viernes, 28 de febrero de 2020

PALABRAS HOMÓFONAS: Xogo escornabot

Hoxe queremos presentarvos un novo xogo para repasar cos escornabots as palabras homófonas:


     Podedes xogar dúas personas ou dos equipos. Para comezar un xogador do primeiro grupo, escolle unha tarxeta de palabras homófonas que estarán boca abaixo. Despois de recoñecer a súa palabra correspondente no taboleiro, deberá facer avanzar o escornabot ata ela.

       A continuación o equipo construirá unha oración con cada unha das palabras que forma a parella homófona. Se as oracións son correctas e as palabras están ben empregadas, o equipo gañará un escornapunto.
 
      O xogo acabarase cando se acaben as tarxetas de palabras homófonas e gañará o equipo que acade máis escornapuntos.

     Animádevos a ver que tal o facedes!!!

lunes, 24 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

   Este ano coincide o Entroido co Día de Rosalía que se conmemora o 24 de febreiro por ser a data do seu nacemento; por iso quixemos facer unha actividade que xuntase estas dúas conmemoracións e a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega que propoñía traballar o tema das migracións actuais baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20

   E se hai un poema que reflicte a migración en todos os seus aspectos, sobre todo, a morriña de quen se vai é Adiós ríos, adiós fontes; así que escollemos este poema para que o noso alumnado tomase conciencia deste problema; non só como algo que pasou fai tempo senón como algo que segue a acontecer.

Queremos dar as grazas ás familias que voluntariamente se disfrazaron e participaron neste vídeo!

(Enlace ás imaxes do meco e das familias)

viernes, 21 de febrero de 2020

VENRES DE ENTROIDO

    Hoxe venres é o día grande de Entroido no colexio porque é o día que nos disfrazamos co disfrace que levamos facendo desde hai un mes: OS BOSQUES DE SOBER.

   Con estes disfraces feitos todos con sacos de papel pintados quixemos facer fincapé na importancia da natureza, da reciclaxe e da loita polo medio ambiente comezando polo que temos máis preto que son os nosos bosques como pide a Axenda 2030 no obxectivo 13 (Acción polo clima) e no obxectivo 15 (Vida de ecosistemas terrestres).

 
   Por iso convertémonos en parte da nosa natureza facendo disfraces de animais propios da nosa contorna: coellos de monte, raposos, corzos, xabarís, lobos e tamén árbores que queren ficar nos Bosques de Sober.





  
    E que mellor que comezar esta xornada escoitando aos nosos biblioaxudantes Laura, Xoán e Brais ler a historia dun coello e un raposo? 
  

   Federico na Silveira de Xosé Miranda é a historia en verso do coello Federico que sae da súa casa para facer unha excursión pero cae na trampa do temible raposo... que lle pasará? Será quen de librarse do raposo con algunha intelixente trasnada? 

    Para saber o destino de Federico podedes escoitar a historia no seguinte podcast.



   A media mañá acompañados polas familias e polos ratiños e ratiñas do PAI foi o momento do desfile polas rúas de Sober ata a praza do Concello onde nos esperaba o alcalde e outro persoal do concello para repartirnos unhas bolsas de chuches.





  O desfile rematou coa tradicional visita á residencia de maiores Virxe do Carme.

   
   Rematado o desfile, volvemos ao colexio onde tocou despedir ao profe Gabriel que levaba con nós desde principio de curso facendo una substitución.  Esperamos que non se olvide do seu paso por este centro e que veña a facernos algunha visita!

     Pola tarde foi o momento do disfrace libre: príncipes, princesas, héroes, mimos, guerreiros, animais, unicornios... todo ten cabida nesta festa e todos pasaron polo croma para facerse unas fotiños.
   Podedes ver todas as imaxes do desfile e do disfrace libre no seguinte enlace:

PARA  REMATAR  QUEREMOS  DAR  AS  GRAZAS  A  TODAS  AS  FAMILIAS  DE  ALUMN@S  E  EXALUMN@S  QUE  COLABORARON  NESTE  ENTROIDO  APORTANDO  SACOS  DE  PAPEL  PARA  O  DISFRACE.

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  COLABORACIÓN!!


jueves, 20 de febrero de 2020

AS MOCHILAS SEGUEN TRAENDO SORPRESAS

   Hoxe toca intercambiar as mochilas viaxeiras de 2º e 4º de primaria e temos novas sorpresas.!!

    Germán quixo compartir con nós unha máscara feita segundo un modelo do libro Juega con papel de Roser Piñol que seguro que lle ven moi ben agora que se achega o entroido!! 

   E  Lucía de 4º de Primaria, trouxo uns doces de leite que lle axudou a fritir a súa nai do libro Sobremesas. Cociña Infantil e familiar (Ed. Ouvirnos).



miércoles, 19 de febrero de 2020

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Erea

    A actividade As familias contan estivo de estrea pois por primeira vez viñeron a contar Erea e a súa nai Silvia.
 
   Elas compartiron con nós o libro Cocorico de Marisa Núñez que conta a historia dun pitiño que se ofrece a ir por leña para acender o forno e que a súa nai poida facer un biscoito.
   O problema xorde cando aparece Gato Pelado, un gato malvado que quere comelo dun bocado;
que trato pensades que lle ofrece o pitiño para salvarse? 
E o máis importante...será quen de cumprilo?
    Nós xa sabemos o final do conto porque Silvia e Erea nolo contaron de marabilla!

   Se vós tamén queredes sabelo podedes escoitalas ás dúas na seguinte emisión de Radiuvín.

  Pero Cocorico non foi o único conto que nos leron, tamén nos leron A que sabe a Lúa? de Michael Grejniec.

   E viñeron cargadas cuns biscoitos para compartir con todos os nenos e nenas do colexio dos que como podedes ver só quedaron as migas!

 MOITAS  GRAZAS  POR  UNIRVOS  AS  FAMILIAS
QUE  FORMAN  PARTE  DESTA  ACTIVIDADE!!

jueves, 13 de febrero de 2020

LECTUVÍN DE PÉ

     Ata o de agora cando alguén viña de visita á nosa biblioteca a compartir algo con nós, levaba como recordo unha réplica da nosa mascota Lectuvín impresa en 3D coa nosa impresora.

  Este ano quixemos dar un pasiño máis para acadar que Lectuvín se puxese de pé e deseñamos en tinkercad un agasallo diferente: un Lectuvín erguido sobre unha peana!
 https://www.tinkercad.com/things/3dCMnJO2Dh7-lectuvin-de-pie

   Para imprimir este novo modelo eran necesarios moitos soportes e iso foi algo que chamou a atención do noso alumnado. Na seguinte imaxe podedes ver o paso a paso desde a impresora ata o resultado final.


miércoles, 12 de febrero de 2020

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA: VISITA DE TAMARA ARIAS

     O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
 
   Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas pretende visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".

   Desde o colexio quixemos sumarnos a esta iniciativa e por iso estivo con nós Tamara Arias Sáez, ex-alumna do centro e médica no hospital de Ourense.

   Ela falounos da medicina que é a ciencia dedicada ao estudo da vida, da saúde, das enfermidades e da morte do ser humano.

   Tamén nos falou do método científico, explicándonos que as investigacións xorden cunha pregunta que nos facemos sobre unha inquedanza e a partir de ahí a través da observación, medición, probas, experimentos... podemos chegar ou non á solución da pregunta.

   Ademais contounos o conto "El sueño mágico de Shaman" co que quixo facer fincapé na  orixe dos medicamentos e a importancia da investigación para o seu descubremento: de onde xurden? por que sabemos que curan? como chegan á nosa casa?
  
  Para rematar, Tamara pasou polos nosos estudos de radio onde Pilar, Lucía e Xoán lle fixeron unha entrevista que podedes escoitar a continuación para saber moitas máis cousas sobre ela e a súa profesión.
 


   MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR
CON  NÓS  ESTE  DÍA!!

GALERÍA  DE  IMAXES