viernes, 19 de diciembre de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL





POSTAIS DE NADAL

    Chega o Nadal e como sabemos; o Nadal e época de felicitacións e bos desexos e que mellor maneira de plasmalos que nunha postal?

    As postais que fixemos este ano; están feitas con material de refugallo a partir de cartóns de caixas de galletas, cereais... O primeiro foi darlles algo de cor e despois decoralos con restos de papeis, cartolinas, periódicos...
   
   E ademais como este ano, estamos celebrando a nosa entrada no PLAMBE, as postais teñen forma de marcapáxinas que animen á lectura. Mirade que bonitas quedaron:


INÉS DE CASTRO. UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO

     O pasado curso; participamos desde a nosa Biblioteca no proxecto Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo a proposta do CIM de Monforte e o Colectivo Lemos Le integrado polas bibliotecas escolares, municipais e asociación de libreiros da comarca de Terra de Lemos: 
    
No seguinte enlace podedes recordar o traballo que fixemos:

    
    Unha das actividades realizadas grazas a creatividade dos nenos e as nenas foi a ilustración da historia desta muller monfortina elexida este ano 2014 para destacar a figura dunha muller das Terras de Lemos como protagonista no día 8 de marzo, día da Muller.
   
    Como resultado deste traballo; vimos de asistir á presentación do conto titulado
Inés de Castro. Unha muller para o 8 de marzo no que cada colexio participante se encargou de ilustrar unha parte da vida desta muller. 

    Anós tocouno cerrar o conto, coa páxina que podedes ver esposta na seguinte foto; nela quixemos representar que esta historia e esta figura feminina mantense viva desde a época Medieval ata a actualidade; desde os trovadores ata o encerado dixital.

    Algúns exemplares dos contos resultantes foron entregados neste acto ás bibliotecas escolares e as Bibliotecas Municipais; así que agora podedes consultalos na nosa biblioteca e na Biblioteca Pública Municipal; ou acceder a el dixiltamente clickando na súa portada
Preme na portada para ver o libro:


miércoles, 17 de diciembre de 2014

LEMOS LE. BIBLIOTECAS E LIBRARÍAS UNIDAS POR E PARA A LECTURA

   A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino, EDUGA

    Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe...  

   Un destes artigos está adicado ao noso colectivo. Está asinado polas coordinadoras das bibliotecas escolares de A Gándara e Sober e trata das iniciativas levadas a cabo e do traballo realizado polo colectivo Lemos Le para unificar esforzos no impulso do mundo dos libros e da lectura.

   Podes ler o artigo premendo no seguinte enlace:

Lemos Le. Bibliotecas escolares unidas por e para a lectura.

lunes, 15 de diciembre de 2014

O SON DA NOSA FALA

   O curso pasado o noso centro participou no programa O son da nosa fala de Cadena Ser (Lugo) adicado a Manuel María.

    Deste programa, no que cada un dos nosos alumnos e alumnas recitou un poema de dito autor; o martes emitíronse catro:

- Henry Vila Rodríguez: O arco da vella
 - Gisela Fernández Rodríguez: O merlo
- Aroa Fernández Saá: O río
- Alba Varela Losada: O ourizo

Aquí estamos todos na biblioteca; moi atentos a súa emisión

viernes, 5 de diciembre de 2014

Xornada de convivencia co C.E.I.P. A Gándara

  O día 3 de decembro alumnado de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. A Gándara, estivo de excursión na nosa comarca coñecendo a olería de Gundivós e a Escola de Hostalería de Rosende. Aproveitando esta visita; organizouse unha xornada de convivencia entre os dous colexios.
 
   Nesta xornada os nenos e nenas de ambos centros puideron disfrutar de moitas actividades xuntos. 

   Á hora de comer, foi o momento de coñecernos e do xogo libre no pavillón que xa facía tempo que non estaba tan cheo de rapaces e rapazas.



Tamén foi un momento de reencontro con amigas, alumnas e ex-alumnas do centro:

     Despois o alumnado de A Gándara puido coñecer  a nosa biblioteca, onde os biblioaxudantes faláronlles de todas as actividades que facemos nela, presentáronlle a Lectuvín  e intercambiaron agasallos: os nenos e nenas de A Gándara agasalláronnos cun libro feito por eles no que cada un fixo unha páxina cun debuxo e unha pequena redación  e eles levaron para a súa biblioteca dous exemplares do libro Os bolechas en Sober doados polo Concello e uns marcapáxinas conmemorativos deste día.
  

 

 Para rematar a xuntanza, contamos coa presenza da Contadora de Contos Teresa Grau que nos adicou unha sesión de temática navideña que aos nenos e nenas lles encantou.

  
ATA  A  PRÓXIMA!!



A árbore de Nadal


    Este ano estamos de noraboa na nosa biblioteca porque acabamos de entrar no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por iso, quixemos adicarlle a nosa árbore de Nadal á Biblioteca, e de forma representativa fixemos esta fermosa árbore de Nadal de letras.

O outono

   O outono é a época dos magostos, da caída das follas, dos cogumelos, do viño novo...

    Propuxémoslles aos nenos que recolleran refráns, cantigas, receitas, ditos... desta época do ano e aquí tedes o resultado do seu traballo.

   Para ver todos os traballos só tedes que facer click na portada do libro.


O outono

jueves, 4 de diciembre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA (24 - outubro - 2014)


  O Día das Biblioteca, as bibliotecas do colectivo Lemos Le, celabramos cunha cea na que fixemos entrega dos galardóns do I CERTAME MULLERES DE LEMOS: INÉS  DE  CASTRO

  A xornalista Manola Porto, como portavoz do xurado deste certame; foi a encargada da lectura da Acta dando a coñecer así os gañadores que recibiron os seus agasallos da man dos alcaldes de Sober, Monforte de Lemos e A Pobra de Brollón. 

    Os premiados foron:
Xosé Martínez Rodríguez. 1º premio Certame Divulgación polo seu traballo Pequena historia dunha raíña de Lemos
- Víctor Domínguez Fernández. 1º premio Banda deseñada
- Cristina Fernández Silvosa  e María Armesto Luaces. Accésit Banda Deseñada

     Ao remate do acto, Antón Vidal representante do Colectivo leu un fermoso texto que a escritora Olga Novo nos adicou para este evento. Tamén presentamos a II Edición deste Certame que estará adicada a María Castaña.

LEMOS LE

QUEN  SOMOS?

Como sabedes, a biblioteca do noso colexio pertence ao Colectivo Lemos le.

Xunto coa nosa biblioteca, este colectivo está formado por máis bibliotecas:
- Biblioteca escolar do C.E.I.P. A Gándara,
- Biblioteca escolar do C.E.I.P. Colexio Novo,
- Biblioteca escolar da EEI Infanta Elena
- Biblioteca escolar do IES Daviña Rey
- Biblioteca escolar do C.E.I.P. A Pobra de Brollón
- Biblioteca escolar do C.E.I.P. Monte Baliño
- Biblioteca Pública Municipal de A Pobra de Brollón,
- Biblioteca Pública Municipal de Bóveda,
- Biblioteca Pública Municipal de Monforte de Lemos,
- Biblioteca Pública Municipal de O Saviñao
- Biblioteca Pública Municipal de Sober
- Asociación de Libreiros de Monforte.

O NOSO OBXECTIVO

Desde o Colectivo Lemos le  intentamos unificar esforzos no impulso do mundo dos libros e a lectura na nosa comarca

miércoles, 26 de noviembre de 2014

25 - Novembro: Día Contra a Violencia de Xénero

  Para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia deste día, cremos que o máis importante a esta idade é empezar por traballar a igualdade entre sexos como base para o respecto aos demais.
 
   Nestas actividades de fomento de igualdade contamos no centro cun taller organizado desde o noso Concello no que os alumnos visionaron películas que os fixeron reflexionar moito, elaboraron un mural e participaron nunha xincana.
 
  
   Aquí tedes os vídeos que traballamos para que non se vos esquezan. O primeiro sobre a violencia de xénero e a autoestima e o segundo sobre a igualdade.



lunes, 24 de noviembre de 2014

SEMANA DA MÚSICA 2014: O acordeón

Para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, imos a celebrar no colexio un concerto didáctico sobre o acordeón; para o que contaremos coa presenza da acordeonista Andrea Grande Rodríguez que conta cunha larga traxectoría neste instumento participando en certames nacionais e internacionais, na gravación de varios discos e gañadora do 1º Premio do XXXVII Certame Nacional de Acordeón.

Ela foi a encargada de explicarlle aos nenos e nenas todo o referido a este instrumento: historia,  funcionamento, partes principais... e de respostar as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron.

Despois foi o momento de que o alumnado puidera tocar este instrumento... haberá entre eles algún futuro acordeonista?
   

  E mentres uns tocaban, outros coloreaban uns acordeóns que quedaron moi fermosos
Aquí vos deixamos un vídeo resumen deste concerto para que poidades disfrutar tanto coma nós

Para ver todas as imaxes deste concerto preme aquí: GALERÍA  DE  IMAXES

A continuación podes encontrar moita información sobre o acordeón. Cando creas  que  sabes  o necesario fai click no seguinte enlace para que poidas realizar un test on-line. Serás quen de superalo?
O  ACORDEÓN
O acordeón é un instrumento de vento formado por fol, teclado, baixos e dúas caixas armónicas de madeira.
       A historia do acordeón é curta pero rápida e intensa, quen rexistrou este instrumento como acordión en 1829, foi un austríaco; pero parece que o primeiro que inventou un instrumento como este foi o emperador chinés Nyu-Kwa, 3000 anos antes de Cristo; ou sexa, fai uns 5000 anos.

PARTES  PRINCIPAIS:
-  Fol: é a parte máis característica do acordeón; con él movemos o aire e regulamos a intensidade do son.
O fol está protexido por cantoneiras metálicas e bandas de protección para protexer as unións e evitar que haxa fugas de aire.
-    Teclado:  tócase coa man dereita e é similar ao teclado dun piano; o único que varía é o número de teclas.
       As teclas comunícanse respectivamente con palancas que moven unhas tapas de madeira. Ao presionar unha tecla, a tapa de madeira ábrese e deixa pasar o aire producindo o son desexado.
        Hay acordeóns chamados de botóns porque en vez de teclas teñen botóns para producir o son.
 
-       Baixos: é o conxunto de botóns que se tocan coa mano esquerda. Os acordeóns poden ter 12, 48, 72, 80 o 120 baixos. Serven para dar acordes e acompañar a melodía.
O botón que ocupa a posición central é o Do, é fácil de recoñecer por ser un poco distinto aos outros.

-     Voces: Unha característica esencial de todo acordeón é o número de voces. Cada tecla ou botón pode facer vibrar máis dunha lingüeta de metal ao UNÍSONO producindo un acorde. O acordeón terá un número de voces concreto para o teclado (chamadas voces cantables) e outro número de voces para os baixos.

-       Rexistros: serven para activar ou desactivar as voces de xeito que o músico pode tocar con só unha voz, con dúas, con todas, ou facer combinacións entre elas para obter sons distintos.
 
           Os rexistros levan uns puntos que indican qué voces activan:
          Un rexistro que active tres voces sería semellantes a: 
           Un rexistro que active dúas voces, a central e a aguda:
           Un rexistro que active só as graves: