miércoles, 29 de abril de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ

  Hoxe retomamos as creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

  Compartimos un conto de Valeria (3º Primaria) e as poesías de Brais (5º Primaria) e Laura (6º Primaria).








lunes, 27 de abril de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Retomamos as creacións dos alumnos de infantil para a actividade Desde a miña ventá...

  Hoxe compartimos as debuxos de Noa (6º Infantil) e Silvia (5º Infantil).

Noa
Silvia

viernes, 24 de abril de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Seguimos coas creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

  Hoxe compartimos as poesías de Ada (1º Primaria) e Cristian Dourado (3º Primaria).




LECTURAS PARA A SEMANA DO LIBRO

    Seguimos propoñendo lecturas para a Semana do Libro.

   Por unha banda compartimos a Tómbola de lecturas da Biblioteca Municipal León Gil. Nesta tómbola encontraredes máis de 80 lecturas para todas as idades, desde infantil ata adultos. Para acceder aos libros que queirades ler só tedes que clickar na portada do libro e... a disfrutar!!

https://drive.google.com/open?id=1yeSrbVwUv_G_vEUW2nOPmhFWrZLftS46

    Por outro lado compartimos para o alumnado de infantil e primeiros cursos de primaria Os contos da rata Luísa.
http://www.adelaleiro.com/v/3/Cat%C3%A1logo-de-descargas/Conti%C3%B1os/Contos-da-rata-Lu%C3%ADsa/8.aspx


jueves, 23 de abril de 2020

BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS. Apradriñamentos lectores virtuais

   Os apadriñamentos lectores que realizamos desde hai varios cursos para conmemorar o Día do Libro son unha das actividades preferidas do noso alumnado. 
      
     Este ano, os apadriñamentos son virtuais e corren a cargo do alumnado da materia Investigación e Tratamento da Información de 4º e 6º de Primaria. Eles ilustraron e déronlle movemento a algúns  poemas do libro Bechopoemas e outras bestas de Leire Bilbao.
 
   Aínda que está gravado antes do confinamento, parecenos que este é un bo momento para compartilo con vós.

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Hoxe comezamos coas aportacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

 Nesta publicación poderedes ler e escoitar o que ven desde as súas ventás Pablo (1º Primaria) e o seu irmán Hugo (4º Primaria).




miércoles, 22 de abril de 2020

INFOGRAFÍA CON RECURSOS LECTORES

   Nesta Semana do Libro queremos compartir unha recopilación feita polo Equipo de biblioteca do CEIP Lamas de Abade dalgunhas propostas de editorias e colectivos que altruistamente, debido á corentena, decidiron liberar algúns dos seus fondos ou deleitarnos con contos contados.



  Moitas grazas por esta infografía da que se poden sacar moitos recursos para pasar esta corentena ben acompañados de historias e contos!!

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Seguimos coas aportacións para a actividade Desde a miña ventá...


  Hoxe compartimos tres novas ilustracións: os debuxos de  Saúl (5º Infantil), Lara (1º Primaria) e Carlota (2º Primaria). 
Saúl
Lara
Carlota

martes, 21 de abril de 2020

PASATEMPOS CON EMOJIS

    Boas tardes!

    Neste tempo de confinamento seguro que vos chegaron ao móbil varios xogos con adiviñas a través de emojis de wassap.

    Pois desde a biblioteca queremos unirnos a estas adiviñas e irvos propoñendo algunhas ao longo da semana. Comezamos con 10 contos tradicionais!!
   Podedes deixar as solucións como comentario a esta entrada. A ver se os adiviñades todos!!

DESDE A MIÑA VENTÁ...

   Seguimos coa Semana do libro e con novas aportacións para o libro Desde a miña ventá...

  Hoxe compartmos con vós outros tres debuxos de infantil. Os debuxos de  Gabriel (5º Infantil), Leonor (5º Infantil) e Nayara (1º Primaria). 
Gabriel
Leonor
Nayara
 

lunes, 20 de abril de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ...

