"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Mentres estabamos de vacacións de Nadal, no Concello de Sober entregáronse os Premios do Certame de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Sober, un certame no que sempre participamos enviando unhas fermosas postais de Nadal feitas por todo o alumnado do colexio.
Pola nosa participación, recibimos un agasallo e un diploma que recolleu a mestra Antía xunto aos outros participantes.
Pero antes de chegar á Biblioteca Pública, estas postais xa estiveran decorando a nosa propia biblioteca. Mirade que bonitiña quedaba!!
A continuación compartimos tamén algunhas fotos do proceso:
O 22 de novembro celébrase o día de Santa Icía, patroa da música. Desde hai varios anos, no colexio conmemoramos esta data organizando a Semana da Músicacoa finalidade de coñecer mellor un instrumento musical.
Esta é a décimo terceira convocatoria e xa pasaron pola biblioteca o piano, a guitarra, a familia do vento
madeira, instrumentos tradicionais galegos... e, o ano pasado, a trompeta.
Para continuar coa familia do vento metal, nesta ocasión decidimos coñecer máis a tuba pero tamén puidemos escoitar a trompa e o bombardino.
Durante toda a semana, os nenos e a nenas do colexio fixeron un traballo de investigación sobre o instrumento protagonista deste ano para poder superar os diferentes retos e preguntas que foron aparecendo na porta da biblioteca.
Para completar a formación sobre estes instrumentos tivemos na biblioteca a Lucas Álvarez Abella, intérprete de tuba na Banda de Música de Sober e mestre no Conervatorio de Monforte, acompañado de Saúl que toca o bombardino e de Leonor que toca a trompa.
Lucas explicounos moitas cousas sobre a tuba e os demais instrumentos de vento metal: que instrumentos forman parte da familia do vento metal, que diferencias hai entre eles, a súa historia...
Tamén aprendemos moito sobre como se produce o son e o mecanismo destes instrumentos escoitando incluso como varía o son movendo as válvulas que poden axudar á súa afinación.
Ademais de todos os coñecementos teóricos puidemos escoitalos aos tres en directo como solistas e formando un trío.
Para rematar, Lucas entregou os agasallos do certame de investigación entre os que había unhas claves de sol e unhas boquillas de tuba impresas en 3D que puidemos comprobar que realmente funcionaban.
Se vós tamén queredes aprender moito sobre esta familia de instrumentos, podedes escoitar a entrevista que Saúl, Leonor e Xoán lle fixeron a Lucas en Radiuvín.
Como cada ano cando chega esta data, no colexio e na biblioteca facemos un montón de actividades para celebrar Halloweene Samaín.
Comezamos coa exposición de todas as creacións artísticas terroríficas que trouxeron os nosos nenos e nenas das súas casas.
Tamén colocamos no corredor principal unha selección de lecturas de medo para todas as idades coa intención de fomentar a lectura entre todo o alumnado.
Ademais volvemos a convocar o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinvente a historia; este ano os libros escollidos foron Os catro gatos de Archibaldo de Gaëlle Duhazé eO caderno de Roque de Carlos Taboada.
Nas seguintes imaxes podedes ver aos participantes no certame e aos
gañadores que nos leron os seus relatos na biblioteca.
Podedes escoitar os relatos gañadores nos seguintes enlaces:
Para rematar a Semana das Letras Galegas dedicada á poesía popular e ás cantareiras, fixemos entrega dos premios do Certame de Investigación Letras Galegas 2025 no que tiñan que resolver os cuestionarios que elaboramos utilizando o material publicado polo Seminario Galán sobre as homenaxeadas deste ano.
Comezamos entregando un agasallo a todos os nenos e as nenas que decidiron participar neste certame de investigación e despois entregamos os premios ao alumnado que fixo unha investigación perfecta sen ningún erro.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR E FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!