"Comezo a ver nenos e nenas fartos de televisión e aburridos cos xogos informáticos que se illan cun libro e se deixan levar pola historia narrada... porque non hai un espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le".
G. Grass
Hoxe na Casa da Cultura de Sober foi a entrega de premios do III Certame de Debuxo Infantil da XXXVII Feira do Viño de Amandi que ten como finalidade elaborar un adhesivo para entregar na Feira do Viño a todas aquelas persoas que veñan a visitala e que está aberto a todos os escolares de Primaria da Comarca de Lemos.
O alcalde fixo entrega do premio á gañadora que foi Candela Enríquez Buján de 7 anos do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e que recibiu un premio de 150 € para material escolar.
Todos o participantes recibiron ademais un diploma e unha simpática bolsa co anagrama do certame.
Desde aquí tamén queremos transmitir e sumarnos ao agradecemento que o alcalde
fixo a todo o alumnado pola súa participación nesta convocatoria!
Hoxe tivemos a última sesión de Scratch junior para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.
Nesta sesión tiñan que resolver unha misión espacial: chegar á Lúa e saudar a un alieníxena.
O primeiro foi elexir un escenario desde o que saír e facerse unha foto para poñerlle a nosa cara ao astronauta encargado de ir a Lúa. Despois empezou a parte máis difícil.
Ao astronauta progamámolo de xeito que cando toquemos a bandeira verde, camiñe hacia o foguete. Para que pareza que entra nel; facémolo máis pequeno e mandámolo desaparecer.
Ao foguete, facémolo despegar e chegar á Lúa cun cambio de escenario cando o toquemos.
Ao chegar á Lúa o foguete aterra programándoo para que baixe e lle mande unha mensaxe ao astronauta.
O astronauta ten dúas ordes; a primeira para que ao principio esté desaparecido do esceario e a segunda para que cando reciba a mensaxe apareza e camiñe hacia o alieníxena. Pola ausencia d gravidade, o astronauta desprazarase dando pequenos saltos.
Para rematar, programamos ao noso alieníxena para que cando o astronauta chegue xunto a el; nos saúde cunha grabación de audio feita por nós.
A actividade de combinar formas e tamaños que xa fixeran os nenos e nenas de Infantil; engadímoslle unha dificultade máis: o tamaño!
Agora o dado de formas tamén ten tamaños de xeito que terán que combinar as formas xeométricas cadrado, triángulo e círculo; coas cores amarelo, azul e vermello e o tamaño grande ou pequeno.
Hoxe remataba o prazo para entregar os traballos que participarán no III Certame de debuxo que o Concello de Sober organiza pola Feria do Viño para alumnado de Primaria da comarca .
Se queredes ver os traballos presentados, só tedes que acceder á GALERÍA DE IMAXES.
A primeira obra protagonista do noso club de lectura é unha adpatación do clásico Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne.
Esta obra resultou moi interasante para oclub de lectura xa que deu xogo para falar sobre moitos temas diferentes. Ademais é interesante que o alumnado se achegue aos clásicos.
Para o alumnado de Primaria a Deputación de Lugo publicou o libro Salven os ameneiros! escrito por X. A. Perozo e ilustrado por Viki Berre.
Héctor, Ángel e Mateo foron os biblioaxudantes encargados de investigar sobre esta árbore e transmitirllo aos compañeiros. Tamén nos puxeron un vídeo sobre a desforestación e coordinaron o posterior debate sobre este problema e como combatilo, as especies en perigo de extinción e o cambio climático.
Tamén leron para os demais as primeiras páxinas deste libro... pero para chegar ao final e descubrir que pasa, cada alumno recibiu un exemplar.
O alumnado de 1º e 2º continúa aprendendo fundamentos básicos de programación a través de Scratch junior con Elías e Rocío.
Nesta sesión ensináronnos que os movementos
dos personaxes non teñen que comezar sempre coa bandeira verde senón que
poden comenzar cando os tocamos co dedo, cando os toca outro personaxe
ou cando reciben unha mensaxe doutro.
Co que aprendemos, pudiemos facer unha secuencia que imita ao xogo do pilla-pilla.
Primeiro programamos a gato para que cando o toquemos, el diga: "Preparados, listos, ya!" e envíe unha mensaxe ao can.
Despois programamos ao can para que cando reciba esta mensaxe camiñe cara a dereita intentando pillar a un coello.
Por último programamos ao coello para que salte cando o can chegue ata el para que pareza que está intentando escapar.
Aquí podedes ver un vídeo coa secuencia completa
XA ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE A SEGUINTE SESIÓN!!
Mirade como estaba hoxe na biblioteca o espazo para argallar e xogar cos escornabots... é moi satisfactorio ver como o noso alumnado desfruta argallando.
Algo do que tamén estamos moi orgullosos é de como os maiores axudan aos máis pequenos e como interactúan con eles.
Xa van varios anos que participamos nesta semana escolar da árbore e da auga proposta pola Deputación de Lugo coa intención de aprender a respectar e aprender sobre a natureza da nosa provincia.
Eva, o trasno e o ameneiro é a historia que nos propoñen este ano para Educación Infantil; escrita por X.A. Perozo e ilustrada por Estefanía Padullés.
Eva é unha nena que ten un ameneiro que é da súa familia desde hai varias xeracións; pero un día a árbore vese en peligro por un leñador que quere facer leña dela...menos mal que entre ela e o trasno Crispín argallaron unha solución.
Os biblioaxudantes Rocío, Herbert, Manuel e Marco, foron os encargados de ler o conto na biblioteca para todo o alumnado.
Agora o conto viaxa a casa de cada un dos nenos e nenas de Infantil para que o respecto e o coñecemento da natureza chegue tamén ás súas familias.