano, participamos nos Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia celebrados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para formarnos sobre temas tan interesantes como o futuro das bibliotecas, o poder TRANSformador da biblioteca na educación do S. XXI, a inclusión de videoxogos como un recurso máis da biblio, os libros de non-ficción e a plataforma ELBE.2 da que vos falaremos en breve.
Ademais tivemos un momentiño para coñecernos e sacarnos unha fotografía case todos os responsables das bibliotecas escolares da provincia de Lugo.
Cos poemas dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, rematamos as propostas do Día da Poesía (21 de marzo) que este ano organizamos dentro das actividades do Mes do Amandi no que o Concello organiza actividades culturais arredor da XLII Feira do Viño de Amandi que é un dos eventos máis importantes que se celebranen Sober
Os poemas destes nenos pertencen tamén ao libroBebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Comezamos co poema Muiñada, publicado por primeira vez no Heraldo de Galicia en 1932. Está recitado por Xiana, Manuel Vázquez, Xoán, Noa, Manuel López, Ainhoa, Carla, Saúl, Nicolás e Laura.
Rematamos co poema titulado Casoiro, composición na que o autor representa unha voda onde os protagonistas son diferentes variedades de uva: mencía, godello, merenzao, Caíño... Recitado por Gabriel, Hugo, Valeria, Silvia, Carla, Ángel e Leonor.
Nesta nova sesión da actividade Aprender a estudiar e Comprendo o que leo organizada pola ANPA, o alumnado de 3º a 6º de Primaria segue a practicar con textos para aprender a subliñar e elaborar diferentes tipos de esquemas a partir da información obtida.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria, estivo traballando conceptos como nome común e nome propio, campo semántico, campo léxico...
Seguimos celebrando o Día da Poesíae oMes do Amandi recitando novos poemas do libro BebedeiradeFlorencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Nesta ocasión escoitaremosSaga do río pándigo (poema dedicado ao Río Sil) nas voces de Mencía, Susana, Naím, Iria, Valeria, Gissela y Gareth .
Tamén podedes escoitar o poema Festas. Folión de vran publicado n'A Nosa Terra en 1931 co título Folión de Santiago. Encárganse de recitalo Pau, Hugo, Pilar, Lola, Lucía e Lucas Rodríguez.
Estade atentos/as as seguintes publicacións porque aínda quedan máis poemas por escoitar!!
O alumnado de 3º e 4º de educación primaria estivo a traballar nun proxecto titulado "Animais fantásticos e onde atopalos" en base ao libro da autora británica J.K. Rowling, publicado en 2001, sobre criaturas máxicas de Harry Potter.
Como en ciencias naturais estivemos aprendendo todo o relacionado co reino animal, planeamos xuntar este mundo con outro que nos apaixona: AMAXIA. Pois ben, dende a Academia Máxica (aula de 3º-4º) o alumnado tivo que inventarse o seu propio animal fantástico. Primeiro, cubriron unha ficha de investigación na que tiveron que poñer os datos e as características principais da súa creación: tipo de alimentación, grupo e subgrupo, tipo de reprodución, lugar de procedencia... Todas as fichas, agrupáronse e creamos o noso propio libro que pasou a formar parte da Maxiteca e da Biblioteca do Centro.
Ademais, desta tarefa o alumnado tamén elaborou as maquetas dos seus animais. Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo e poderedes admirar as súas obras.
Agora, xa sabedes onde se atopan os animais fantásticos? Shhhhhh...Gardade o segredo!
Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou no obradoiro OS NOSOS ILUSTRES INSTRUMENTOS dentro da campaña IlustrarNÓS organizada pola Deputación de Lugo e solicitada pola ANPA.
Juan A. Álvarez foi o encargado de presentarnos un montón de instrumentos tradicionais galegos de percusión uns máis coñecidos como o tamboril, o pandeiro ou a pandeireta e outros máis descoñecidos como a pandeira ou o charrasco. Tamén nos amosou como facer música con obxectos que non son instrumentos como as piñas ou as cunhas
Pola súa banda, a ilustradora Laura Romero ensinounos a darlle vida aos instrumentos poñéndolles rostro e corpo.
