jueves, 23 de junio de 2016

CONVERSAS CON MANUEL MARÍA (23/06/2016)

    Na Biblioteca Pública Municipal do noso concello, tivo lugar a presentación do libro Conversas con Manuel María de Xosé Manuel del Caño.


   Nesta presentación o autor e Martínez Coello (ilustrador); adicaronnos un exemplar agasallo do Concello de Sober para a biblioteca:

miércoles, 22 de junio de 2016

TEATRO NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

    O teatro non pode deixar de estar presente no noso festival de fin de curso.

    Este ano as obras escollidas foron:

1º e  2º PRIMARIA "La estatua" de Euloxio R. Ruibal


3º PRIMARIA: "La foto" Adapatación de "El pequeño Nicolás" de Goscinny Sempé


4º PRIMARIA: "Un encuentro afortunado" Adaptación dun conto popular


martes, 21 de junio de 2016

FIN DE CURSO NA BIBLIOTECA

Co fin de curso, rematan tamén as actividades na biblioteca. Para despedirnos facemos entrega de varios premios e agasallos:
 
PREMIOS  CERTAME  DE  INVESTIGACIÓN
SOBRE  A  FIGURA  DE  MANUEL  MARÍA

PREMIOS  AOS  NENOS  E  NENAS  MÁIS  LECTORES


AGASALLOS  AOS  BIBLIOAXUDANTES


AGASALLOS  PARA  AS  DÚAS  PROFES  QUE  NON 
SABEMOS  SE  PODERÁN  SEGUIR  CON  NÓS
 

lunes, 20 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA

  Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:


jueves, 16 de junio de 2016

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén

     
     Hoxe tivemos na biblioteca a Sonia, á nai de Senén; quen rematou a actividade As familias contan por este curso.
    O conto elexido foi A bruxa enrabechada de Joles Sennell.
 


    Este conto pertence á colección Carteira de valores da Editorial Baía e fálanos da resolución de conflictos de xeito pacífico:
"Sentiraste orgulloso de ti mesmo cando sexas quen de resolver un conflicto cun compañeiro,
unha amiga ou un descoñecido sen usar ningún tipo de violencia. Porque tamén se poden resolver os
problemas e as discusións falando e chegando a un acordo"

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!!
 

martes, 14 de junio de 2016

POEMAS MANUEL MARÍA - 4º Primaria

     Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 4º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:





   

AS NENAS CONTAN

    Hoxe foi o turno das nenas de 3º de Primaria. 

    Ainoha, Aitana, Mara, Laura e Uxía representaron a obra La foto basada no libro El pequeño Nicolás de René Goscinny


 

viernes, 10 de junio de 2016

POEMAS MANUEL MARÍA - 3º Primaria

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que as nenas de 3º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que elas mesmas elaboraron coa letra dos seus poemas:






jueves, 9 de junio de 2016

@S NEN@S CONTAN

    Hoxe foi o turno de 1º e 2º de Primaria. Laura, Pablo, Senén e Brais foron os encargados esta vez de representar con monicreques a súa obra El enemigo de Renito; escrita e representada por eles.

    Aínda que son "pequenos escritores" foi unha obra moi aplaudida polos seus compañeiros.


SEGUNDAS OPORTUNIDADES

    A fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, estivo na biblioteca para falarnos da súa exposición "Segundas oportunidades"

   Unha exposición que conta a historia de 68 mascotas que foron adoptadas despois de encontrarse en situacións de abandono; entre elas pitas, cans, cabalos, cabras....

    Os nenos e nenas estiveron moi atentos a estas historias e despois compartiron as súas propias



    Podedes ver o vídeo desta exposición no seguinte enlace e lembrar a intención desta charla nas verbas de Tamara:

https://drive.google.com/file/d/0B5IzYVQj89cNX3lOclVhamVweXM/view





miércoles, 8 de junio de 2016

COMO ALUMNO/A... QUE OPINAS DESTE BLOGUE?

Que vos parece o noso blogue da biblioteca?

Que é o que máis vos interesa?

Responde as seguintes preguntas para que poidamos adaptalo ao voso gusto.


LOLA DE PENELAS: ILUSTRACIÓN DO CONTO

Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto Lola de Penenlas. Unha muller para o 8 de Marzo.

No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

Daquela - eu nacín en 1886 - non tiñamos nin luz; por ter, nin onde facer as nosas necesidades, a non ser na corte das vacas, no galiñeiro ou nas árbores da contorna. Éravos así, non é coma agora!
Na nosa casa non había fartura, pero sempre había pan ou caldo para lle dar unha cunca aos pobres que viñan pedir pola aldea. Porque o meu pai era cacharreiro, e nunca faltaba o traballo. Xa sabedes a cantiga popular:
Ao pasar por Gundivós,
o primeiro que se ve,
son as olas a secar
e os fornos a cocer”.

Traballando os ecosistemas cos escornabots na biblioteca

   A partir do tema dos ecosistemas traballado na asignatura de Ciencias Naturais; elaboramos tarxetas correspondentes á flora e á fauna de diferentes ecosistemas: un bosque, o mar e o deserto.

   A primeira tarefa foi buscar nos ordenadores da biblioteca  as imaxes para facer as tarxetas, imprimilas, recortalas e plastificalas:
 
   

    Con estas tarxetas fixemos dúas propostas:

1) Un neno coloca as tarxetas dun ecosistema no taboleiro e outros dirixen ao escornabot para que pase por todas elas ata chegar ao final:

 

    2) Engadimos tarxetas trampa pertencentes a outros ecosistemas. Os nenos deben dirixir ben ao escornabot para que non pase por elas:

martes, 7 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - 1º E 2º DE PRIMARIA

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria gravaron para Onda Cero Monforte.

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles memos elaboraron coa letra dos seus poemas:
   













@S NEN@S CONTAN

   Hoxe na biblioteca tivemos un teatro de títeres da man dalgúns alumnos e alumnas de 6º que escribiron a súa propia obra e fixeron os seus títeres: La importancia de la amistad de Aroa, Laura, Iago e José Alberto.

       
 

   

viernes, 3 de junio de 2016

POEMAS DE MANUEL MARÍA - Educación Infantil

    Nos seguintes enlaces poderedes escoitar os poemas que os nenos e nenas de Educación infantil gravaron para Onda Cero Monforte.  

    Cada enlace corresponde ao caligrama que eles elaboraron dos seus poemas





miércoles, 1 de junio de 2016

Os ESCORNABOTS chegan a nosa biblioteca

Que é un robot?

Que son os escornabots?

   O primeiro que fixemos foi achegarnos ao mundo da robótica debuxando algúns dos modelos que aparecen no libro Mis robots en pijarama de Michael Leblond (Ed. Kalandraka) e debuxando outros sen modelos previos.

 
 

  Despois das presentacións empezamos cos exercicios de números que nos propuxeron no curso de Santiago e que aos nenos lles encantaron: