Xa subimos vídeos dos experimentos de 5º e 6º de primaria e hoxe é a quenda dos nenos e nenas máis pequenos; eles fixeron un volcán de espuma...Estade atentos!!
"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le". G. Grass
sábado, 30 de noviembre de 2019
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
viernes, 29 de noviembre de 2019
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Leonor
Hoxe Leonor e a súa mamá Cristina, estrenaron a actividade As familias contan deste curso.
Elas leron o libro O oso e o piano de David Litchfield; que conta a historia dun oso que atopa no bosque algo que non vira nunca: un piano!
Elas leron o libro O oso e o piano de David Litchfield; que conta a historia dun oso que atopa no bosque algo que non vira nunca: un piano!
Que pasaría con oso e o piano?
Os nenos e nenas do colexio xa o saben porque estiveron moi atentos. Se vós tamén queredes saber o que pasa nesta historia...podedes escoitar o conto na seguinte emisión de Radiuvín (Música: Breaktime de Kevin MacLeod)
Despois Cristina aínda contou un conto máis na clase de Leonor: Chibos, chibóns de Olalla Fernández.
MOITAS GRAZAS POR VIR A CONTARNOS ESTES CONTOS
NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Como sabedes, novembro é o mes da ciencia en galego na biblioteca; por iso, o noso alumnado estivo facendo experimentos e outras experiencias para ampliar o seu coñecemento científico.
Pouco a pouco iremos subindo os vídeos destas actividades para compartir coa comunidade educativa os resultados obtidos.
Hoxe comezamos cos experimentos de 5º e 6º de primaria...a ver que vos parecen..
lunes, 25 de noviembre de 2019
25 - NOVEMBRO - 2019 DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Desde o centro sumámonos tamén ao Obxectivo 5 da Axenda 2030: Igualdade de xénero traballando a prevención deste tipo de violencia e intentando concienciar ao noso alumnado de que homes e mulleres somos iguais e temos os mesmos dereitos e obrigas a través de varias actividades.
A primeira, foi do alumnado de 1º e 2º que traballou o conto Parella guai de Mon Daporta e fixo unha gravación do mesmo para compartir co resto da comunidade educativa.
A segunda actividade realizada por monitoras de Dinamo, xestión de actividades culturais; foi un circuíto de xogos destinado a todo o alumnado do centro que lles fixo reflexionar sobre a igualdade de xénero.
Os máis pequenos tiveron que varrer, limpar cristais, dobrar a roupa, envolver calcetíns, cambiar lámpadas...
Os xogos do alumnado de Primaria non se centraron tanto nas tarefas da casa; eles fixeron actividades orientadas ao mundo laboral tendo en conta que calquera traballo pode ser desenvolvido por homes ou mulleres.
Ambas sesións remataron co conto DANIELA PIRATA (Susanna Isern & Gómez), a historia dunha nena que quería ser pirata pero o capitán non a deixaba por ser muller ata que o resto da tripulación protestou e Daniela acabou sendo ela a capitana.
E para que non se olvidaran da lección deste conto, cada un levou unha pulseira pirata!!
ESPERAMOS QUE ESTAS ACTIVIDADES SIRVAN PARA PREVIR
ACTITUDES SEXISTAS ENTRE O NOSO ALUMNADO.
viernes, 22 de noviembre de 2019
SEMANA DA MÚSICA 2019: A PERCUSIÓN
Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por sétimo ano consecutivo a Semana da Música.
Durante toda a semana, celebrouse un certame na biblioteca no que cada día ían aparecendo diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de instrumentos aos que se lle adicou este ano a semana musical: A PERCUSIÓN.
Para rematar as actividades, tivemos no centro a José Luís García, Profesor Superior de Percusión no Conservatorio Meste Ibáñez.
Continuamos coa Marimba, quizáis un dos instrumentos de percusión de altura determinada máis coñecidos. Para presentala, ademais de escoitar ao noso convidado, desfrutamos tamén dun dúo coa nosa alumna Laura.
Outros instrumentos que xa coñeciamos no cole pero que José Luís nos presentou de forma máis profesional foron os instrumentos de pequena percusión: güiro, maracas, pandeireta, claves....
E tamén aprendemos a diferenza entre caixa, tambor e tamboril que aínda que parecen semellantes son diferentes.
Outra cousa que aprendemos hoxe foron os diferentes tipos de baquetas que existen dependendo do instrumento que vaiamos a tocar ou dos efectos que queiramos acadar.Para rematar o concerto non podía faltar a batería, o instrumento que máis lles chama atención aos nenos e nenas e co que o pasaron xenial!
