martes, 22 de junio de 2021

FIN DE CURSO 2020- 2021

  Finalizamos este ano escolar tan atípico con relativa normalidade, unha situación que aínda non nos permite xuntarnos para celebrar o fin de curso pero que non impide que este día sexa especial: as notas, a despedida dos de sexto, as merecidas vacacións de verán...

   Por iso quixemos gravar un vídeo que mostra a realidade vivida nestes últimos meses, nos que incluso con máscaras, hidroxel, distancia de seguridade e protocolos varios; chegamos ao final con éxito e ledicia!

    Grazas a toda a comunidade educativa e por suposto aos nenos e nenas que superaron os atrancos sen perder o seu espírito infantil e nos demostraron que aprender, rir, dar cariño, ser felices ou xogar cxs amigxs pode facerse incluso con máscara e distancia de seguridade.

    Desexámosvos unhas BOAS  VACACIÓNS porque aínda que co tempo que temos non o parece, ESTAMOS  NO  VERÁN!!


VÉMONOS  EN  SETEMBRO... 
UNHA  APERTA  MOI  FORTE!!!

DESPEDIDA ALUMNADO 6º PRIMARIA

   Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de César, Brais, Zaira, Jorge e Paula no noso colexio.

   Danos moita mágoa que marchedes pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

   Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeiros!

   E a vós, os que fostedes vindo despois ao longo de primaria... foron menos anos pero non por iso vos imos a estrañar menos que aos demais agora que marchades!

   Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

 

ATA  SEMPRE!!


RETO LECTOR VERÁN 2021

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - VERÁN 2021

 

domingo, 20 de junio de 2021

HEROES DE PRIMAVERA

   Fai algúns días, unha nai de dous rapaces do cole agasallounos con varios exemplares do libro Héroes de primavera de Patricia Sanmigel Couso; unha autora compostelana con familia en Sober.

 

    Neste libro, narra a experiencia do confinamento e da volta ás aulas dos nenos e nenas desde o seu punto de vista dándolle a importancia que merecen despois de afrontar tantos meses e tantos cambios sen queixarse prácticamente de nada; COMO VERDADEIROS HEROES!


    Ademais o libro está ilustrado polos alumnado de 2º de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Santiago, compañeiros dunha das súas fillas.

  Nós tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista para que resolvese todas as curiosidades que lle xurdiu ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do colexio: por que os nenos e nenas da historia non teñen nome propio? de onde vén o título Heroes de Primavera? como se lle ocurriu a idea de escribir este libro?

  Para saber a resposta a todas estas preguntas, podedes escoitar o podcast coa entrevista que Carlota, Diego, Germán, Cristian e Javier lle fixeron a Patricia.


MOITAS  GRAZAS, PATRICIA!!

GRAZAS BIBLIOAXUDANTES!!

     Non queda case nada para que remate o curso e unha das cousas que temos que facer antes de que o 2020-2021 chegue ao seu fin é: DAR  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Os/As  biblioaxudantes  forman parte do programa  Voluntariado de Lectura - A  integrado dentro de Bibliotecas Escolares Solidarias e durante o curso dedican varios recreos a tarefas relacionadas coa biblioteca: préstamo, devolucións, organización, axuda aos compañeiros, lecturas...




   Este ano, como na biblioteca tamén se respectaban os grupos burbulla, non podían coincidir co alumnado doutros cursos; por iso, ademais de biblioaxudantes de 5º e 6º , tivemos por primeira vez biblioaxudantes de 4º de Primaria que o fixeron moi ben!!

   Neste acto de agradecemento, fixemoslle entrega dos diplomas correspondentes, das mochilas enviadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares e duns pequenos agasallos de Lectuvín.
 
MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  LABOR  DURANTE  TODO  O  CURSO!!
 
ALUMN@S  DE  6º.... 
DESEXÁMOSVOS  TODO  O  MELLOR  NO  INSTITUTO!!
 
 
ALUMNOS  DE  4º  E  DE  5º...  
ESPERAMOS  VOLVER  A  CONTAR  CON  VÓS  O  VINDEIRO  ANO!! 
 

 

viernes, 18 de junio de 2021

IMPRESIÓN 3 D

     O alumnado de Investigación e Tratanento da Información de 6º de Primaria estivo traballando no 3º trimestre coa Impresora 3D.

    Primeiro aprenderon  a utilizar o programa Tinkercad e despois elaboraron con el os seus propios deseños. A continuación pasáronnos polo programa de software para a nosa impresora e remataron imprimíndoos para poder utilizalos como chaveiros ou puntos de lectura.

   Mirade que bonitiños lles quedaron!



ZANA E DANTE

Durante a derradeira avaliación na área de Valores Sociais e Cívicos o alumnado de 4º de Educación Primaria estivo a traballar o autoconcepto
 
Ademais, tamén aprendemos a recoñecer as nosas fortalezas e debilidades, para así mellorar as relacións interpersoais tan importantes para acadar unha aprendizaxe integral. 
 
Como fío condutor de toda esta aprendizaxe empregamos o conto infantil "Zana y Dante, la zanahoria y el guisante" de Morag Hood. Mediante el, coñecemos e identificamos o valor da amizade e a importancia da tolerancia e o respecto das diferencias. 




Finalizamos este proxecto coa representación do conto na mesa de luz. 



Esperamos que vos guste moito!

martes, 8 de junio de 2021

TABOLEIROS ESCORNABOTS

   O alumnado de 4º de Primaria puxo a súa imaxinación a traballar para crear novos taboleiros para os escornabots. 

   Bandeiras, froitas, o Sistema Solar, Instrumentos musicais, as partes do corpo, os invertebrados e un xogo de mesa foron finalmente os temas escollidos.

 

    Unha vez deseñado o taboleiro, o alumnado tivo que redactar as normas e elaborar un texto nun procesador de textos con todas as instrucións do xogo para pegalo pola parte de atrás de xeito que a calquera persoa que lle apeteza utilizalo poda saber como facelo.

    Ademais o texto debía ser alegre, con letras de cores, diferentes tamaños de letra, diversas fontes... todo o que se lle ocurrise para facelo máis atractivo.



     Na seguinte imaxe podedes ver como sería a parte de diante dun dos taboleiros e a parte de atrás de outro con todas as normas.

     Para rematar cada parella expuxo o resultado do seu traballo aos compañeiros da clase para animalos a xogar á súa proposta.


viernes, 4 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

     O 5 de Xuño foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 o Día Mundial do Medio Ambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de coidar a natureza, de respectar os ecosistemas e de fomentar o respecto ao medio ambiente; obxectivos que tamén forman parte de Axenda 2030.

   Nós quixemos destacar a importancia da  regla das 3R: Reducir, reciclar e reutilizar  facendo entre todo o alumnado do centro unhas fermosas bolboretas con materias de refugallo: rollos de cartón, botes de vidro e botellas de plástico.

      

   

MIRADE  QUE  FERMOSAS  QUEDARON! 

 

 PARA  SABER  MÁIS  NON  VOS  OLVIDEDES  DE  PASAR

POLO  PUNTO  DE  INTERESE  DA  BIBLIOTECA!!


EL ICKABOG (ADAPTACIÓN)

    Na materia de valores elaboraron este vídeo no que fan unha pequena adaptación / resumo do libro El Ickabog de J. K. Rowling, un libro benéfico no que o 100 % dos dereitos se doan a unha fundación que axuda a persoas afectadas por covid.

   Nesta historia o poder da esperanza e da amizade fai que xs nenxs protagonistas triunfen cotra todo pronóstico e venzan aos poderosos nobres que se apropian da riqueza da poboación utilizando a figura do Ickabog para infundirlles medo. A ver que vos parece...

 

 

 

jueves, 3 de junio de 2021

PLAN DIRECTOR

   Cada ano Ramón Peña (membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais e o uso e abuso dos videoxogos) leva a cabo unha formación educativa co alumnado de 5º e 6º de Primaria dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A  MELLORA  DA  SEGUIRDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS.

    Nesta ocasión as sesións foron a través de videoconferencia e nela participaron varios centros da provincia abordando temas como roubo de datos persoais, seguridade de contrasinais, xogos en rede, cyberbulling, grooming...


  E recordándolles a importancia de dar a coñecer calquera problema que poida xurdir avisando aos pais/nais, aos mestres/mestras ou chamando aos teléfonos de axuda:

062

900116117