"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
jueves, 25 de junio de 2026
RETO LECTOR VERÁN 2026
viernes, 15 de mayo de 2026
DÍA DAS FAMILIAS 2026: En Familia
Como cada 15 de maio, dende as aulas de Infantil, quixemos conmemorar o Día das Familias. Para isto, afondamos nas diferentes formas de familias que coñecemos e na incorporación das mascotas como un membro destas lendo o libro de En familia de Olga de Dios.
martes, 21 de abril de 2026
ANIMACIÓN Á LECTURA: EREA MORA
Hoxe comezamos as actividades do Día do libro cunha sesión de animación á lectura con Erea Mora, a través da editorial Vicens Vives.
Nesta sesión coñecemos a unha bolboreta que tiña un problema: As súas ás eran brancas!!
Para solucionalo busca axuda noutros animais do bosque como o coello que lle presta unha cenoria para a cor laranxa, a rá que a embarra para dárlle cor marrón e o raposo que lle regala amorodos para a cor rosa.
Tamén aparecerá un anano que remata de pintarlle as ás a bolboreta para que sexan unhas ás marabillosas!!
Pero... neste conto tamén hai unha bruxa que non é tan boa e que lle borrou todas as cores deixándo as ás brancas outra vez.
Menos mal que volveu anano para arranxalas e finalmente bolboreta pode ter unhas ás preciosas cheas de mil cores!!
martes, 7 de abril de 2026
QUE QUERES SER DE MAIOR, PEQUENA? As nosas ex-alumnas contan
O martes de Pascua é festivo local en Monforte que é a cidade á que os nosos alumnos teñen que ir ao instituto. Como as nosas ex-alumnas ex-biblioaxudantes Ada, Daniela, Nayara, Lara, Candela e Antía non tiñan clase, quixeron vir a compartir con nós o libro Que queres ser de maior, pequena? de Sabela Fernández Trelles.
Así coñecemos á protagonista deste libro, Antía, á que non lle gusta nada que sempre lle pregunten que quere ser de maior; e, aínda menos, que os seus pais contesten: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!».
Ela ten moi claro á que lle gustaría dedicarse xa que hai seis oficios nos que pensa que sería moi boa. A primeira opción é ser coidadora de vacas voadoras que non é que non existan, senón que ninguén as coñece porque son tan áxiles que ata poden surfear na praia de A Coruña.
A seguinte opción é coleccionista de bicos que, aínda que o pareza, non é nada sinxelo coleccionar bicos e gardalos no corazón: BEIXICLÍN!
Tampouco estaría nada mal ser escultora de nubes e ir cambiando a súa forma, lectora de desexos para coñecer as ansias de cada un ou domadora de unicornios que non son tan doces como parecen.
E nun lugar como a biblioteca, a quen non lle gustaría ser gardiá de historias? Das escritas ou das que conta a xente maior, de aventuras, de mariñeiros ou doutras que aínda están por contar.
E xa non vos contamos máis... se queredes saber que vai ser Antía de maior e coñecer o resto desta historia, podedes facelo no seguinte podcast que nos deixaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS POR VIR A COMPARTIR ESTA LECTURA, DEDICÁNDONOS O VOSO ÚLTIMO DÍA DE VACACIÓNS!!
OXALÁ QUE DE MAIORES POIDADES SER O QUE QUEIRADES SER!!
viernes, 30 de enero de 2026
CONTOS PARA O DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR. Este ano, quixemos conmemoralo cunha sesión de contos pola paz coa narradora Teresa Grau e coa colaboración de Mercedes Fernández; unha actividade que foi subvencionada pola Asociación de Nais e Pais do colexio.
viernes, 7 de noviembre de 2025
OS BOLECHAS NO COLEXIO
Este fin de semana celébranse en Sober as festas patronais que tiveran que aprazarse polos incendios de setembro. Dentro do programa das festas, o Concello de Sober convidou a Os Bolechas a vir ao colexio para pasar un rato divertido co noso alumnado que non parou de bailar e rir durante esta visita.
Para seguir disfrutando destes personaxes, lembrade que podedes levar prestados todos os libros que temos na biblioteca sobre eles, dos que aquí deixamos unha mostra:
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO POR ESTA ACTIVIDADE!!
Podedes ver todas as imaxes dela no seguinte enlace:
jueves, 30 de octubre de 2025
SAMAÍN 2025
Como cada ano cando chega esta data, no colexio e na biblioteca facemos un montón de actividades para celebrar Halloween e Samaín.
Comezamos coa exposición de todas as creacións artísticas terroríficas que trouxeron os nosos nenos e nenas das súas casas.
Tamén colocamos no corredor principal unha selección de lecturas de medo para todas as idades coa intención de fomentar a lectura entre todo o alumnado.
Ademais volvemos a convocar o certame de creación literaria no que lle demos ao alumnado o principio dun libro para que reinvente a historia; este ano os libros escollidos foron Os catro gatos de Archibaldo de Gaëlle Duhazé e O caderno de Roque de Carlos Taboada.









.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)