   Esta é a Semana do libro e como sabedes, queremos facer un libro en colaboración coa BPM e o Concello de Sober baixo o título Desde a miña ventá...

  Queremos comezar a compartir con vós os debuxos de infantil que nos van chegando. Hoxe é a quenda dos debuxos de Teo (4º Infantil), Carla Martínez (5º Infantil) e Xiana (5º Infantil). 

Teo
Carla Martínez
Xiana
 

jueves, 9 de abril de 2020

PANTALLAS CORONAVIRUS

    Neste momento de confinamento non podiamos quedarnos á marxe do que está acontecendo e quixemos poñer a nosa impresora 3D a funcionar para axudar en todo o posible; así que comezamos a imprimir pantallas co arquivo que nos enviaron un grupo de makers de Monforte.


   A maioría destas pantallas destináronse ao Concello de Sober que se encargou de repartilas a aqueles colectivos que máis o necesitaban pero tamén as repartimos directamente a dúas residencias de maiores, a farmacéuticos, pequenos comercios, supermercados, panadarías... 


 MOITAS  GRAZAS  A  TOD@S  @S  QUE  NESTES  MOMENTOS  SEGUIDES  TRABALLANDO  PARA  OS  DEMAIS!!

martes, 7 de abril de 2020

DESDE A MIÑA VENTÁ...

    Desde a miña ventá... é un proxecto colaborativo entre a biblioteca do colexio, a Biblioteca Pública Municipal e o Concello de Sober.

    Baixo este título queremos editar un libro coa participación de todo aquel que se queira unir

    A nosa proposta é a seguinte:

- Alumnado de infantil: enviádenos un debuxo tamaño folio reproducindo o que vedes desde a vosa ventá.

- Alumnado de primaria e adultos:  respectando o título do proxecto Desde a miña ventá... podedes enviarnos o que queirades no formato que máis vos apeteza (unha descrición da paisaxe, unha poesía, unha historia real ou imaxinaria...) 

PODEDES ENVIAR AS VOSAS  ACHEGAS  EN  FORMATO IMAXE, WORD OU PDF.

PRAZO  PARA  O  ENVÍO  SERÁ  ATA  O  17  DE  ABRIL ÁS  SEGUINTES  DIRECCIÓNS:

   

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

    Hoxe 2 de abril tamén é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo
que ten como obxectivo visibilizar a realidade deste colectivo, as súas necesidades e tamén capacidades. 

   Por iso compartimos dous vídeos: o primeiro é de Caillou para os máis pequenos no que nos explica que sinte un neno con autismo.


   O segundo El viaje de María da Fundación Orange é un corto de animación realizado polo debuxante Miguel Gallardo, pai dunha nena con autismo. Nesta animación fai unha excursión ao mundo interior de María cheo de color, amor, creatividade e orixinalidade.




DÍA DO LIBRO INFANTIL

 Ilustrado por Damijan Stepancic
     Cada 2 de abril o IBBY (International board on books for young people) propón a celebración do DÍA DO LIBRO INFANTIL co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

    Este é unha conmemoración especial porque estamos nunha situación especial; aínda así queremos propoñervos varias opcións:

    Como este día foi elexido como tal porque foi é o día no que naceu Hans Christian Andersen que escribiu contos que moitos/as coñecedes: El patito feo, La sirenita, El soldadito de plomo, El sastrecillo valiente, La reina de las nieves, La vendedora de fósforos... A primeira opción son varios vídeocontos deste autor:





  
    A segunda opción son os  CONTOS CONTADOS (Kalandraka TV) neste enlace encontraredes moitos libros en galego que xa coñecedes e outros que non, contados por contacontos.

http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33


     Rematamos con outras dúas recomendacións:
Biblioteca online onde podedes ler diferentes contos de forma dixital 
http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj
- PLATAFORMA “Galicia le” na qe podedes acceder ao préstamo de libros electrónicos sen necesidade de carné.
https://www.galiciale.gal/