O blogue de lectuvín é un cuestionario para coñecer a túa opinión sobre o noso blogue.
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
jueves, 28 de mayo de 2015
QUEREMOS COÑECER A TÚA OPINIÓN
Este ano houbo moitos cambios e novidades na biblioteca e queremos saber a túa opinión sobre eles a través de dous cuestionarios.
O blogue de lectuvín é un cuestionario para coñecer a túa opinión sobre o noso blogue.
Novos recursos na biblioteca é un cuestionario para coñecer a túa opinión sobre algunhas das actividades realizadas.
Moitas grazas pola túa colaboración
O blogue de lectuvín é un cuestionario para coñecer a túa opinión sobre o noso blogue.
miércoles, 27 de mayo de 2015
martes, 26 de mayo de 2015
lunes, 25 de mayo de 2015
UN DÍA EN EL BOSQUE
Pues aquí tenemos el resultado del concurso Un bosque de cuento!!!
Orgullosísima de los alumnos de 1º y 2º y agradecida a todos los que nos habéis votado y dado vuestro apoyo!!
Agradecida también al jurado que ha decidido que nuestro cuento fuese el ganador del concurso!!
Orgullosísima de los alumnos de 1º y 2º y agradecida a todos los que nos habéis votado y dado vuestro apoyo!!
Agradecida también al jurado que ha decidido que nuestro cuento fuese el ganador del concurso!!
De nuevo os dejamos el enlace para que podáis leer el cuento con el que han ganado:
Un día en el bosque (1º y 2º de Primaria)
CLUB DE LECTURA: La maravillosa medicina de Jorge (Roald Dahl)
Esta sesión do club de lectura ten como protagonista o libro La maravillosa medicina de Jorge de Roald Dahl.
Foi unha sesión moi divertida na que os membros do club investigaron nos ordenadores sobre o autor e sobre a obra da que viron algúns vídeos.
jueves, 21 de mayo de 2015
DESDE O MAR Á FARMACIA
Por última vez neste curso, hoxe veu a visitarnos María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober.
Esta vez foron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria os que escoitaron atentamente a charla
científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade
farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
Durante
este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir
moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación
puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa
ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros
investigadores .
Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para
o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas
indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no
envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.
Aos nenos e nenas gustoulles moito observar os exemplares de algas e outras especies mariñas disecadas que María Isabel nos trouxo.
lunes, 18 de mayo de 2015
QUE PASOU?
Co gallo das Letras galegas propuxémoslles aos alumnos de 3º e 4º de Primaria que se convertiran en escritores a través da seguinte actividade de creación literaria: QUE PASOU?
A partir da ficha que podedes ver cada neno ou nena, tiña que inventar unha historia e ilustrala cun debuxo.
Clicando na portada do libro que tedes abaixo poderedes ver todas as ilustracións e ler as historias correspondentes:
A partir da ficha que podedes ver cada neno ou nena, tiña que inventar unha historia e ilustrala cun debuxo.
Clicando na portada do libro que tedes abaixo poderedes ver todas as ilustracións e ler as historias correspondentes:
domingo, 17 de mayo de 2015
COMENDO CON FILGUEIRA VALVERDE
A figura de Filgueria Valverde está presente ata no noso comedor nos cartóns de leite de Feiraco
Aquí tedes aos primeiros observadores que se deron conta deste retrato:
INTERCAMBIO DE LIBROS: MERCADO DAS LETRAS E DAS FLORES
Durante o Mercado das Letras e das Flores, que tivo lugar os días 16 e 17 de Maio; os nenos, as nenas e os adultos que trouxeron libros a nosa biblioteca, disfrutaron deste espazo para escoller os novos libros que ían a levar.
viernes, 15 de mayo de 2015
LETRAS GALEGAS: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Para coñecer moitas cousas sobre el, desde a biblioteca organizamos un concurso cos materiais enviados aos centros pola Xunta de Galicia.
Cada neno tiña que cumprimentar á ficha correspondente á súa idade cos datos atopados na propia ficha, nos carteis das letras galegas, en internet e mesmo en diccionarios.
Este traballo de investigación sobre o autor que tivo a súa recompensa para aqueles nenos que máis repostas acertaron.
- Actividades EDILIM do SEMINARIO GALÁN:
INFANTIL
1º e 2º de Primaria
3º e 4º de Primaria
5º e 6º de Primaria
miércoles, 13 de mayo de 2015
POESÍA E MÚSICA NA BIBLIOTECA
Hoxe estivo na biblioteca o músico e compositor Héctor Lorenzo presentándonos algunhas das súas musicalizacións de poesías.
Foi un espectáculo participativo no que os alumnos puideron cantar con el algunhas das poesías musicalizadas e acompañar con palmas e movementos.
Esperamos poder contar pronto co seu libro-disco na biblioteca; mentres quedamos con estas dúas poesías que xa aprendemos:
A PULSEIRA
- Teño unha pulseira de diamantes
con pombiñas de cristal.
Queres que che faga outra igual?
- Sí, papá
- Teño unha pulseira de cristal
con pombiñas de diamantes.
Queres que che faga outra como a de antes?
- Sí, papá
A SERRÁ DE PAPÁ
Ris, ras, ris, ras
é a serra de papá
ras, ris, ras, ris
a que fai ese ruído
ris, ras, ris, ras
cando cantan pola mañá
ras ris ras ris
os paxaros no seu niño
ris ras ris ras
porque o sol se levantou
ras ris ras ris
cun sorriso no fociño.
viernes, 8 de mayo de 2015
UN DÍA EN EL BOSQUE
Desde o colexio estamos participando no concurso: Un bosque de cuento.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria escribiron un conto cheo de aventuras e amizade que se titula: Un día en el bosque.
Para que os nenos poidan gañar, necesitamos votos.
Os nenos de 1º e 2º de Primaria escribiron un conto cheo de aventuras e amizade que se titula: Un día en el bosque.
Para que os nenos poidan gañar, necesitamos votos.
Para votar segue estes pasos:
1) Preme no botón VOTA qu está debaixo do conto.
2) Completa os datos que piden.
3) Confirma o teu voto nun enlace que recibirás teu e-mail. SE NON SE CONFIRMA, O VOTO NON VALE.
1) Preme no botón VOTA qu está debaixo do conto.
2) Completa os datos que piden.
3) Confirma o teu voto nun enlace que recibirás teu e-mail. SE NON SE CONFIRMA, O VOTO NON VALE.
Para ler o conto clika na súa portanda:
lunes, 4 de mayo de 2015
DÍA DO LIBRO: HORA DE LER
Co gallo do Día - mes do Libro, durante o mes de abril todos os nenos e nenas de Educación Primaria realizamos a Hora de ler na biblioteca.
O resultado de estar lendo todos xuntos foi tan positivo que imos a seguir así durante todo o curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)