Ao finalizar o concerto, José Luís entregou os premios
ao alumnado gañador do certame de investigación, que incluía un punto de lectura cunha clave de sol da nosa
impresora 3D (https://www.thingiverse.com/thing:2269324) e tamén lle entregamos a el unha peza de alfarería
de Gundivós para agradecerlle a súa presenza neste concerto didáctico.
E non podíamos dar por rematada esta actividade sen que o noso convidado pasara polos estudos de Radiuvín para compartir cos seus alumnos Laura e Darío unha entrevista que podedes escoitar no seguinte podcast. Ademais outra razón pola que tiña que pasar por Radiuvín é que varias das sintonías da nosa emisora (como a de Sobericias) son da súa autoría.
E AGORA, SE QUEREDES VER MÁIS MOMENTOS DESTA ACTIVIDADE,
PODEDES FACELO PREMENDO NA GALERÍA DE IMAXES.
FELIZ DÍA DE SANTA ICÍA!!!
jueves, 21 de noviembre de 2019
SEMANA DA MÚSICA 2019 - DÍA 4
PARA REMATAR OS RETOS DESTA SEMANA DA MÚSICA, IMOS A CENTRARNOS NUN DOS INSTRUMENTOS QUE MÁIS LLE CHAMA A ATENCIÓN A TODOS OS NENOS E NENAS: A BATERÍA.
miércoles, 20 de noviembre de 2019
SEMANA DA MÚSICA 2019 - DÍA 3
O RETO DE HOXE, IMOS A DIVIDILO EN DOUS.
AGORA QUE XA SABEMOS COMO SE CLASIFICAN OS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN, O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA DEBERÁ DEMOSTRALO CLASIFICANDO UNS INSTRUMENTOS
O ALUMNADO DE 3º A 6º DE PRIMARIA DARÁN UN PASO MÁIS CUN RETO DIFERENTE
martes, 19 de noviembre de 2019
SEMANA DA MÚSICA - 2019 - Día 2
QUE TAL A PROBA DE ONTE??
SE ACERTACHES AS ADIVIÑAS, XA SABERÁS QUE ESTE ANO A SEMANA DA MÚSICA ESTÁ ADICADA AOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN.
Na proba de hoxe terás que completar os cadros que fan referencia á súa clasificación dependendo do material que sona e do tipo de son que producen incluíndo dous exemplos de cada.
MOITA SORTE!!
lunes, 18 de noviembre de 2019
SEMANA DA MÚSICA 2019 - Día 1
O 22 de novembro é Santa Icía, o día da patroa da Música.
Como cada ano teremos no colexio un concerto que nos achegue algún instrumento e teremos o concurso da Semana da Música consistente en 4 retos sobre o instrumento en cuestión.
Cada día da semana, na porta da biblioteca encontrarás un acertixo ou
unha proba... Os alumnos e alumnas que respondan o maior número de respostas correctas terán un agasallo!
Comezamos cunhas pequenas adiviñas:
Son
unha caixa adornada
con dous paus para sonar,
na banda ou no colexio,
pódesme atopar.
con dous paus para sonar,
na banda ou no colexio,
pódesme atopar.
Zumba
que te zumba,
óese o meu son,
nas noites de Nadal
ata que aparece o sol.
óese o meu son,
nas noites de Nadal
ata que aparece o sol.
Dúas
caras redondas,
que grandísimas son!
Cun golpe tras outro,
produzo o meu son.
que grandísimas son!
Cun golpe tras outro,
produzo o meu son.
Teño
unha gran boca
pero só teño un dente
e aínda estando no alto,
pero só teño un dente
e aínda estando no alto,
óeme
toda a xente.
Instrumento
musical,
de forma redondiña,
eu son esencial
si cantas unha panxoliña.
de forma redondiña,
eu son esencial
si cantas unha panxoliña.
viernes, 8 de noviembre de 2019
MAGOSTO
Esta é época de castañas e magostos... e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!
Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes. Valentina falounos un pouco desta tradición e das diferenzas entre un ourizo de castaña e un ourizo mamífero.
Zaira Salgado leunos o poema "O magosto" da obra Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas:
Na punta da póla
o ourizo regaña
e dende as espiñas
axexa a castaña.
Castaña ridente
redondiña e chea
achégate ao lume
que hai festa na aldea.
Hai festa rachada
no cabo da eira,
hai cantos e bailes,
castaña festeira.
Ti es a señora
que chega na cesta
alma do magosto
raíña da festa.
A continuación Pablo Pérez, recitou o poema "O ourizo" lo libro Os soños na gaiola de Manuel María:
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón,
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña...!
Podedes escoitar os dous poemas na emisión de Lecturradio de hoxe:
Podesde ver todas as fotos no enlace:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)