Na segunda parte do obradoiro, deixamos os instrumentos de percusión e coñecemos o pícolo, a gaita e a zanfona.
E rematamos volvendo a debuxar, desta volta convertemos a gaita nun parrulo seguindo o exemplo de Laura; así nas nosas ilustracións podedes ver un instrumento de percusión escollido polo alumnado e a gaita.
MOITAS GRAZAS POLA ORGANIZACIÓN DESTAS A CTIVIDADES TAN INTERESANTES!!
O 21 de marzo é o Día da Poesía e ademais en Sober estase celebrando tamén o Mes do Amandi no que o Concello organiza actividades culturais arredor da XLII Feira do Viño de Amandi que é un dos eventos máis importantes que se celebran aquí.
Unha destas actividades culturais programadas era un recital poético polo Día da Poesía basado no libroBebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.
Este libro de poesía ten como protagonistas principais as viñas e o viño aínda que tamén ten poemas dedicados ás árbores, ás plantas, á paisaxe...
Ao final non puidemos ir ao Salón de Actos da Casa da Cultura para o recitado pero gravamos os poemas para compartilos con todos/as os/as que os queirades escoitar.
Hoxe comezamos co poema Cantiga da vindima, unha actividade vinícola que o noso alumnado coñece moi ben xa que a maioría das familias do colexio teñen viñas de consumo propio ou como actividade económica. Está recitado por Carlota, Nayara, Javier, Lara, Pablo, Candela, Diego, Antía e Ada.
Continuamos con Aí vén o Maio recitado por Pablo, Daniela, Martín, Germán, Cristian, Darío, Libertad, Yanira e Lucas Fernández.
Estade atentos/as o resto da semana que iremos publicando os seguintes!!
Nesta sesión de As familias contan, tivemos na biblioteca a Leonor e a súa nai Cristina. Elas viñeron a contarlle aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria un par de contos:
Comezaron polo libro Queda sitio na vasoira? de Julia Donaldson; unha aventura rimada e acumulativa na que unha bruxa que vai moi contenta voando na vasoira con seu gato perde o lazo da trenza e ten que aterrar para buscalo. Así coñecen un can, unha paxara, unha ra e un dragón dos que se farán moi amigos.
A continuación contaron La extraordinaria historia de la gallina Manuela de André Bouchard: libro de humor co que coñecemos a Manuela, unha pita de cidade que vive nun piso, madruga e traballa nunha fabrica poñendo ovos. Pero tan pronto como elas comezaron a ler, decatámonos de que esta non era unha historia normal xa que ao neno protagonista non lle parece moi real e interrumpe ao seu pai constatemente: Pero se as pitas non teñen dentes! As pitas non voan!
Ao final, Manuela farta de que non a deixen vivir tranquilamente a súa aventura, sae do libro e ten unha charla co neno e seu pai... como acabará a historia?
Despois Cristina e Leonor pasaron pola radio para compartir con todos o libro Queda sitio na vasoira? que podedes escoitar no seguinte podcast.
Comezamos un novo libro no club de lectura: As laranxas máis laranxas de todas as laranxasde Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.
Con esta obra teatral tan divertida da nosa literatura, Carlos Casares recibiu o premio "Concurso de teatro infantil galego” convocado pola Agrupación Cultural “O Facho”
Aínda que en principio parece un libro doado de ler, quixemos escollelo para que xs membros do club lean libros de todos os xénero literarios; e o teatro é o xénero que, segundo as enquisas iniciais que lles fixemos, menos len. Así que esperamos que con esta obra lle perdan o medo aos textos teatrais.
Primeiro presentamos ao autor, falamos da súa obre e lemos un fragmento do libro Onde vai Carlos? de Xosé A. Perozo.
Despois comezamos o libro comentando entre todos o escenario debuxado nas primeiras páxinas da obra e lendo a contextualización que aparece a continuación.
Tamén fixemos fincapé na importancia das acotacións (en cursiva) e de fixarse ben en que personaxe está falando en cada momento da lectura (en maiúscula).
Esperemos que os nenos e as nenas desfruten da lectura desta obra e mentres tanto, deixamos esta selección de obras de Carlos Casares no punto de novidades da biblioteca.